• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Xornada inicial para os equipos galegos na liga 2021-22 na Primeira Nacional

Nove conxuntos da nosa comunidade xogan este ano nesta categoría: Viajes InterRías FF, Umia FC, Victoria CF, Victoria FC, Dépor ABANCA B, SD Villestro, UD Mos, Sárdoma CF e Peluquería Mixta Friol

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/09/2021
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
Pretempada do Victoria FC que xogará na Primeira Nacional / VICTORIA FC

Pretempada do Victoria FC que xogará na Primeira Nacional / VICTORIA FC

269
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Chegou o día. A Primeira Nacional feminina da o pistoletazo de saída un ano máis. Neste curso 2021-22 o Grupo 1, no que se ubican os conxuntos da nosa autonomía, haberá nove equipos galegos:

  1. Peluquería Mixta Friol
  2. RC Deportivo ABANCA B
  3. Sárdoma CF
  4. SD Villestro
  5. UD Mos
  6. Umia FC
  7. Viajes InterRías FF
  8. Victoria CF
  9. Victoria FC

Xunto a estes clubes estarán tamén os equipos asturianos do Real Sporting de Gijón SAD B, Oviedo Moderno B, Gijón Fútbol Femenino e o CF Versalles A de Avilés. A eles súmase o conxunto leonés do CD Olímpico de León.

Nesta xornada de arranque da competición na Primeira Nacional os partidos repártense entre sábado e domingo do seguinte xeito:

SÁBADO 4/9/21

  • 18:00 Victoria CF vs Sárdoma CF
  • 18:30 Viajes InterRías Fútbol Femenino vs Dépor ABANCA B
  • 19:00 Umia CF vs SD Villestro Femenino

DOMINGO 5/9/21

  • 11:30 Victoria CF vs UD Mos
  • 12:00 Real Sporting de Gijón SAD B vs Versalles A
  • 12:00 CD Olímpico de León vs Oviedo Moderno CF B
  • 17:00 Gijón Fútbol Femenino vs Peluquería Mixta Friol

Deste xeito todos os equipos galegos xogan entre si agás o Peluquería Mixta Friol, que acaba de descender a esta categoría desde a Reto Iberdrola, e que inicia o curso 2021-22 fóra da casda na cancha do Gijón Fútbol Femenino.

Santa Isabel, primeiro escenario co Victoria FC – Sárdoma

O partido no que rodará primeiro o balón xógase en Santa Isabel (sábado 4/9/21 – 18:00h). É o que medirá ao conxunto santiagués do Victoria FC co Sárdoma que adestra David Ferreiro.

O Sárdoma finalizou a tempada pasada como o mellor do grupo pola permanencia, este ano, aínda que non terá a Paula Monteagudo (fichada polo Dépor ABANCA), si contará con outras incorporacións, incluída, por exemplo, a de Sara Álvarez que retorna desde o Dépor. Cambio de cromos.

As santiaguesas, adestradas por Chivi García, coñecen perfectamente a categoría na que levan militando xa cinco campañas. Até o de agora foron un dos equipos que amosaban mellor fútbol neste Grupo 1, pero este ano perden algunhas xogadoras. No Victoria FC seguen a confiar a súa sorte ao traballo coa canteira compostelá. Trátase dunha filosofía de club.

Viajes InterRías FF e Dépor ABANCA B xogan en Villalonga

Se avanzamos cronoloxicamente topámonos no calendario de partido co Viajes InterRías FF vs Dépor ABANCA B (sábado 4/9/21 – 18:30 h  Campo Novo San Pedro de Villalonga).

As de Sanxenxo sempre presentan un equipo competitivo e este ano non vai ser menos. En pretempada vencía ao PM Friol na Reigosa 0-3.

Sobre o filial branquiazul, pouco que apuntar.Son un bloque pensado para surtir de futbolistas ao primeiro equipo coruñés, que este ano militará na Liga Reto, así que intentan contar coas mellores futbolistas galegas ao seu alcance.

Viajes InterRías FF / VIAJES INTERRÍAS FF
Viajes InterRías FF / VIAJES INTERRÍAS FF

Umia e Villestro xogarán na Bouza

Seguinte parada no calendario da Primeira Nacional Grupo 1 é na parroquia de Barrantes, no concello de Ribadumia. Umia CF Feminino A e SD Villestro Femenino enfróntanse no Campo Municipal ‘A Bouza’ a partir das 19:00 horas do sábado 4/9/21.

