• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

A ex-xogadora de rugby e agora adestradora conta para As Nosas a súa experiencia só 12 días despois de dar a luz e admite que "xera tristeza apartarte do deporte no que levas toda a vida"

Caro Regueira por Caro Regueira
05/04/2020
en Máis Deporte, Rugby
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca co seu fillo.

411
COMPARTIDOS
1.5k
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Elena Roca, ou Helen Roca, como é máis coñecida, é toda unha figura do rugby nacional. Foi a primeira galega en formar parte da selección española e pasou a ser adestradora no seu club, o CRAT A Coruña. Precisamente, foi con ese cambio cando decidiu intentar ser nai. A entrevista de As Nosas chegou só 12 días despois de dar a luz ao seu primeiro fillo.

As Nosas: Bueno, antes de nada parabéns pola túa maternidade. É nena ou neno? Esperamos que todo saíse ben.

Helen Roca: Si, si, grazas. Neno.

A.N.: Pois entón imos coa entrevista e, precisamente, a primera pregunta é se tiveches que pospopoñer a túa decisión de ser nai pola túa carreira deportiva?

Helen Roca: Si, totalmente. A ver, os que non somos profesionais, que non cobramos quero dicir, te pos ti o límite. Non tes ningún deses contratos polémicos que che impide ser nai. É un pouco quero chegar onde quero chegar a nivel deportivo.

A.N.: Claro e aproveitaches agora que eres adestradora.

Helen Roca: Si, de feito o de pasar a ser adestradora xa era con ese obxectivo, que levo anos buscando.

A.N.: Tedes pouco apoio institucional para ser nais? Quero dicir, ao non ser profesionais non tedes dereito a ningunha axuda do ámbito deportivo.

Helen Roca:  Si. A ver, é que en deportes minoritarios como o rugby, a xente non pode vivir del, só as olímpicas que teñen acceso a bolsas ADO e elas tamén o teñen fastidiado. Son 40 ou 50 persoas (incluíndo homes), o resto nada. Tes que ter un traballo detrás que che deixe competir en mundiais ou europeos, que son 15 días das túas vacacións ou as túas vacacións completas, e logo hipotecar a nivel persoal todo. Por iso dicía, que somos profesionais pero sen selo.

A.N.: Tedes a parte mala de ambos lados

Helen Roca: Claro, temos a esixencia do deporte profesional, pero non os beneficios que neste caso sería dedicarte ao que che gusta con toda a tranquilidade e no ter que estar noutro traballo, nada máis que na túa vida deportiva na que eres esixente contigo mesma. Entón, a decisión de non ser mamá ata que deixas o deporte de elite é unha decisión persoal.

A.N.: Con que idade deixaches o deporte de elite?

Helen Roca: Con 38.

A.N.: Claro un pouco o límite para ser nai por primeira vez.

Helen Roca: Si. Aí xa te pos en serio a valorar a situación. Ademais, coincidiu ben porque foi o mundial de Francia no 2014, unha retirada guay, pero xa sabendo que na seguinte tempada o meu obxectivo era outro.

A.N.: Iso eles non o sofren.

Helen Roca: Non, claro e grazas que agora lles obrigan a coller non sei cantos días de baixa, pero a marioría non o cumpren. Non os ves un mes de baixa nin tolos.

“Grazas que agora aos homes lles obrigan a coller non sei cantos días de baixa, pero a marioría non o cumpren. Non os ves un mes de baixa nin tolos”

A.N.: Que proposta fas para mellorar isto? Obrigar a coller a mesma baixa?

Helen Roca:  En teoría, hai un tempo obrigado, pero os profesionais do deporte como moito van un día ao hospital e xa están adrestrando ao día seguinte. Nós, polo noso corpo, xa temos que pasar meses sen facer deporte antes de volver.

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”_2
Helen Roca esperou a retirarse como xogadora para ser nai.

A.N.: Iso quería preguntarche, hai casos de deportistas que decidiron parar X tempo para coidar dos seus fillos e outras que volveron canto antes. Cal é o teu plan?

