• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Helena García, Sergio Troitiño e Adrián Salanova, campións de España Sub-21 de taekwondo

Galicia, primeira clasificada por equipos masculinos e segunda na xeral no campionato de españa sub 21 de cartagena

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/05/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Selección Galega de taekwondo Sub-21 / FEDERACIÓN GALEGA TAEKWONDO

Selección Galega de taekwondo Sub-21 / FEDERACIÓN GALEGA TAEKWONDO

21
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • As e os nosos taekwondistas lograron en total tres ouros, dous pratas e tres bronces. Os campións de España Sergio Troitiño, Adrián Salanova e Helena García logran a clasificación directa para o Europeo Sub-21.

Galicia repetiu posición na clasificación por equipos do Campionato de España de taekwondo Sub-21. Logrou a primeira posición na clasificación por equipos masculinos e a segunda, na xeral (na que se suman os resultados dos equipos masculino e feminino) no Campionato de España Sub-21, que se celebrou esta fin de semana en Cartagena, igual que na categoría cadete do día anterior. 

As e os nosos taekwondistas lograron en total tres ouros, dous pratas e tres bronces. Os campións de España Sergio Troitiño, Adrián Salanova e Helena García logran a clasificación directa para o Europeo Sub-21.

Helena García, campioa

Na categoría feminina destaca o ouro de Helena García (-73, Dobok), que volveu asombrar coa súa temperanza e superioridade en todos os combates. En primeira rolda Helena García superou a Sofía Viana (Valencia) e posteriormente a Ana Martínez (Castela e León) con moita comodidade, segundo informa a Federación Galega de Taekwondo.

Na final, Helena García enfrontouse a Irene Montero (Andalucía) e volveu vencer en dous asaltos para proclamarse campioa de España Sub-21.

En -62 quilogramos, Irene Montemuíño (Natural Sport) acadou a medalla de prata tras facer un fantástico torneo. En primeira rolda superou a Paula Serrat (Cataluña) nun axustado e fermoso combate.

Irene Montemuiño, prata no estatal de taekwondo Sub-21 / FEDERACIÓN GALEGA TAEKWONDO
Irene Montemuiño, prata no estatal de taekwondo Sub-21 / FEDERACIÓN GALEGA TAEKWONDO

Nos cuartos de final enfrontouse a Alison Forgan (Navarra) e nova vitoria da galega, que confirmou así a súa medalla. Na semifinal esperaba Nicole Forgán (Castela a Mancha) e novamente Montemuiño fixo un gran traballo para clasificarse para a final. Neste último combate enfrontouse a Viviana Marton e aquí Irene non tivo moitas opcións, xa que Marton dominou dende o inicio. Aínda así, prata excepcional para Irene.

E para finalizar, Alba Rey (-67 quilogramos, BoudSport) logrou a medalla de bronce tras gañar a Maialen Carvalho (Navarra) en dous asaltos. Pero na semifinal non puido con Lena Moreno (Castela a Mancha), que foi a deportista que posteriormente se proclamou campioa de España.

Ouro de Troitiño e Salanova

Sergio Troitiño (-87, Mat´s) segue con esa traxectoria firme e impecable. Logrou o título de campión de España Sub-21 despois de vencer en tres combates. No primeiro deu boa conta de Mohamed Halhoul Hossain (Ceuta) en dous asaltos e sen complicacións para clasificarse para a semifinal onde se enfrontou a Jesús Gómez (Andalucía).

Sergio tamén venceu en dous round, aínda que máis axustados, pero o galego sempre controlou o tempo e o combate para levarse a vitoria. Na final, o rival foi Lucas Llopis (Cataluña), que defendía o título do pasado ano e era o rival a bater dende o inicio. Novamente, Troitiño gana en dous asaltos, o primeiro cómodo (8/1) e o segundo moi axustado (8/8), tanto que se decidiu por rexistros a favor do galego, que logrou proclamarse campión de España Sub-21 nun gran combate ante o favorito e con moi boas sensacións.

Tamén foi espectacular a competición de Adrián Salanova (-68, Maniotas) que logrou subirse ao máis alto do podio sen perder nin un asalto. En primeira rolda venceu ao catalán Dejan Ison con moita claridade, despois veuse as caras con Eduard Company (Baleares) e nova vitoria contundente. En semifinais loitou ante Valentín Barranco (Andalucía) e na final superou claramente a Antoni Pujol (Baleares). Un campionato impecable e impresionante, dada a solvencia coa que foi avanzando ata a final.

Prata para Samuel Meilán (-58, Tao) que tamén fixo moi bo torneo, superando as roldas con amplitude e comodidade. En primeira rolda gañou a Izán Sanchís (Valencia) de forma rotunda e posteriormente eliminou a Aarón Zabaleta (Euskadi). Na semifinal venceu a Jorge Almeida (Baleares) e logrou meterse na final, onde esperaba Jesús Fraile (Castela a Mancha). Neste último combate, Fraile foi mellor e logrou o ouro.

Pola súa banda, Javier Otero (-54, Kae Sport) logrou o bronce tras superar dúas roldas. Venceu na primeira a Francisco Piña (Baleares) e na segunda a Javier Requejo (Euskadi), pero non puido en semifinais con Iván Escolar. Iago Mallo (-80, Tao) venceu nos cuartos de final a Rubén Pestano (Canarias), pero non puido na semifinal co madrileño David Plaza.

Etiquetas Helena GarcíaIrene Montemuiñotaekwondo
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

por Redacción As Nosas
29/05/2023
0

  Arlet Ortiz tivo unha magnífica actuación no Mundial de Bakú superando dúas roldas e perdendo só ante a campioa...

Campionato provincial de técnica e freestyle / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Máis de mil participantes nos escolares provinciais de técnica e freestyle de taekwondo

por Redacción As Nosas
13/05/2023
0

  Esta fin de semana disputaranse os campionatos escolares provinciais de técnica e freestyle de taekwondo, cunha participación total de...

II Copa Ibérica Feminina taekwondo

II Copa Ibérica Feminina taekwondo

por Redacción As Nosas
02/05/2023
0

  O pavillón municipal de Mondoñedo albergou a II Copa Ibérica Feminina de taekwondo, congregando a máis de 200 deportistas...

A Selección de Galicia cadete, campioa do Open de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEWKONDO

Galicia vence o Open de España cadete de taekwondo

por Redacción As Nosas
16/04/2023
0

  Galicia ocupou a primeira posición na clasificación xeral por equipos e na categoría masculina do Open de España cadete...

Galicia, campioa no Open de España de técnica e Freestyle de taekwondo / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Galicia, campioa do Open de España de Técnica e Freestyle de taekwondo

por Redacción As Nosas
14/04/2023
0

  Deu comezo o Open de España e xa temos as primeiras boas novas para o taekwondo galego. Galicia proclamouse...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.