• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

Helen Roca: “Decidimos apostar por xente xoven e para nós a aposta foi fructífera”

A adestradora do CRAT Residencia Rialta fai balance dunha tempada complicada, na que o equipo coruñés loitou por moito máis que os obxectivos deportivos

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
27/05/2021
en Rugby, Máis Deporte
O staff técnico do CRAT, con Helen Roca / CEDIDA

O staff técnico do CRAT, con Helen Roca / CEDIDA

208
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • “Podemos dicir que máis da metade do plantel ten dinámica de Liga Iberdrola sen problema ningún”

  • “Tanto Jos coma eu fixemos un máster en psicoloxía”

  • “A parte social do deporte tamén é moi importante, e malia non tela conseguimos facer equipo”

A COVID-19 complicou todas as tempadas deportivas disputadas, pero no caso das que están por profesionalizar o reto foi maiúsculo. Foi o caso do CRAT Residencia Rialta na Liga Iberdrola de rugby, que afrontou un curso inestable e cheo de incertidumes.

Pero á fin da campaña, o equipo adestrado por Helen Roca saiu reforzado co obxectivo de seguir na elite do deporte oval conseguido, pero tamén outro máis importante: o de crear equipo.

– As Nosas: Que valoración fas deste curso no ámbito deportivo?

Helen Roca:  Falando só a nivel deportivo, como era unha tempada rara, decidimos apostar por xente xoven. Creo que foi unha aposta bonita e para nós foi fructífera. Conseguimos que colleran ritmo de competición de División de Honor cando eran rexionais. A nivel resultados é evidente que non íamos conseguir estar tan arriba por todo isto.

Pero estamos contentos. Conseguimos armar un equipo de 50 xogadoras coas que adestramos para chegar ata este nivel. Podemos dicir que máis da metade do plantel ten dinámica de Liga Iberdrola sen problema ningún.

O CRAT 20-21 ao completo / CEDIDA
O CRAT 20-21 ao completo / CEDIDA

-AN: Unha vez rematada a competición regular, que opinión tes do formato?

Helen Roca: Como foi so unha volta de sete partidos, non nos deu tempo a adestrar suficientemente a todas estas xogadoras. Logo xa se viu que si, chegamos moi ben ao que tería sido unha segunda volta, teríamos remontado eu creo por como estabamos evolucionando. Polos pelos non entramos no play off e iso que non era o noso obxectivo.

Helen Roca: “Polos pelos non entramos no play off e iso que non era o noso obxectivo”

Respecto ao formato, non había moito máis tempo. Houbo que aprazar dúas xornadas con Filomena e iso retrasou case un mes a competición. Por datas entendo que non puideron facer nada máis, é o que había.

Ao final vése que chegamos ao final da Liga sen perigo e agora vése que se pode competir mellor e tal. Pero ningúen nos quitou as nosas corentenas ou os adestramentos con máscara, que son máis agobiantes e perigosos. O formato é o que había, se se facía, facíase así xa, non había outra.

-AN: Imaxino que a incertidume marcou o desenvolvemento da tempada

Helen Roca: Nós para empezar non queríamos competir este ano. Parecíanos moi perigoso pola incertidume que había. Nas reunións que tiñamos cos outros adestradores de Liga Iberdrola dicíamos que este ano se non se competía non pasaba nada. Pero a maioría querían competir xa, si ou si, fixeran inversión nos seus planteis, e case todos os equipos que votaron a favor diso querían rentabilizalo.

-AN: Como vos afectou competir en medio dunha pandemia?

Helen Roca: Comezamos con moita incertidume por iso, pola COVID. Non puidemos facer contacto ata mediados de novembro e normalmente comezabamos en agosto. Iso xerou o que xa sabíamos que ía pasar, un maior índice de lesións que en calquera outra tempada.

Houbo paróns como houbo por corentenas, houbo que facer aprazamentos e todo iso descontrola a programación e, por moito que sexas profesional neste tema, a continuidade no adestramento é moi importante para non mancarse.

