• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Líder e colista vense as facianas na Liga Senior Feminina de hoquei a patíns

O Borbolla visita á APG Bierzo o sábado ás 18:15 h en Ponferrada, antes, ás 17:15 h o CH Raxoi recibe ao Compañía de María en Compostela

Silvia Carregal por Silvia Carregal
28/02/2020
en Sobre rodas, Máis Deporte
Hoquei a patíns covid

Hoquei a patíns / P. LION

146
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Dous cruces da Liga Senior Feminina de hoquei sobre patíns van ter lugar esta fin de semana. Nun deles enfróntanse as primeiras clasificadas contra das últimas, HC Borbolla – APG Bierzo. Será no pavillón Ángel Pestaña de Ponferrada ás 18:15 horas do sábado. Unha hora antes empezará en Compostela un partido que, sobre o papel, podería ser máis axustado e no que medirán forzas 3º contra 4º, CH Raxoi – Club Compañía de María en Vite.

O Bierzo recibe ao líder, HC Borbolla, que viaxa con catro baixas

Esta fin de semana na Liga Senior Feminina de Hoquei a patíns o calendario fará medir forza ás primeiras clasificadas contra as últimas. Sobre o papel podería parecer que o HC Borbolla, líder invicto, podería ter ante si un partido asequible. Pero nada é doado no deporte. Ademais as ponferradinas teñen un partido menos disputado, polo que a táboa tampouco reflicte uns parámetros que permitan tirar conclusións fiables.

Equipo senior Feminino APG Bierzo / APG BIERZO
Equipo senior Feminino APG Bierzo / APG BIERZO

Unha complicación para o equipo que adestra Santiago Martínez Cancelo ven dada polas baixas. As galegas suman ás dúas ausencias da pasada xornada as de Edén e Ainhoa. Así que en total serán baixa para o partido catro xogadoras.

No caso das leonesas, sucede o contrario: recuperan efectivos. Hoxe estaba previsto que voltase aos adestramentos Laura Pumar. O técnico da APG Bierzo é optimista pero ao mesmo tempo, precavido. “Hoxe vai ser o seu primeiro adestramento. Mañá (polo sábado), valoraremos que tal está”, apunta Álvaro Sariol. Non en tanto, segue a ser baixa, Carla.

Martínez, HC Borbolla: “O Bierzo ten evolucionado moito é difícil de bater”

Borbolla vs Cía de María, hoquei a patíns / P. LION
HC Borbolla / P. LION

Nunha lectura positiva do partido, Santiago Martínez, explicaba que ter “tantas baixas, vainos servir para comprobar se somos capaces de manter o nivel de xogo alcanzado ata agora pese as baixas que temos”.

O adestrador do HC Borbolla comentaba que as coruñesas afrontan este partido de hoquei “como todos. É un paso máis na evolución do equipo e unha etapa máis no difícil camiño cara ao obxectivo final que nos temos marcado”, apuntaba en referencia á disputa da fase de ascenso á OK Liga.

Santiago Martínez, HC Borbolla: “Este partido é un paso máis na evolución de cara ao obxectivo final que nos temos marcado”

Martínez Cancelo fala da APG Bierzo como un rival a ter en conta pola progresión do bloque. “Esta semana tócanos a APG Bierzo, rival complicado como todos, e na súa pista aínda máis. É un equipo que ten evolucionado moito nos últimos anos, é difícil de bater, que se deixa todo na pista e que pode complicar o partido a calquera rival”, advirte o técnico do HC Borbolla.

Santiago Martínez, HC Borbolla: “O Bierzo é un equipo que se deixa todo na pista e que pode complicar o partido a calquera”

Álvaro Sariol, APG Bierzo: “Imos tentar poñerllo difícil a calquera equipo”

Desde o banco da APG Bierzo, Álvaro Sariol lamenta as ausencia de Carla, “mérmanos”, di. Pero admite que sobre a pista do Ángel Pestaña de Ponferrada, as locais disporán dun “equipo completo polo que a nivel físico debéramos ir ben.

Sobre o rival, explica que precisamente contra o HC Borbolla esta tempada, por destraza, “nunca puidemos contar co equipo ao completo en ningún dos cruces. Mañá sábado, tampouco será así. Pese a todo, esperamos ser un equipo competitivo e darlles moita guerra”.

