O Box Crosfit Berkana de Santiago de Compostela acollía onte a Copa Galega de Halterofilia que tamén constituía a primeira fase da Liga Galicia 2022. Na proba, a haltera coruñesa Irene Blanco, ademais de gañar, acadou a marca mínima para acudir ao Campionato do Mundo Junior que terá lugar en Grecia o vindeiro mes de maio.
Ver esta publicación en Instagram
A haltera do CH Coruña foi quen de erguer 204 quilos no total olímpico na categoría de peso corpora de 76 kg que é na que ela compite. Irene Blanco levantou 91 kg na modalidade de arrancada e 113 na de dous tempos, sumando así os 204 no total olímpico.
Irene Blanco (CH Coruña) foi a gañadora da competición seguida da súa compañeira de club Giovanna Ulloa e no terceiro lugar a haltera do CH Sulyo Tania Pose.
As clasificacións individuais desta Copa Galega foron as seguintes:
CATEGORÍA FEMININA
- Irene Blanco CH Coruña
- Giovanna Ulloa CH Coruña
- Tania Pose CH Sulyo
Masculinos:
- Martín Liste CH Coruña
- Víctor Castro CH Coruña
- Iván Ramírez CH Pabellón
Clasificación da primera fase da Liga Galicia 2022:
Equipos masculinos:
- CH Coruña
- CH Sulyos
- CH Pabellón
Equipos femininos:
- CH Coruña
- CH Cambre
- CH Pabellón