O anfitrión do torneo do KO, o CV Arenal Emevé fai historia e accede á final da XLVII Copa de SM A Raíña ao derrotar no desempate (17-25, 25-16, 25-18, 17-25 e 15-13) a Kiele Socuéllamos en vibrante encontro de semifinais. As lucenses fixéronse co triunfo nun duelo cheo de alternancias no marcador, cun primeiro dominio manchego, o gran esforzo das anfitrioas para voltear o marcador diante 1.400 afeccionados que vibraron co xogo das galegas.

O bloque de Chema Rodríguez forzou o tiebreak co acerto ofensivo de Amelia Portero, para decidir o billete ao último encontro do torneo nun desempate onde o saque de Castiglione e os puntos de Darlevis Mosquera, máxima anotadora con 19 obraron a remontada galega para enfrontarse este domingo a Sanaya LIbby´ s La Laguna ás 12:30 polo cetro copeiro.
Unha semifinal con dous debutantes, Kiele Socuéllamos e CV Arenal Emevé, aseguraba un inédito finalista. As lucenses querían estender o seu soño copeiro e alcanzar como anfitrión a súa primeira final, pero as manchegas demostraron o seu bo momento de xogo cun inicio claro de dominio no marcador.

As xogadoras que adestra Chema Rodríguez dobraban ao seu rival cando José Valle freaba o choque esgotando os seus tempos mortos con 7-14.
Os máis de mil afeccionados galegos encheron de ruído o Pavillón Municipal de Deportes de Lugo para insuflar ánimos ás anfitrioas, que non poderían frear o empuxe das socuellaminas que aproveitaban os seus múltiples recursos ofensivos para pechar o primeiro set por un claro 16-25.
As lucenses mostrarían o seu carácter no inicio do segundo parcial. Da man dos seus centrais Mosquera e Lavado, xunto aos puntos de Jimena Fernández, lograrían unha ampla renda que lles permitiría dominar con solvencia o set.
Os intentos do bloque que prepara Chema Rodríguez por enxugar a decena de puntos de distancia non conseguirían recompensa e o encontro volvería ao equilibrio inicial tras o 25-15. Coa emoción polas nubes, CV Arenal Emevé aproveitou o tirón da súa afección para sobresaír na igualdade do terceiro parcial. Grandes defensas, puntos larguísimos e unha maior eficacia das lucenses permitíaas entrar na recta final de set cunha mínima renda.

Inma Lavado construía un muro na rede mentres que en ataque Carolina Camino e Jimena Fernández ampliaban a vantaxe para completar o set con 25-18 con dous bloqueos consecutivos de Mosquera.
As Loitadoras conseguirían unha mínima renda ao comezo do cuarto set que Kiele Socuéllamos enxugaría cos puntos de Walsh e Portero, xunto ao traballo defensivo de Patricia Rodríguez.
O CV Emevé enfrontouse ao un novo tiebreak
As manchegas eludían o control das anfitrioas e o ruidoso apoio dos mil catrocentos espectadores galegos para conseguir impoñer a súa maior experiencia e levar o choque ao tiebreak.
CV Arenal Emevé acumulaba outro desempate máis como local, e como na véspera diante OSACC Haro Rioja Vóley, Kiele Socuéllamos conseguiría as primeiras vantaxes na guerra de nervios do tiebreak.
No podía ser de otro modo. NOS VAMOS AL TIEBREAK. @voleykiele iguala a @cvemevelugo y el billete a la final de #CopaReinaVB @Iberdrola se dilucidará a 15 puntos.
Sigue el choque en @teledeporte y streaming en RTVE Play https://t.co/6Qg9LhjWst…… y https://t.co/2NshziuwDW pic.twitter.com/aGPE36IkUE
— RFEVB (@RFEVB) February 12, 2022
Os erros lucenses obrigaban a José Valle a solicitar tempo morto, pero a crecente dinámica das manchegas levaríaas a manter a súa renda ata o 5-8 do cambio de campo. E tamén como na véspera, As Loitadoras aumentarían a súa intensidade desde o saque de Castiglione para empatar a 10 tras dous bloqueos de Mosquera, máxima anotadora do encontro con 20 puntos.
A sucesión de accións favorecía ás galegas que dispoñerían da primeira bóla de partido que aproveitarían tras unha acción de Castiglione.
́
O @cvemevelugo está na da #CopaReinaVB
Logo de máis de 2 horas e 20 minutos de semifinal, as galegas impuxéronse ao Socuéllamos 15-13 nun emocionante quinto set
Mañá a final contra La Laguna ás 12:30!
https://t.co/2b26cG56gI pic.twitter.com/8vSX2DokmC
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) February 12, 2022
FICHA TÉCNICA
3) CV ARENAL EMEVÉ: Camino (13), Mosquera (19), Lavado (8) , Castiglione (3), Otero (2), Fernández (18), González (Líbero). También jugaron: Figueira (Líbero 2), Paradela (1), Burgo (-), Urrea (-), Capovilla (5).
2) KIELE SOCUÉLLAMOS: De Blas (4), Walsh (16), Agüero (13), Suligoy (3), Portero (17), Jovanovic (7), Rodríguez (Líbero). También jugaron: Saucedo (1), Carpintero (9), Benedito (4).
COLEXIADOS: Gloria Souto e Francisco Sabroso
PARCIAIS: 17-25 (25´). 25-16 (23´). 25-18 (25´), 17-25 (24´) e 15-13 (20´).
INCIDENCIAS: Segunda semifinal da XLVII Copa da Raíña Iberdrola disputado no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo ante 1450 espectadores na bancada. A gran final vaise xogar mañá domingo ás 12:30 horas entre Sanaya Libby´s La Laguna e CV Arenal Emevé con Teledeporte como testigo.
Podes acceder aquí a estatística completa do partido
El anfitrión @cvemevelugo completa la final de la #CopaReinaVB @iberdrola al superar en el desempate a @voleykiele en una espectacular semifinal para medirse el domingo a las 12:30 horas con @cvharis
Estadística aquí: https://t.co/jjD4aIrkf7 pic.twitter.com/RTJJGLpUmx
— RFEVB (@RFEVB) February 12, 2022