• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

As árbitras galegas, presentes en todas as xornadas da Liga Iberdrola

Catro colexiadas da nosa comunidade arbitran partidos de fútbol feminino na máxima categoría: Zulema González, Beatriz Cuesta, Elena Casal e Eugenia Gil | En todas as xornadas, houbo unha galega pitando | As árbitras asistentes Iria Rosendo, Lorena Novás e Tania Fente Peña completan a representación galaica

Silvia Carregal por Silvia Carregal
03/01/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Galicia ten no curso 2020-21 a 4 colexiadas e 3 liñas pitando na Liga Iberdrola, son Elena Casal, Beatriz Cuesta, Eugenia Gil, Zulema González (árbitras), Iria Rosendo, Lorena Novás e Tania Fente (asistentes) / COLEXIO GALEGO DE ÁRBITROS

Galicia ten no curso 2020-21 a 4 colexiadas e 3 liñas pitando na Liga Iberdrola, son Elena Casal, Beatriz Cuesta, Eugenia Gil, Zulema González (árbitras), Iria Rosendo, Lorena Novás e Tania Fente (asistentes) / COLEXIO GALEGO DE ÁRBITROS

717
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Catro son as árbitras galegas que nesta Liga Iberdrola 2020-2021 dirixen partidos como colexiadas principais. Falamos de Zulema González, Beatriz Cuesta, Elena Casal e Eugenia Gil. A elas súmanselles como xuíces de liña Iria Rosendo, Lorena Novás e Tania Fente Peña que tamén pertencen ao Colexio Galego de Árbitros de fútbol. Son xa 13 as xornadas de competición que se levan disputadas e, ate o de agora, en todas arbitrou, a lo menos, unha galega. Este é o ano de maior representación galega neste eido na élite estatal. Buscan pasar desapercibidas, pero o certo é que elas, tamén son deportistas galegas de Primeira.

Botamos unha ollada aos seus números neste curso 2020 – 2021 e atopamos que as árbitras galegas con maior número de participacións até o de agora son Elena Casal e Mª Eugenia Gil Soriano. Ambas as dúas teñen dirixido, como colexiado principal, un total de seis partidos. A súa media apunta a que arbitran partidos na Liga Iberdrola en xornadas alternas.

Arbitras superan as probas físicas do inicio da campaña - RFGF
Arbitras superan as probas físicas do inicio da campaña – RFGF

Non é esta colección de datos un exame ao seu traballo. Non é a nosa intención. Son simplemente apuntes estatísticos que dan conta do seu papel neste deporte. Son apuntamentos e cifras que rescatamos das actas dos partidos que dirixiron as árbitras galegas até agora neste curso 2020-21.

Para xulgalas a elas e o seu nivel están as/os informadoras/informadores que documentan e analizan as súas decisións sobre o tepe. Son persoas que estiveron no seu lugar e que coñecen o reglamento punto por punto, e o complicado que é decidir en décimas de segundo (e sen VAR) sobre un lance do xogo.

Eugenia Gil Soriano, atleta, velocista / SG PONTEVEDRA
Eugenia Gil Soriano, atleta, velocista / SG PONTEVEDRA

E mellor non falemosdas nada doadas probas físicas que deben superan árbitras/os cada inicio de tempada coa supervisión do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF).

Campioa de atletismo

Neste capítulo, se alguén ten dúbidas da preparación física das colexiadas, que consulte, por exemplo, as marcas da galega Eugenia Gil Soriano como velocista. A colexiada defenden sobre a pista as cores da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, coa que compite como corredora. Actualmente

Nada en Mérida, pero criada na Coruña, Eugenia compite habitualmente en probas atléticas de velocidade de ámbito rexional e estatal. Nesta tempada centrouse, principalmente nos 100ml, 200ml, 400ml e nas probas de relevos 4x100ml. e 4x400ml.

Na tempada 2020 foi campioa na proba 400m FEM. PC no XXXV Campionato de Galicia Absoluto en Pista cuberta e na XVI Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta na proba. E venceu co equipo de relevos da SG Pontevedra na XVI Copa de Galicia de clubs en Pista Cuberta. Todas estas probas celebráronse en Ourense. No Campionato de Galicia de Atletismo ao aire libre foi subcampioa na distancia de 400m vallados.

Hai dous anos, conseguiu unha bolsa nunha universidade en Estados Unidos polo seu nivel como promesa do atletismo. Alí estivo, na Robert Morris University (Pittsburgh) un curso académico até que decidiu volver.

A súa progresión e peso actual dentro do atletismo galego é tal que Eugenia Gil ostenta, xunto con Pedro Juncal, a representación dos atletas da nosa comunidade na Asemblea Xeral da RFEA nesta lexislatura.