Helen Roca: A miña intención é volver, pero para min é unha situación de incerteza total. Eu dicíalles ás miñas xogadoras no último partido que fun con elas, que botei alí a lagrimiña, que a min me gusta estar implicada ao 100%, gústame estar en todo e apoialas ata o final da tempada.

Elas sabían o que había e para min vai ser parón ata non sei cando. Non sei cando vou poder estar de novo. Foi emocionante porque a despedida foi na liga galega co equipo B, non en División de Honra nun partidazo, senón coas xogadoras que marcan o futuro. E esa implicación que me gusta non a vou poder ter ata non sei cando porque depende de como me vexa. Poderei ir a algún adestramento ou non, non sei se nun mes, se dous…

A.N.: É moi pronto aínda, só pasaron 12 días.

Helen Roca: Claro, ademais eu xa non lles din esperanza. De feito, ao staff o preparei para a tempada. Non me planteo unha obrigación de chegar a nada. Se podo apoiar logo, apoiarei.

A.N.: Ademais hai moitas formas de apoiar.

Helen Roca: Por iso. Como directora técnica do club xa orientei ao staff para que continuasen sen min. Así como o ano pasado todo xiraba un pouco máis en torno a min, este ano fixemos un staff un pouco máis grande para delegar.

“Como directora técnica do club xa orientei ao staff para que continuasen sen min. Non me planteo unha obrigación de chegar a nada. Se podo apoiar logo, apoiarei”

A.N.: Deixaches todo atado.

Helen Roca: Si, exacto, xa sabes como somos.

Helen Roca: “Non sei ata que punto temos que dicir que somos sufridoras”

A.N.: Os cambios físicos obviamente só os sofren as mulleres, pero que cambios se poden levar a cabo para igualar a situación entre a maternidade e paternindade no deporte?
Helen Roca:
Non sei porque o de que teñamos un trato especial nós (as nais) tampouco me convence. ‘É nai, mira que loitadora, iso non me gusta’. A ver, sempre nos gusta que nos doren la píldora pero non sei ata que punto temos que dicir que somos máis sufridoras. E que se non o ven xa, non ten sentido que llo digamos nós.

Eles non se van poder poñer xamais na nosa pel, non o entenden, non sofren un parto, un postparto…

A.N.: Coñezo máis nais que din mesmo, incluso aínda que sexas muller, se non es nai, que non o vas entender. 

Helen Roca: Claro. Incluso a deportistas profesionais, podo dicirllo pero non se enteran. E non só polo parto, polo antes e o despois porque, por exemplo, a nivel profesional, primeiro tes que tomar unha decisión moi importante na túa vida, a incerteza de se volverás ou non, a tristeza que iso xera. Téñoa eu como adestradora, imaxina unha deportista de elite que para a súa carreira para ter un fillo. Hai un montón de incerteza que os chicos nin pensan.

“Imaxina unha deportista de elite que para a súa carreira para ter un fillo, hai un montón de incerteza que os chicos nin pensan”

Por iso a nivel psicolóxico si que creo que somos bastante fortes pero que imos estar dicindo todo o que somos? Todo o que superamos? Eles sábeno e aínda así creo que non se dan conta do esforzo. Tocounos a nós e somos felices con iso, asumímolo. Cando tomamos a decisión sabemos que vai custar máis. Ao final non te comparas con eles. É a túa vida e ti decides sobre ela e xa está. Que máis dá que eles o teñan mellor, eu por eles sinto cero envidia, eh! De feito, a sensación que tiven eu con este neno en brazos, pois eles tampouco a van ter.

A.N.: Que é o máis difícil agora mesmo? A decisión da que falabas?

Helen Roca: Non, non, porque no meu caso a decisión xa estaba tomada. Pero si que xera tristeza apartarte do deporte no que levas toda a vida. Sabes que vas ter que facer un parón e con esa incerteza de se vas poder volver igual, coa mesma implicación. Esa incerteza é o máis complicado, porque non podes planificar. Estamos acostumadas a planificar todo e isto non se pode.

