O Pazo dos Deportes de Riazor acolle a partir das 17:00 horas o cruce da Ok Liga Iberdrola entre o Hockey Club Coruña Feminino e o CP Voltregà. O partido corresponde á xornada 19.ª da máxima competición do hoquei estatal.
Este sábado xogamos de novo en Riazor! Enfrontarémonos ao @cpvoltrega no partido correspondente á xornada 19 da #OkLigaIberdrola. Esperámosvos ás 17:00h no Pazo dos Deportes!💙
ℹ️Info entradas:
Entrada individual adulto: 2 euros
Podedes obtelas o sábado na entrada do pavillón,… pic.twitter.com/B8yzwDLqDS— H.C. Coruña Feminino (@CorunaFeminino) March 14, 2024
Explican desde o Hockey Club Coruña Feminino que o cruce contará coa presenza do seleccionador estatal Sergio Macià.
O equipo que adestra Stanis García perdía na última xornada na pista do Solideo PHC Sant Cugat (1-0). As galegas ocupan a 6.ª posición na táboa clasificatoria na Ok Liga Iberdrola e atesora 28 puntos. Pola súa parte o CP Voltregà Movento Stern está na 8.ª posición (24 puntos) e chega ao Pazo dos Deportes de Riazor logo de vencer ao Bembibre HC 3-0.
A canle da OK Liga transmitirá o partido ao vivo por internet (YouTube).
O Hockey Club Coruña Feminino ten rival para a Copa da Raíña
Esta semana o Hockey Club Coruña Feminino coñecía o rival ao que se enfrontará na Copa da Raíña: o CP Vila-Sana. A competición terá lugar do 18 ao 21 de abril en Vilafranca del Penedès.
Xa coñecemos os cruces da Copa da Raíña!!!
O noso rival en cuartos de final será o @hoquei_vilasana .
A competición levarase a cabo dende o 18 ata o 21 de abril en Vilafranca del Pedènes
📸 @manu_boutureira @estrellagalicia @AzemadSport @gadis @coruna_deportes… pic.twitter.com/BhqbVTHUvA
— H.C. Coruña Feminino (@CorunaFeminino) March 14, 2024
O equipo coruñés está inmerso en tres competicións:
- Ok Liga Iberdrola
- Copa da Raíña
- WSE Champions League Women
Na competición europea da WSE Champions League Women as galegas veñen de acceder a cuartos de final. Tocaralles xogar unha eliminatoria de ida e volta co Astro Stuart Hóquei Clube de Massamá.
Triunfo e liderato de grupo para o HC Coruña Feminino na WSE Champions League Women