Pero centrémonos na arbitraxe e, como deciamos, nos datos que temos até o momento da achega das colexiadas galegas nesta Liga Iberdrola como unha foto fixa antes do arranque da competición neste novo ano 2021.

Arbitras superan as probas físicas do inicio da campaña – RFGF

Xornada inaugural, e quenda para Elena Casal, Iria Rosendo e Lorena Novás

A primeira galega en pitar nesta atípica tempada 2020 – 2021 na Liga Iberdrola, foi precisamente Elena Casal. O partido, correspondente á primeira xornada entre o RCD Espanyol e o At. Madrid Féminas,  rematou cun 0-2 a favor das madrileñas e a colexiada non amosou cartóns. É máis, este foi o único de todos os partidos pitados por galegas no que non se viron tarxetas. De feito, Elena Casal é a que menos cartóns ten amosado (10 amarelos), sendo as accións que máis penalizou derrubos e cambadelas.

Imaxe de arquivo na que aparecen, entre outras, as colexiadas galegas Elena Casal Fernández, Beatriz Cuesta Arribas e Eugenia Gil Soriano / FUTGAL
Imaxe de arquivo na que aparecen, entre outras, as colexiadas galegas Elena Casal Fernández, Beatriz Cuesta Arribas e Eugenia Gil Soriano / FUTGAL

Nese partido o trío arbritral foi íntegramente galego, xa que as auxiliares de liña Iria Rosendo e Lorena Novás asistiron a Elena Casal nas bandas como xuíces.

Na terceira xornada xa entraron en liza todas as árbitras galegas

A mediados de outubro de 2020 disputouse a terceira xornada da Liga Iberdrona, na que xa dirixiron partidos Zulema González, Beatriz Cuesta e Eugenia Gil Soriano. Esta última figura como colexiada nun partido da segunda xornada entre o Rayo Vallecano e o Sporting Huelva (1-0) pero o cruce aprazárase e disputouse o 16/12/20. Así que, o concurso de todas as galegas neste tempada acadouse na terceira xornada.

Cuarteto arbitral / WYKASZKOWKI
Cuarteto arbitral da pasada tempada con Eugenia Gil con cuarta árbitra en Riazor / WYKASZKOWKI

Eugenia Gil Soriano, leva amosados un total de 19 cartóns amarelos (a meirande parte de les por suxeitar a unha adversaria para evitar o seu avance). A coruñesa é a colexiada galega que máis amonestacións anotou en acta. Pero a súa media, 3,16 amarelas por partido, non é a máis alta. Supérana neste apartado tanto Zulema González, cun total de 16 cartóns e unha media de 4 por partido, como Beatriz Cuesta, con 17 amarelas e unha media de 4,25 amonestacións.

No caso de Beatriz Cuesta o motivo que máis a levou a sancionar a futbolistas foi o feito de ter derrubado a unha adversaria, exactamente o mesmo que Zulema González que, por sinalar outro dato, nos catro partidos que dirixiu, non chegou a sancionar ningunha protesta.

Árbitra xuíz de liña
Árbitra xuíz de liña

As xuíces de liña Iria Rosendo e Lorena Novás auxiliaron nas bandas as colexiadas galegas en diferentes ocasións. Elena Casal formou equipo con elas en 4 dos seis partidos que dirixiu. So en dous deles, a tamén galega Tania Fente Peña, ocupou o sitio de Lorena Novás. 

Até o de agora, as únicas árbitras galegas que tiveron que expulsar a unha futbolista da Liga Iberdrola 2020-21 do campo foron as colexiadas: Elena Casal (por dobre cartón amarelo) e Zulema González (por unha man voluntaria fóra da área).

Zulema e Eugenia, en partidos internacional da Eurocopa de Inglaterra 2022

Outro dos logros deste ano das árbitras galegas foi a designación de Zulema González como cuarta colexiada para un cruce internacional.

En concreto a colexiada galega participou no partido de clasificatorio para a Eurocopa 2022 entre Malta e Dinamarca celebrado o 22 de setembro de 2020. A colexiada principal foi Mª Dolores Martínez Madrona e as súas asistentes nas bandas:  Silvia Fernández Pérez e Rita Cabañero Mompó.

Zulema González, 4ª árbitra - RFEF
Zulema González, 4ª árbitra – RFEF

Pola súa parte, Eugenia Gil Soriano tamén foi designada como cuarta colexiada no partido entre Gales e Noruega celebrado no Cardiff City Stadium o 27/10/2020. A colexiada principal foi Marta Frías, as árbitros asistentes: Guadalupe Porras e Andrada Aloman

ESTOS FORON OS PARTIDOS DAS COLEXIADAS GALEGAS

ELENA CASAL FERNÁNDEZ

Xornada 1 – 03/10/20

RCD Espanyol – At. Madrid Féminas  0-2

Elena Casal / Mª Iria Rosendo González / Lorena Novas Benavides.