A.N.: É complicado, pero fas algunha proposta de como facer a situación máis fácil ás nais deportistas? Agora mesmo, non queda outra que parar e asumir este parón cos teus recursos económicos.

Helen Roca: Unha mellora na maternidade virá despois de que se regule todo o convenio do fútbol (esta entrevista fíxose antes de que se asinara o convenio definitivo). Ten que haber uns pasos previos e creo que o convenio no fútbol vai abrir a porta ao resto de deportes. Primeiro empezamos co deporte rei de España e despois…

A.N.: Entón o convenio, aínda que é para o fútbol, védelo todas como unha esperanza.

Helen Roca: Si, si, eu véxoo como o punto de inflexión para poder chegar a iso: profesionalizar, pedir maternidade… Aínda estamos lonxe, se as xogadoras da Liga Iberdrola non conseguen iso, imaxínate nos deportes minoritarios. Pero a ver se agora empezan a facerlle caso, a que suba o márketing, para logo abrirse a outros deportes. Eu para iso son súper xenerosa, prefiro que reúnan esforzos primeiro no fútbol para ver se logo chega a outros deportes.

“Para iso son súper xenerosa, prefiro que reúnan esforzos primeiro no fútbol para ver se logo chega a outros deportes.

A.N.: Que abra camiño.

Helen Roca: Si, si, estamos todas intentando apoiar o convenio, é a nosa esperanza.

A.N.: Polo que sei, tes todo o apoio do teu club, non?

Helen Roca: A nivel club e equipo están todos volcados conmigo. Tamén é certo que ao ser un equipo feminino son máis empáticos. Vente sufrir, as comeduras de cabeza…

A.N.: Son máis solidarios?
Helen Roca: Si, máis solidarios.

A.N.: A raíz do teu embarazo saíu o tema da maternidade coas túas xogadoras?

Helen Roca: Non, ninguén me dixo claramente que decidiran cambiar a súa situación nin que o teñan pensado, pero si que temos xa unha mami no club, Mika, que con 28 ou 29 anos ten tres nenos. É unha máquina, estaba lactando o neno no vestiario e saía xogar.

“Eu, no meu caso, esperei, pero ven que se pode ser mami e seguir xogando”

A.N.: Ademais o rugby é un deporte moi de contacto. Tardou en volver xogar?

Helen Roca: Nada, nada, o xusto para empezar a liga. Entón teñen o exemplo doutras xogadoras. Eu, no meu caso, esperei, pero ven que se pode ser mami e seguir xogando.

 


A difícil decisión de ser nai cando eres deportista
Maternidade e deporte

A difícil decisión de ser nai cando eres deportista

É posible ser nai e seguir competindo?

Existe a conciliación no deporte?

As Nosas aproxímase ao mundo da maternidade a través de tres grandes mulleres do deporte galego.

 


Rebeca Kruse
Rebeca Kruse cunha filla

Rebeca Kruse: “Miñas fillas ven que a súa nai loita por facer algo que lle fai feliz”

A xogadora de voleibol do Aceites Abril está a piques de dar a luz á súa terceira filla e quere volver competir este verán.

 


Lucía Nespereira: "Se es nena, para facer algo diferente tes que ser forte e dura. É unha mágoa, porque facemos nenas superviventes"
Nespereira cos xemelgos.

Lucía Nespereira: “Se es nena, para facer algo diferente tes que ser forte e dura. É unha mágoa, porque facemos nenas superviventes”

A xogadora de fútbol sala deixou de competir durante tres temporadas para coidar dos seus xemelgos, pero voltou, entre outras cousas, para que o seus fillos a visen xogar

Etiquetas ADESTRADORACRATCRAT CoruñaCRAT Residencia RialtaElena RocaentrevistaexperienciaHelen RocaIgualidadematernidaderugby
Comparte402Chía4
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.