Álvaro Sariol, APG Bierzo: “Esperamos dar moita guerra”

O adestrador da APG Bierzo, Álvaro Sariol, explicaba que mentres as xogadoras do Borbolla “están pelexando por xogar a fase de ascenso, nós imos tentar poñérllo difícil a calquera equipo”.

A igualdade marcará o CH Raxoi vs Compañía de María

O pavillón de Vite acolle o cruce entre CH Raxoi e o Club Compañía de María mañá sábado a partir das 17:15 horas dentro desta xornada na Liga Senior Feminina de Hoquei a Patíns. So dous puntos separan a terceiras (as compostelás) e cuartas (as coruñesas) na táboa.

Equipo senior do Compañía de María / CÍA DE MARÍA
Equipo senior do Compañía de María / CÍA DE MARÍA

No Compañía de María non haberá ausencias respecto a partidos anteriores. Seguen sen poder contar con Meritxell, sancionada. O que si preocupa de cara ao partido ao adestrador, Álvaro Franqueira, é que levan un par de semanas “con bastantes baixas nos adestramentos por mor de que moitas xogadoras estaban con exames e outras, enfermas. Así que non temos podido entrentar moito xuntas”.

Álvaro Franqueira, Compañía de María: “Tivemos xogadoras de exámenes e enfermas. Non puidemos adestrar xuntas”

Pola parte do CH Raxoi xa adestraron de novo co resto do equipo as tres xogadoras de hoquei coas que as compostelás non puideron contar o pasado fin de semana contra o Bierzo, “en concreto Laura Vigoya, Antía Rivadas e Noa Fuentes”, explicaba o técnico Pedro Siaba. 

Sobre o rival, o Compañía de María, Siaba comentaba que se trata dun “equipo moi complicado, en primeiro lugar porque teñen moitas xogadoras de bo nivel e non se adoitan notar os cambios, teñen un nivel táctico alto e unha moi boa portaría”. Na opinión do adestrador do Raxoi “vai ser un partido moi complicado, como adoita selo contra este rival, pero non imposible”.

Pedro Siaba, HC Raxoi: “Será complicado, pero non imposible”

O adestrador das compostelás, valora o feito de que xoguen “na casa. Sabemos que temos posibilidades de gañar se facemos un gran partido, como xa aconteceu na ida da Copa”, explica ao respecto dun cruce que di que afrontarán “coma sempre, con ilusión e confianza, intentando dar o mellor nivel posible e seguir progresando”.

Pedro Siaba, HC Raxoi: “Afrontaremos o partido coma sempre, con ilusión e confianza, intentando dar o mellor nivel posible e seguir progresando”

No outro bando, o técnico do Compañía de María opina que o HC Raxoi é un bloque que “coñecemos ben. Xa temos xogado moitas veces contra elas e sempre son partidos entretidos e intensos. Tentaremos competir o máximo posible e levarnos os tres puntos”.

Álvaro Franqueira, Compañía de María: “Os partidos contra o Raxoi son entretidos e intensos. Tentaremos competir o máximo posible e levarnos os tres puntos”

Etiquetas APG BierzoCompañía de MaríaHC BorbollaHC Raxoihoqueihoquei a patíns
Comparte11Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

  A xogadora coruñesa María Sanjurjo vén de proclamarase campioa de Europa defendendo a elástica doCP Esneca Fraga. É a...

Recepción en María Pita ao Marineda Hockey logo de acadar ao ascenso á Ok Liga / CONCELLO DA CORUÑA

O Marineda Hockey asina unha tempada histórica que culmina con ascenso á OK Liga

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, felicitaron ao club coruñés Marineda Hockey nun...

HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

por Redacción As Nosas
06/12/2025
0

Non tuvo moito chance o HC Coruña diante dun imparable CP Vila-Sana Coop D’Ivars que se impuxo ás galegas por...

Partido do HC Coruña disputado en Riazor contra o CP Las Rozas / MANU BOUTUREIRA

O ‘Tourmalet’ comeza en Riazor para o HC Coruña que se mide ao CP Vila-Sana Coop D’Ivars

por Redacción As Nosas
06/12/2025
0

O HC Coruña volve ao Palacio dos Deportes de Riazor para enfrontarse esta fin de semana ao CP Vila-Sana Coop...

RESA Hockey Cambre vs Hockey Club Raxoi / HOCKEY CAMBRE IG

Emoción e contrastes para os clubs galegos da OK Liga prata feminina na xornada 9.ª

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

A novena xornada deixou resultados moi dispares na OK Liga Prata Femenina. O Berenguela non puido pasar do empate ante...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.