Sen tarxetas.

 

Xornada 4  – 01/11/20

Rayo Vallecano – UD Granadilla Tenerife EGATESA  2-3

Elena Casal / Mª Iria Rosendo González / Lorena Novas Benavides.

Amosou 1 cartón amarelo ao Rayo Vallecano.

Motivo: 1 Cambadela ao rival.

 

Xornada 7  – 11/11/20

Real Betis Féminas – VCF Femenino  2-1

Elena Casal / Mª Iria Rosendo González / Lorena Novas Benavides.

Amosou 1 cartón amarelo ao VCD Femenino por derrubar a unha rival na disputa do balón.

 

Xornada 9  –  22/11/20

Santa Teresa CD – Levante UD   0-2

Elena Casal / Tania Fente Peña / Mª Iria Rosendo González.

Amosou 3 cartóns amarelos ao Santa Teresa CD. Un deles foi dobre Cartón e supuxo o vermello e a expulsión de Raquel Ayuso do Santa Teresa CD.

Motivos: Os 3 cartóns foron por derrubar a unha rival na disputa do balón.

 

Xornada 11  –  13/12/20

Real Betis Féminas – Levante UD   0-2

Elena Casal / Mª Iria Rosendo González / Lorena Novas Benavides.

Amosou 2 cartóns amarelos ao Real Betis Féminas 2 cartóns ao Levante UD.

Motivos: 2 Suxetar a unha adversaria. |  2 Cambadela a unha contraria na disputa do balón.

 

Xornada 13  –  22/12/20

Sevilla FC – UD Granadilla Tenerife Egatesa   2-1

Elena Casal / Tania Fente Peña / Mª Iria Rosendo González.

Amosou 3 cartóns amarelos a futbolistas da UD Granadilla.

Motivos: 1 Protestar | 2 Derrubar a unha rival.

 

Mª EUGENIA GIL SORIANO 

Xornada 2 – 16/12/20 (aprazado)

Rayo Vallecano Sporting Huelva  1-0

Mª Eugenia Gil Soriano / Tania Fente Peña / Elena Martínez Moreno.

Mostrou 3 cartóns amarelos 2 ao Rayo Vallecano e 1 ao Sp. Huelva.

Motivos:  1 Cambadela | 1 Protestar | 1 Derrubar rival.

 

Xornada 3  – 18/10/20

Sporting Huelva – FC Barcelona   0-6
Mª Eugenia Gil Soriano / Andrada Aloman / María del Pilar Delgado Guisado.

Amosou 2 cartóns amarelos ao Huelva.

Motivos:  1 Man | 1 Suxeitar rival.

 

Xornada 5 – 5/11/20

Athletic Club – Madrid CFF   2-0

Mª Eugenia Gil Soriano / Tania Fente Pena / Andrea Peña Peña.

Amosou 4 tarxetas ao Athletic Club e 2 ao Madrid CFF.

Motivos:  3 Cambadela a unha rival | 1 Pisar a unha rival | 1 Suxeitar a unha adversaria | 1 Golpear na man a unha contraria na disputa do balón.

 

Xornada 8 – 15/11/20

UD Granadilla Tenerife Egatesa – EDF Logroño  2-0

Mª Eugenia Gil Soriano / Silvia Fernández Pérez / Nahia Alonso Fernández.

Amosou 1 tarxetas ao Granadilla e 4 ao Logroño.

Motivos:  2 Protestar | 1 Cambadela a rival | 1 Pisar rival |  1 Suxeitar rival.

 

Xornada 11 – 13/12/20

RCD Espanyol – Real Madrid   1-8

Mª Eugenia Gil Soriano / Tania Fente Peña / Belinda Castilla Mesa.

Amosou 2 tarxetas ao Espanyol.

Motivos: 1 Man | 1 Suxetar a unha rival | 1 Derrubar rival na disputa do balón.

 

Xornada 11 – 22/12/20

At. Madrid Femenino – Real Sociedad  3-2

Mª Eugenia Gil Soriano / Mariona Peralta Geis / Marta Villanueva Benavente

Amosou 1 tarxeta ao At. Madrid Féminas por protestar

 

BEATRIZ CUESTA 

Xornada 3 – 18/10/20 

UD. Granadilla Tenerife Egatesa VCF Femenino  2-1

Beatriz Cuesta Arribas / Naomi Bellido Alcolea / Maribel Serrano García.

1 Valencia 1 UD Granadilla Tenerife.

Motivos: 1 Suxetar rival | 1 Xogar o balón co brazo.

