• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

Helen Roca: “Rompemos ca nosa forza ese teito que nos quería dentro e caladas, e agora xa non temos límite. Imos a por todas”

“Para ostentar un cargo técnico tes que facerte valer o dobre que eles”, di a adestradora galega do CRAT que propón educación, eliminación de estereotipos, maior visibilidade e oportunidades para así camiñar cara a unha igualdade plena

Silvia Carregal por Silvia Carregal
07/03/2020
en Rugby
Helen Roca

Helen Roca

183
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Primeiro foi xogadora e agora é adestradora. Helen Roca atesora un palmarés no que están un Campionato de Europa, un de Liga en España, disputou o Seis Nacións e chegou a xogar Mundiais. Agora forma parte do corpo técnico do CRAT Residencia Rialta. Explica que cando “un staff ou directiva é igualitaria parece que é unha excepción, e non debera selo”.

A.N.: O papel da muller no deporte e xa igualitario ou aínda queda?

Helen Roca:  Aínda que se están favorecendo políticas ao respecto ultimamente, estamos a anos de acadar ese tratamento de igualdade no deporte. En cambio ca entrega persoal e profesionalidade no deporte (dentro do amateurismo) de cada muller ou rapaza, si que vemos que sexa igualitario, ou incluso superior, de cara aos esforzos que facemos, con respecto aos homes que teñen máis facilidades e non teñen a mesma entrega que nós.

Helen Roca
Helen Roca

A.N.: Ao respecto da anterior pregunta, responde Galicia ao patrón estatal ou observas diferencias? En caso de ver diferencias, a situación galega sería mellor ou peor que a estatal?

Helen Roca:  Hai diferenzas. Vai máis amodo se cabe, sempre chegan máis tarde as políticas estatais que axuden a regular ou facilitar un deporte igualitario.

A.N.: En que momento da túa vida tropezaches por vez primeira cunha discriminación por xénero no deporte? Que pasou?

Helen Roca:  Dende a miña época na selección española de rugby, vimos que as achegas / dietas / premios para a Selección masculina sempre era superior que a nosa: e iso que nos gañabamos os títulos europeos e eles non!

Tamén no meu equipo en A Coruña desapareceu a categoría feminina porque dicían que non merecíamos a pena. Solución: formamos nós un equipo propio na Universidade da Coruña para poder seguir xogando e evolucionando. Agora, de volta co CRAT, fumos campioas da División de Honra –  Liga Iberdrola por segunda vez…

Tamén os estereotipos con respecto ao deporte do rugby, ao ser mulleres parecía que non estaba ben visto, que fixemos? seguir xogando e loitando pola igualdade que queríamos. Agora somos o único equipo galego de rugby que gañou División de Honra e aporta continuamente xogadoras a selección española representando a A Coruña e Galicia e a nós mesmas!

Helen Roca
Helen Roca

A.N.: Observas que por ser muller existen maiores dificultades para a práctica deportiva a niveis de competición?

Helen Roca:  Hai dificulades nos horarios de adestramentos, nas cesións de boas instalacións, e na busca de patrocinios. A nivel deportivo sobre todo cando te adicas a nivel profesional e non se remunera o teu esforzo; segues sendo amateur pero con vida deportiva profesional que sacrificas da túa vida persoal (con sacrificio de tempo e economía persoal).

A.N.: Na túa opinión, hai límites ou teitos de cristal para o acceso da muller a diferentes postos no mundo do deporte á marxe do papel de deportistas (adestradoras, directivas, preparadoras físicas, etc)? 

Helen Roca:  Haino si. Por exemplo, está demostrado que para ostentar algún cargo técnico tes que facerte valer o dobre que eles, e na maioría dos casos cas mesmas titulacións ou experiencias elixen primeiro a un home solo por esta característica.

Cada vez que un staff ou directiva é igualitaria parece que é unha excepción, e non debería selo.

A.N.: Con respecto a cando empezaches a túa vinculación co deporte, hai agora menos trabas?

Helen Roca: Si que vexo que agora as mulleres temos máis presenza no deporte, pero foi a base de sacrificios nosos, non axudas pola igualdade. Rompemos ca nosa forza ese teito que nos quería dentro e caladas, e agora xa non temos límite. Imos a por todas, a seguir abrindo camiños e autoestradas sen peaxes para esa evolución!

Helen Roca, adestradora de rugby: “Segues sendo amateur pero con vida deportiva profesional que sacrificas da túa vida persoal”

Helen Roca: “Coas mesmas titulacións ou experiencia elixen a un home”

A.N.: Cales consideras que son os principais atrancos que ten hoxe unha muller para desenvolver unha carreira deportiva? 

Helen Roca: Témome que aínda hai preferencias para elixir antes nun posto deportivo a homes ante a mesma titulación.

Como dicía no exemplo, está demostrado que para ostentar algún cargo técnico tes que facerte valer o dobre que eles, e na maioría dos casos cas mesmas titulacións ou experiencias elixen primeiro a un home só por esta característica.

Helen Roca, adestradora de rugby: “Para ostentar algún cargo técnico tes que facerte valer o dobre que eles”

A.N.: Pódese vivir do deporte sendo muller?

Helen Roca: Si, partindo desas premisas que falabamos: Loitar máis para acadar o mesmo, ou incluso con menos opcións.

A.N.: Que mudarías do deporte actual para camiñar cara a unha igualdade plena?

Helen Roca:

  • Oportunidades en todos os postos deportivos sen mirar o sexo do currículum.
  • Educación en igualdade dende todos os ámbitos públicos, deportivos ou non.
  • Eliminación de estereotipos machistas por deportes practicados.
  • Igualdade nos medios, insistindo na TV, que é a que da maior visibilidade e posibilidades de patrocinios.

Helen Roca, adestradora de rugby: “Propoño unha educación en igualdade dende todos os ámbitos públicos, deportivos ou non e a eliminación de estereotipos machistas por deportes practicados”.

A.N.: Hai quen avoga polo deporte mixto máis aló da base como unha posibilidade? Es partidaria?

Helen Roca: No meu deporte non, pero hai deportes no que sería moi boa idea.

Helen Roca, adestradora de rugby: “Habería que dar oportunidades en todos os postos deportivos sen mirar o sexo do currículum”

A.N.: Cres que o deporte feminino está a vivir un momento doce?

Helen Roca: Non creo que se poidan tirar aínda foguetes. Si que se ve unha evolución, pero queda moito por loitar.

A.N.: Ao fío desta última pregunta valora de 0-10 (sendo 10 o mellor) o momento actual do deporte feminino nestes ámbitos:

Helen Roca:

  • Resultados deportivos _____________________ 10
  • Visibilidade en xeral na sociedade _________ 6
  • Repercusión mediática _____________________ 4
  • Apoio de seareiros/as ______________________ 5
  • Patrocinios _________________________________ 4
  • Apoio das diferentes administracións ______ 6
Etiquetas 8MADESTRADORACRAT CoruñaCRAT Residencia RialtaHelen RocaIgualdaderugby
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.