• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

O futuro está nas súas botas

O primeiro Torneo Féminas F8 en Vilagarcía conta como madriña de luxo a Mari Paz Vilas | Valencia, Rayo Vallecano, Levante, primeiros equipos de elite confirmados

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
25/02/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Partido de fútbol do RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

167
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Que bonito é ver nacer proxectos desde cero. Que bonito é que, ademais, estas iniciativas estean amadriñadas por auténticos referentes. É o caso do I Torneo Féminas Fútbol 8 de Vilagarcía. Unha iniciativa que, polo que lles consta aos seus responsables, o C.D. Bamio e o Concello de Vilagarcía baixo a dirección de Tino Buján, sería a primeira deste nivel en Galicia, e a segunda do noroeste español.

Un carácter pioneiro que contará coa mellor xogadora arousá, Mari Paz Vilas, como madriña de excepción na súa primeira edición. Unha das futbolistas top galegas da historia que virá co seu actual equipo da man, o Valencia C.F. Clae Viajes levará o peso patrocinador do evento. Esta axencia de viaxes será o primer patrocinador e organizador do evento.

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Ademáis do conxunto che, o torneo contará coa presenza confirmada do Rayo Vallecano e do Levante. Tres conxuntos da elite do fútbol que estarán sobre o verde do Manuel Jiménez e do estadio de Fontecarmoa entre o 26 e o 28 de xuño. O primeiro conxunto en confirmar a súa presenza foi o Valencia, un anuncio que chegou só un día despois de que Mari Paz Vilas igualase ao mítico Mario Kempes e superase ao guaje Villa como futbolista con máis goles en partidos oficiais na historia do club do Turia, marcando o seu tanto número 130 coa camisola valencianista. 

Valencia, Rayo e Levante son os equipos de primeiro nivel desvelados ata a fecha pola organización, pero aseguran que pode haber máis sorpresas. Quen tamén estará no torneo será o Umia e o Atlético Arousana.

Ademais, a intención dos responsables do evento é reunir un combinado de xogadoras de equipos mixtos da comarca, toda vez que o seu organizador, o Bamio, carece dun conxunto alevín propio. 

O CD Bamio e Mari Paz como inspiración

O Bamio é probablemente o club máis peculiar de todo o Concello de Vilagarcía. Fundado en 1994 na pequena localidade de Bamio, este modesto club, cunha estrutura practicamente familiar, pasa por ser a única entidade da comarca que non ten, na súa base, unha filosofía deportiva de carácter competitivo. O seu obxectivo é claro, única e exclusivamente formar e gozar do fútbol.

Formar deportistas pero tamén formar persoas e educalas na igualdade. Con esta intención xorde no seo do club o equipo senior feminino fai un par de tempadas. Ademais, o club abre as portas en todos os seus equipos de base a todas as nenas que queiran xogar ao fútbol coa intención de, aos poucos, xerar tamén unha estrutura de canteira de mulleres.

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Todo isto non sucede por casualidade. A influencia de Mari Paz Vilas tivo moito que ver nesta evolución do CD Bamio cara ao fútbol feminino nestes últimos anos. Nada en Bamio e con estreitos lazos de amizade desde a súa infancia coa xente que dirixía o club, Mapi milita desde o 2013 no Valencia CF tras pasar por Levante CF, FC Barcelona e RCD Español e ser internacional ata en 11 ocasións.

Pasa por ser na actualidade unha das xogadoras de referencia da máxima categoría do fútbol feminino a nivel nacional. Mari Paz é a madriña do club e segue fortemente vinculada á localidade que a viu nacer e dar as súas primeiras patadas a un balón cando o fútbol feminino non gozaba, por desgracia, da mesma visibilidade.

https://asnosas.gal/wp-content/uploads/2020/01/I-Torneo-Féminas-F8.mp4

Como xurdiu esta idea?

A idea vén de hai uns anos atrás, pero é no 2019 cando a organización decidiu a creación dun torneo completamente feminino. Unha gran maneira de empoderar e visibilizar o fútbol feminino que contará co apoio de institucións como a Real Federación Galega de Fútbol, a Deputación de Pontevedra e as Concellerías de Deportes e de Igualdade do Concello de Vilagarcía.

Por que feminino?

Iniciativas coma esta, que axudan a que o camiño cara á igualdade sexa máis doado, a intención é necesaria. É precisamente o que fai a organizacion deste torneo, loitar por unha igualdade de competicións e eventos que hoxe en día non existen a un nivel igualitario. Desde a dirección non entenden esta iniciativa como unha discriminación cara aos homes, senón como unha oportunidade de medrar. Sobre todo vendo os últimos pasos nas respectivas Federacións, onde están a crearse as ligas femininas. Cada vez máis concretas en idades co fin de chegar a conseguir unha total igualdade de categorías, competicións e, neste caso, torneos respecto aos que optan os homes.