A SD Villestro, acabada de ascender, é unha incógnita na súa adaptación á categoría. Pero o que parece obvio é que chega a esta nova etapa cheo de ganas, ilusión, con moito que gañar e pouco que perder. Dispostas, polo tanto, a dar a sorpresa ás ordes de Pere Tobaruela.

No banco do Umia CF estará Jorge Quintana Jito, que xa adestrou as vermellas o pasado curso. Neste farao coa meta, en primeiro lugar, de conseguir a permanencia sen atrancos. Logo, xa a competición dirá se as de Ribadumia poden aspirar a máis neste novo curso. Polo que respecta ás incorporacións, hai continuidade no bloque de futbolistas que repiten ás ordes de Jito.

SD Villestro da Primeira Nacional Feminina Grupo 1 / SD VILLESTRO
Formación do SD Villestro da Primeira Nacional Feminina Grupo 1 par ao curso 2021-22 / SD VILLESTRO

As Cebras contra as abellas

A mañá do domingo enfronta ao Victoria CF, coñecidas como as cebras, contra da UD Mos, que por vestir de amarelo chámanlles as abellas. Así que cebras e abellas veranse as facianas este domingo 5 de setembro ás 11:30 horas no campo coruñés da Grela 1.

O Victoria CF o ano pasado rozaba o soño do ascenso á Liga Reto Iberdrola baixo a batuta da ex futbolista Cris Oreiro. Faltoulles moi pouco para acadar unha meta que sería todo un paso para a entidade coruñesa que leva anos traballando á base do futfem na cidade.

A adestradora que foi quen de levar ao bloque ás portas da segunda categoría estatal, Cris Oreiro, é quen segue á fronte do primeiro equipo das coruñesas. Empezan polo tanto este curso coa bitola de ser unha das favoritas a loitar polo ascenso, xunto co descendido PM Friol.

As mosenses, pola súa banda, están adestradas este ano polo técnico Edu González que empeza a tempada lonxe do banco por mor dun asunto de saúde.

UD Mos 2021-21 / UD MOS
UD Mos 2021-21 / UD MOS

Debut do PM Friol fóra da casa

As lucenses do Peluquería Mixta Friol empezan o seu traxecto nesta categoría da  Primeira Nacional, logo de descender da Liga Reto Iberdrola, fóra de Galicia, lonxe da Reigosa. Tócalles visitar ao Gijón Fútbol Femenino ás 17:00 horas do domingo 5/9/21 no Campo La Cruz. O conxunto lucense reforzouse con bastantes fichaxes este ano, polo que busca claramente recuperar a categoría o máis rápido posible.

O Peluquería Mixta Friol durante a pretempada / PM FRIOL
O Peluquería Mixta Friol durante a pretempada / PM FRIOL

Este encontro da Primeira Nacional vai ser transmitido ao vivo na canle de Area21 TV. As asturianas están adestradas por Martín Rodríguez e teñen dúas baixas por lesión.

Mediodía domincal con dous choques

Os outros dous partidos xóganse ás 12:00. Trátase do Real Sporting de Gijón SAD B, que adestra Carlos Herrero, que se enfrontará ao conxunto avilesino do Versalles A. O partido terá lugar na Escuela de Fútbol de Mareo. E o CD Olímpico de León que recibirá no Complejo Olímpico de León ao filial do Oviedo Moderno.

As futbolistas do Real Sporting de Gijón SAD B, sendo como son un filial, teñen como obxectivo medrar e manter o nivel competitivo para surtir de xogadoras ao primeiro equipo. No caso do Versalles A, estamos diante dun equipo que acaba de chegar á categoría polo que, como no caso do Villestro, a súa adaptación é, aínda unha incógnita. No seu banco estará  Pedro Arboleya.

No que atinxe ao outro partido, o CD Olímpico de León está adestrado por Itziar Abascal. Cambia de grupo xa que en anos previos estaba encadrado no Grupo V da Primeira Nacional. O seu rival é un equipo con xogadoras mozas pero que xa se coñecen polo que conforman un bloque sólido.

Consulta aquí a seguinte xornada da Primeira Nacional Grupo 1 da RFEF e clasificación

Consulta aquí todo o calendario da Primeira Nacional Grupo 1

Etiquetas Dépor ABANCA BfútbolPeluquería Mixta FriolSárdoma CFSD VillestroUD MosUmia FCViajes InterRías FFVictoria CFVictoria FC
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.