O CRAT Residencia Rialta volve á competición na Liga Iberdrola / CRAT
O CRAT Residencia Rialta / CRAT

Ao final pagáronno as xogadoras, no noso equipo e en todos os equipos. Pedimos disculpas ás xogadoras. Intentamos non xogar, pero unha vez tivemos que facelo intentamos programar todo o que puidemos e contraprogramar e reprogramar durante toda a tempada a nivel preparación física e a nivel táctico.

Helen Roca: “Tanto Jos coma eu fixemos un máster en psicoloxía”

-AN: Por primeira vez en cinco anos, o CRAT competiu por non descender en lugar de facelo polo título. Como se sobreleva este cambio?

Helen Roca: As xogadoras sobrepuxéronse moi ben ao grupo chamado de permanencia, que sempre é máis duro psicolóxicamente. Nós desde o principio démoslles a nosa confianza, a nivel psicolóxico este ano foi brutal.

Helen Roca: “Nós desde o principio démoslles a nosa confianza, a nivel psicolóxico este ano foi brutal”

Tanto Jos (Portos) coma eu fixemos un master en psicoloxía. Desde a adaptación COVID, ás reprogramacións, ter ás xogadoras metidas na nosa burbulla, poder competir por un descenso. Todo o estrés que puideron ter creo que o levamos ben e todas remataron con bo sabor polas últimas vitorias.

-AN: Na fase final, competichedes sen problemas, sendo as mellores do grupo. Como despedichedes a tempada?

Helen Roca: Rematamos cunha actitude brutal a última fase. Dímoslles a confianza desde o principio de que podíamos estar arriba. Xa o dicían elas ao rematar o partido ante o Eibar: Quedamos quintas a narices, si ou si, g

Eibar Rugby Taldea vs CRAT Residencia Rialta / YOUTUBE EIBAR
Eibar Rugby Taldea vs CRAT Residencia Rialta / YOUTUBE EIBAR

añamos todo o que queda. Hai que demostrar que poderíamos ter estado arriba.

Aínda que logo os partidos foron moi duros, porque no rugby non hai nada doado, os partidos foron igualados. A parte de ver que podes e que podes creo que axudou bastante para manternos por riba do marcador.

-AN: Cal foi o maior reto deste curso?

Helen Roca: Facer un equipo case novo. Como tivemos lesións moi importantes do que sería o equipo titular de Liga Iberdrola, o máis difícil foi ter conxuntado ás xogadoras para ter nivel en División de Honor. Que ao final foi necesario, porque se non ao mellor íamos ao pozo. O reto era ese, apostamos por non traer fichaxes que tiran máis do equipo, Aquí as xoves tiñan o reto de estar xa a ese nivel e a ese ritmo de Liga Iberdrola. Por iso o obxectivo conseguido da tempada é darlles a confianza de poder xogar en Liga Iberdrola e de ti a ti a xogadoras con moita experiencia.

–AN: Antes de iniciar esta campaña, comentabas a As Nosas que o obxectivo era o de crear equipo. Está conseguido?

Helen Roca: Este ano non tivemos a parte social, os terceiros tempos. Tiñas o contacto no campo, dábasche no placaxe e logo non tiñamos o terceiro tempo. Non houbo contato, non tivemos a parte social. E nós tampouco podíamos quedar fóra polas restriccións. Malia iso, porque a parte social do deporte tamén é moi importante, conseguimos facer equipo, que xa é o dobre mérito, porque as xogadoras portáronse chapó.

Helen Roca en acción coas xogadoras do CRAT / CEDIDA
Helen Roca en acción coas xogadoras do CRAT / CEDIDA

Fóra víase moi bo roio, pero onde realmente víase máis, ademais de no campo, onde transfórmase no xogo, foi nas viaxes, ao durmir nos hoteis, etc. Foi o único momento que tivemos de rugby social. O equipo dentro do campo conseguiuse totalmente e fóra tamén.

Etiquetas CRATCRAT Residencia RialtaHelen RocaLiga Iberdrola rugbyrugby
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.