• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Inés Rey: “Dámoslle voz ás diferentes dimensións do deporte coruñés coa creación do Consello Municipal do Deporte”

O Estadio Municipal de Riazor da Coruña acolleu o pleno constitutivo do Consello Municipal do Deporte, ao que asistiron 120 persoas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/04/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Inés Rey presidiu a constitución do Consello Municipal do Deporte en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Constitución do Consello Municipal do Deporte en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

189
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declarou constituído formalmente o primeiro Consello Municipal do Deporte da historia cidade ao que asistiron 120 persoas representantes de 93 entidades deportivas, 12 institucións e 7 entidades sociais, “que desde hoxe intervirán na práctica deportiva da Coruña”

A rexedora herculina, Inés Rey, referiuse ao novo Consello Municipal do Deporte da Cidade da Coruña como un “espazo de reflexión e decisión sobre a organización da estrutura deportiva coruñesa en que lles daremos voz ás diferentes dimensións do deporte, desde o ámbito máis local e de base, ao de elite e de maior proxección internacional” xa que, apuntou, “para mellorar, dinamizar e potenciar o deporte da cidade é necesaria a participación de todos os axentes deportivos”.

📣Por primeira vez na historia da cidade A Coruña conta hoxe cun Consello Municipal do Deporte.
🗣 Un espazo de participación en que se lles dará voz ás diferentes dimensións do deporte coruñés, “desde o ámbito máis local e de base ao de elite e de maior proxección internacional” pic.twitter.com/AOb7WdIu3r

— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) April 6, 2021

O estadio de Riazor da Coruña, nomeadamente a súa grada de Tribuna Inferior, acolleu o pleno constitutivo do Consello Municipal do Deporte. Estaba previsto que o acto se celebrase no Pazo dos Deportes de Riazor, pero finalmente para aumentar as medidas de prevención diante da pandemia de COVID-19, optouse pola posta en escea no recinto anexo, máis grande e ao aire libre.

Constitución do Consello Municipal do Deporte en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Pablo Castedo, Mónica Martínez, Inés Rey e Fernando Blanco na constitución do Consello Municipal do Deporte / CONCELLO DA CORUÑA

Ao pleno constitutivo asistiron 120 persoas e estivo presidido pola alcaldesa da Coruña, que preside deste novo ente, así como a concelleira de Deportes e vicepresidenta primeira do consello, Mónica Martínez; o vicepresidente segundo, Fernando Blanco; e o secretario do consello, Pablo Castedo.

Representación de entidades e institucións deportivas e sociais, Xunta, Deputación, UDC, COLEF, etc

Á sesión constitutiva tamén asistiron persoas representantes de 93 entidades deportivas, 12 organismos e institucións e 7 entidades sociais, “que intervirán desde hoxe na práctica deportiva da cidade do futuro e, por tanto, na Coruña que queremos e na que cremos”, sinalou a alcaldesa.

O CMD será un espazo de decisión e de reflexión. Sabedes que é vontade deste Goberno Local velar polo deporte nas as súas múltiples manifestacións.
O Deporte corrixe desequilibrios sociais, impulsa a cultura do esforzo e a cohesión social. Son valores que van máis aló das canchas pic.twitter.com/Zykf4WbrQg

— Inés Rey García (@inesreygarcia) April 6, 2021

Ademais de todos os clubs, asociacións e federacións deportivas da cidade tamén están representadas neste consello institucións e organismos como a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Autoridade Portuaria, Demarcación de Costas, Universidade da Coruña, Fundación Emalcsa, Federación provincial de ANPAS e o Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física de Galicia (COLEF).

Constitución do Consello Municipal do Deporte en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Constitución do Consello Municipal do Deporte en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

O Consello Municipal do Deporte, que a alcaldesa propuxo ao chegar a María Pita, será “unha ferramenta útil para captar as necesidades e demandas específicas deste ámbito co fin de podermos reflexionar conxuntamente sobre as mellores propostas para atendermos as devanditas necesidades”, indicou a alcaldesa.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña: “O Consello Municipal do Deporte será unha ferramenta útil para captar as necesidades e demandas específicas deste ámbito co fin de podermos reflexionar conxuntamente sobre as mellores propostas para atendermos as devanditas necesidades”

Investimentos en infraestruturas deportivas na Coruña

A rexedora lembrou o compromiso do Goberno local co deporte e destacou os investimentos en infraestruturas deportivas levados a cabo no pasado exercicio  cunha execución de máis de 5 millóns de euros.