É unha necesidade dar visibilidade a torneos femininos para así poder, aos poucos, igualar aos diferentes equipos e categorías dentro dos clubs de fútbol deste país.

I Torneo féminas fútbol 8
Ana Ortiz (Secretaria territorial da delegación de Pontevedra, Xunta de Galicia), Tino Buján (director do torneo), Miro Seren (Concelleiro de Deportes e presidente da fundación de deportes do Concello de Vilagarcía), Gorka Gómez (deputado provincial e representante da deputacion de Pontevedra) e Jose Manuel Fernández (Vicepresidente da federación Galega de fútbol)

I Torneo Internacional

O torneo nace coa idea de colocarse á cabeza deste tipo de competicións dentro da Península Ibérica. Tras cumprirse esta tempada o 25 aniversario da entidade, o CD Bamio afronta o proxecto máis ambicioso na súa xa dilatada existencia. O proxecto conta con todos os factores necesarios para que todo saia ben. Unhas instalacións adecuadas, un persoal colaborador necesario con experiencia acumulada doutros torneos de éxito e unhas ganas infinitas de crear un evento deportivo distinto que deixe pegada en todos aqueles que participen no mesmo.

Trátase de que as nenas teñan a oportunidade de vivir o fútbol en toda a súa dimensión. Compartir vestiario, compartir campos e disputar partidos con outras nenas da súa mesma idade. O FF8 Vilagarcía irrompe no mundo dos torneos de fútbol coa intención de deixar pegada e ser exemplo.

 

1 de 4
- +
I Torneo féminas fútbol 8
I Torneo féminas fútbol 8
I Torneo féminas fútbol 8
I Torneo féminas fútbol 8

Un campionato no que se meterán goles contra o cancro

O I Torneo de fútbol 8 de Vilagarcía aspira a ser un referente a nivel internacional pero tamén contará cunha parte solidaria. Os seus promotores farán unha campaña de captación de fondos para a Asociación Pablo Ugarte, que traballa no apoio de estudos contra o cancro infantil, a través da venda de pulseiras solidarias a modo de entrada durante o campionato. Esta Asociación é a que máis cartos aporta en España e a que máis proxectos financia para a investigación do cancro infantil.

A organización do Torneo habilitará a posible compra de pulseiras por 1 euro a modo de entrada para os adultos que asistan ao torneo. Os cartos recaudados serán destinados á Asociación. Non queda ahí a parte solidaria xa que a cita deportiva tamén contará coa iniciativa “EUROS X GOLES EUROS XTODAS”, e basicamente trátase diso, que empresas patrocinadoras ou colaboradoras destinen unha cantidade de euros por cada un dos goles que se encaixen na fase final do torneo. Cada empresa pode patrocinar un partido, unha fase ou ben todos os goles do torneo.

Balón de fútbol / SABELA MOSCOSO
Balón de fútbol / SABELA MOSCOSO

“Queremos seguir celebrando este torneo co paso dos anos, e destinar cada un dos campionatos a unha acción social” explicou o organizador do evento, Tino Buján, que destacou a importancia de que estes torneos tamén conten cunha perspectiva social.

Tino Buján, director do torneo: “Queremos seguir celebrando este torneo co paso dos anos, e destinar cada un dos campionatos a unha acción social”.

Mariano Ugarte, o presidente da Asociación, amosouse contento con esta colaboración e explicou que desde a entidade xa se colaborara con outras accións deportivas coa última finalidade de recaudar fondos para a investigación contra o cancro infantil. “O deporte é o que máis move á xente”, destacou Ugarte, mentres explicaba que este evento se suma a outros torneos de fútbol, carreiras e outro tipo de accións deportivas que permitiron aos seus participantes gozar dunhas xornadas divertidas e colaborar coa investigación da enfermidade.

Mariano Ugarte, presidente Asociación Pablo Ugarte: “O deporte é o que máis move á xente”.

Datas e participación

O torneo está dedicado a nenas de categoría alevín, nadas en 2008 e 2009 ainda que como excepción permitirase en cada equipo a participación dun máximo de 4 xogadoras de categoría infantil de primeiro ano, nadas en 2007.Logo I Torneo féminas fútbol 8

O pistoletazo de saída terá lugar o venres 26 de xuño e acabará o domingo 28. Unha fin de semana chea de fútbol, onde se poderá ver e gozar do talento das xogadoras que alí se dean cita. A competición en fase de grupos empezará sobre as 18:00 h. da tarde ata as 22:00 h. aprox do venres 26.

