- No transcurso da President´s Cup de Estambul, Helena García, deportista do Dobok, logrou o ouro no peso pesado, mentres que a tamén galega Noa Romero, taekwondista do Natural Sport Riveira, foi bronce en -46 quilogramos.
E seguen a chegar boas novas dende Estambul para o taekwondo galego. “Nesta ocasión era a quenda das júnior e o rendemento das galegas foi espectacular”, tal e como apuntan desde a Federación Galega de Taekwondo.
Helena García gañou o ouro dunha forma incontestable. Venceu os tres combates por 2-0 e sen encaixar nin un punto en contra.
Billete para o Europeo Sub-21 para Helena García
Comezou a Presidente´s Cup ante a turca Hasen Sumbul nos cuartos de final, e a galega venceu con autoridade en dous asaltos. Na semifinal enfrontouse con outra turca, nesta ocasión foi Sevval Ozden, e Helena García volveu brillar e non lle deu opción algunha a súa rival. E máis do mesmo na loita polo ouro. A deportista do Dobok pasou como un furacán sobre á grega Eirini Ntova e logrou a primeira posición na President´s Cup e a clasificación para o Europeo Sub-21.
Pola súa banda, Noa Romero (-46, Natural Sport Riveira) acadou a medalla de bronce nunha competición que arrincou ante a turca Seyma Elif Hacioglu. Noa Romero venceu en dous asaltos e logrou así a clasificación para os cuartos. Alí esperaba á grega Ioanna Chrysoula, e nova vitoria contundente da galega (2-0), que xa lle aseguraba a medalla, ao acadar o pase ás semifinais.
Pero foi nese punto da competición da President´s Cup cando Noa Romero atopouse cunha durísima rival, a turca Mulkiye Ece Ulusoy, que deixou fóra da final á representante galega. Así e todo, foi fantástica a actuación de Noa Romero, que ademáis leva o premio da clasificación para o Europeo Sub-21.