 

Xornada 6 – 18/11/20

Rayo Vallecano – Real Betis Féminas  1-0

Beatriz Cuesta Arribas / Tania Fente Peña / Elena Martínez Moreno.

Amosou 3 cartóns amarelos ao Rayo e 2 ao Betis.

Motivos: 2 Derrubar a un rival na disputa dun balón | 1 Protestar | 1 Lanzar unha botella de auga en señal de protesta | 1 Entrada en Plancha.

 

Xornada 10 –  5/12/20

Levante UD – Rayo Vallecano  5-1

Beatriz Cuesta Arribas / Lorena Novas Benavides / María Iria Rosendo González.

Amosou 3 cartóns amarelos a cada equipo.

Motivos: 2 Entrada en Plancha | 4 Derrubar a un rival na disputa dun balón.

 

Xornada 12 – 19/12/20

UD Granadilla Tenerife Egatesa – Sporting Huelva  1-1

Beatriz Cuesta Arribas / Noelia Muñoz Ródenas / Verónica García García.

Amosou 3 cartóns a UD Granadilla e 1 cartulina amarela ao Huelva.

Motivos: 1 Derrubar adversaria | 1 Sujetar adversaria | 1 Patada adversaria | 1 Protestar.

 

ZULEMA GONZÁLEZ GONZÁLEZ 

Xornada 3 – 18/10/20 

Real Madrid Femenino – Rayo Vallecano  3-1

Zulema González González / María Iria Rosendo González / Lorena Novas Benavides

Amosou 2 cartóns ao Real Madrid e 1 ao Rayo Vallecano.

Motivos: 2 Derrubar rival | 1 Empurrar contraria

 

Xornada 8 – 15/11/20

RCD Español – Sevilla FC  0-3

Zulema González González / María Iria Rosendo González / Lorena Novas Benavides.

Amosou 2 cartóns ao Espanyol e 1 ao Sevilla.

Motivos: 1 Pisar rival |  2 Derrubar rival.

 

Xornada 11 -13/12/20

Rayo Vallecano – SD Eibar  3-0

Zulema González González / Naomi Bellido Alcolea / Elena Martínez Moreno.

Amosou 1 cartón ao Rayo e 4 ao Eibar.

Motivos: 1 Suxetar rival | 2 Derrubar contraria disputa balón | 1 Alonxar o balón | 1 Empurrón a unh contraria.

 

Xornada 12 – 19/12/20

Real Betis Féminas – EDF Logroño 1-3

Zulema González González / Lorena Novas Benavides / Belinda Castilla Mesa

Amosou cartón vermello a 1 xogadora do Logroño por man voluntaria fóra da área, así como 3 cartóns ao Betis e 2 ao Logroño.

Motivos:  3 Patada na disputa do balón |  1 Suxetar a unha adversaria | 1 Derrubar adversaria.

En nada hai de novo Liga

Para a primeira xornada de Liga Iberdrola no ano 2021 (toca a 14ª esta mesma semana) aínda non constan as designacións, pero seguro que algunha colexiada da nosa comunidade estará á fronte dun encontro da máxima categoría do fútbol feminino español, manténdose así esa regularidade na presencia de árbitras galegas na competición.

As Nosas árbitras galegas da Liga Iberdrola

Etiquetas árbitraárbitrasBeatriz CuestacolexiadaElena Casal FernándezEugenia Gil SorianofútbolIria RosendoLorena NovásTania Fente PeñaZulema González González
Comparte3Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

por Redacción As Nosas
09/07/2025
0

  Renovacións, fichaxes, futbolistas da canteira que se incorporan definitivamente ao primeiro equipo... o Dépor ABANCA 2025-26 vai tomando forma...

Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  O campo de fútbol de Cadreche da Pobra converterase este sábado, 21 de xuño, no escenario do primeiro Torneo...

Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado considera que no RC Deportivo hai unha “aposta clara e decidida polo fútbol feminino”

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, fixo balance da temporada 2024-25, renovacións, incorporacións e obxectivos foron algúns dos temas...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA arrinca a Liga F na última fin de semana de agosto de 2025

por Redacción As Nosas
14/06/2025
0

  O Dépor ABANCA comezará a Liga F a fin de semana do 30 e 31 de agosto segundo o...

Lóstrego, campión da Liga Galega Alevín Feminina / RFGF

O Lóstrego CF proclámase campión da Liga Galega Alevín Feminina de fútbol

por Redacción As Nosas
31/05/2025
0

O Lóstrego CF levantou o trofeo de campión da Liga Galega Alevín Feminina na fase final que se disputou esta...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

A Xunta pide un “trato igualitario” para Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir” no piragüismo

09/07/2025
Jéssica Bouzas cae en oitavos de final / WIMBELDON

Jéssica Bouzas cae Wimbledon en oitavos de final ante Liudmila Samsonova

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.