Sábado 27: Esta segunda xornada de fase de grupos desenvolverase desde as 9:30 h. e ata as 22:00 h. aprox. A media mañá aprox. celebrarase o desfile‐presentación de todos os equipos e xogadores no terreo de xogo.

Domingo 28: De novo, a competición empezará ás 9:00 h. da mañá. Desenvolverase a partir desa hora tanto a Fase polo título como a fase de Consolación. A final xogarase ao redor das 18:00 h

Como será a competición?

Todas as participantes quedarán encadradas en grupos de 6 equipos, polo tanto todas xogarán un mínimo de cinco partidos en fase de grupos. Unha vez terminada a Fase de Grupos a competición partirase en dous:

–Fase polo Título: Empezará a partir de 1/8 de final. Xogarase xa co sistema de eliminatoria directa. O equipo que perda quedará apeado da competición e o gañador irá avanzando ata chegar á final.
-Fase de Consolación: Empeza a partir de 1/4 de final e tamén se xogará polo método de enfrontamento directo entre os equipos clasificados.

Todos os equipos serán aloxados pola organización a través da súa axencia oficial Clae Viajes. A forma de participar no torneo é única e exclusivamente por medio de invitación directa da organización. Cada equipo poderá inscribir un máximo de 15 xogadoras e as entradas á competición terán o precio de 10€ por día e un bono para os 2/3 días de 15€. As nenas e nenos menores de 12 anos poderán entrar e gozar do fútbol de balde.balón torneo FF8 Vilagarcía

Todo luxo de detalles

Nada se deixará ao azar e o torneo contará cun total de 100 balóns personalizados. 30 deles serán para o torneo e os que se usen durante o mesmo serán regalados ao CD Bamio. Os 70 restantes poñeranse á venda (nun prezo aproximado de entre 3 e 5 euros) e todo o recadado na venda deses balóns será para a Asociación Pablo Ugarte. Asociación coa que a organización colaborará na venda de pulseiras.

Todo luxo de detalles para que o torneo brille con luz propia e as protagonistas poidan gozar de un finde de ensoño.

Premio á mellor afección

O torneo busca ser a festa máis importante do fútbol base feminino de toda a península. Diversión e deportividade, ese debe ser o lema de todas as afeccións. A inchada destacada neste sentido terá o seu recoñecemento na cerimonia de entrega de medallas.

Un detalle para que o fútbol sirva dun dos grandes propósitos que ten, unir lazos baixo un deporte e gozar de grandes momentos. Fútbol e afección deben camiñar da man para que as protagonistas sexan elas, porque o futuro está nas súas botas.

Bancada na Reigosa / LAURA G.
Bancada na Reigosa / LAURA G.

 

 

Etiquetas fútbolFútbol 8Mari Paz Vilasvilagarcía
Comparte10Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) organizou este sábado 9 de maio, en Vigo, a segunda xornada...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

Vilagarcía albergou a 2.ª xornada da Nosa Champions Fútbol

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

  O campo de fútbol municipal de Berdón, o fogar do Vilagarcía SD, vestiu as súas mellores galas este sábado...

Ascenso do Victoria CF á 2.ª Federación feminina / RFGF - FUTGAL

O Victoria CF da Coruña acada un histórico ascenso á 2ª Federación Feminina

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

O Victoria CF da Coruña acadou o ascenso a 2ª Federación logo de superar ao Zaragoza nunha gran eliminatoria. Con...

Marisa García e Mella protagonizan un encontro con seareiros da man de FEIRACO en Xuxán / CLUN

Feiraco fai que os afeccionados e futbolistas do RC Deportivo se encontren no Eroski de Xuxán na Coruña

por Redacción As Nosas
07/05/2026
0

  David Mella e Marisa García, xogadores do RC Depotivo e do Dépor Abanca, protagonizaron un encontro con afeccionados do...

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
A Selección Galega Sub-12, subcampioa no CESA de futsalfem / RFGF

Coñece as convocatorias da Selección Galega feminina e masculina para o CESA Sub-12 de fútbol sala

12/05/2026
Recepción en María Pita ao Marineda Hockey logo de acadar ao ascenso á Ok Liga / CONCELLO DA CORUÑA

O Marineda Hockey asina unha tempada histórica que culmina con ascenso á OK Liga

12/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.