Destacou o complexo deportivo do Castrillón, a reforma da cuberta da piscina de Riazor, a reparación da piscina de Santo Amaro, a construción do campo de Eirís ou a reforma dos campos de fútbol da Cidade Deportiva A Torre Arsenio Iglesias. Tamén a reforma dos vestiarios no polideportivo de Labañou,  a marquesiña dos campos de fútbol de Visma, a ampliación do rocódromo do Frontón de Riazor ou a climatización da sala de esgrima da Casa da Auga.

Constitución do Consello Municipal do Deporte en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Inés Rey, presidenta do CMD, e Mónica Martínez, vicepresidenta do ente / CONCELLO DA CORUÑA

“Este consello que inicia a súa andaina é parte do noso compromiso co deporte. Compromiso que adquirín ao dedicar unha concellería en exclusiva ao deporte desta cidade”. Un compromiso que está a plasmar con feitos como a concesión de 65 bolsas a deportistas por un importe total  duns 122.000 euros ou as  subvencións  ás entidades que fomentan a realización de actividades físicas e deportivas con 280.000 euros -un 233,33% máis que no exercicio anterior.

Mónica Martínez, concelleira de Deportes da Coruña: “se logramos excluír os individualismos e apostar por todo aquelo que nos é común, conseguiremos os resultados que nos propoñemos”

“Ao mesmo tempo, desbloqueouse o uso de instalacións deportivas municipais, que non se renovaba desde 2016 e puxéronse a disposición das entidades deportivas coruñesas 52 instalacións de dominio municipal, con máis de 600 franxas horarias semanais. En canto aos convenios deportivos, o Concello investiu un millón de euros pese á perda de ingresos xerada pola COVID-19”.

Inés Rey lembrou que “A Coruña xa era un referente en España polas súas instalacións deportivas, por ser pioneira na posta en marcha das escolas deportivas e pola súa aposta pola cultura do deporte” e hoxe, sinalou, “con este Consello Municipal do Deporte que teño a honra de presidir, damos un paso máis, o de implicar directamente o sector do deporte na toma de decisións sobre políticas deportivas”.

Constitución do Consello Municipal do Deporte en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Na mesa da constitución do CMD: Fernando Blanco, Inés Rey Mónica Martínez e Pablo Castedo / CONCELLO DA CORUÑA

A vicepresidenta do hoxe constituído Consello Municipal do Deporte do Concello da Coruña, Mónica Martínez, amosou a súa convicción de que “se logramos excluír os individualismos e apostar por todo aquelo que nos é común, conseguiremos os resultados que nos propoñemos”.

A Concelleira de Deportes dixera previamente a este acto que, que xustamente se celebrou o 6 de abril, Día Internacional do Deporte, que este Consello Municipal do Deporte será “o que o deporte coruñés queira que sexa”.

‼️ Xa temos constituido o Consello Municipal do Deporte 👏👏 no Día Internacional do mesmo
A alcaldesa, @inesreygarcia lembra o compromiso do Goberno local co deporte pic.twitter.com/5e66LqKoCa

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) April 6, 2021

Etiquetas A CoruñaConsello Municipal de DeporteInés ReyMónica MartínezRiazor
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O espazo biosaudable do parque Adolfo Suárez, nunha imaxe de arquivo / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña adxudica as obras do espazo lúdico-deportivo do parque Adolfo Suárez

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

O Concello da Coruña avanza co plan de reforzo dos equipamentos públicos no parque Adolfo Suárez, onde está previsto habilitar...

Imaxe de arquivo do programa Coruña en Forma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello converte a cidade nun ximnasio ao aire libre cunha nova edición de “Coruña en forma”

por Redacción As Nosas
27/06/2026
0

A Coruña volverá facer do deporte un dos grandes protagonistas do verán cunha nova edición de Coruña en forma, o programa...

Gala da AFAC en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Un milleiro de futbolistas de base celebran o remate da tempada 2025/2026 na Gala da AFAC

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Palacio Municipal dos Deportes de Riazor acolleu esta tarde a gala de entrega de trofeos das competicións de fútbol-8...

Cea do Deporte da Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Cea do Deporte da Coruña recoñece a 15 deportistas e entidades polos seus éxitos e traxectoria

por Redacción As Nosas
29/05/2026
0

ExpoCoruña acolleu esta noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña. Esta tradicional celebración foi recuperada no...

O Concello da Coruña abre a 1.ª pista multideporte da Urbanización Breogán / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña abre a 1.ª pista multideporte da Urbanización Breogán

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

O Concello da Coruña avanza coa folla de ruta do Plan de Barrios 2025-27, que suma tres novas actuacións executadas...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.