Os éxitos do rugby feminino galego están ligados nos últimos anos ao CRAT Residencia Rialta da Coruña. O nome da entidade da pistas da súa orixe. o CRAT fundouse no ano 1976 por un grupo de alumnos da escola de aparelladores e de aí saen as siglas polas que se coñece ao Club Rugby Arquitectura Técnica da Coruña. Elas, as xogadoras do equipo feminino, son hoxe en día, o referente dunha entidade da que teñen saído nos últimos anos varias deportistas internacionais e que milita na Liga Iberdrola, a máxima categoría desta disciplina no ámbito estatal.

Ao frente da dirección deportiva e facendo dúo como adestradora con Jos Porto, está Helen Roca. Non hai tanto que a técnica do CRAT defendía a súa elástica na cancha, ela tamén foi Leona e xogou coa Selección Española. Agora, desde o banco coruñés, repasa o ano 2020 para as máximas representantes galegas do deporte oval.
Que balance deportivo fai do ano 2020?
O 2020 foi un ano no que as competicións se detiveron de xeito abrupto, polo que houbo moitos bloques deportivos que se quedaron con moitas ganas de poder seguir competindo. Máis aló dos resultados, a práctica deportiva é a súa paixón, e o desfrute dos momentos de xogo e adestramento, esfumáronse de súpeto sen que puidesen facer nada. Se cadra por iso, hai no deporte quen cando fai balance do ano 2020 o que sinte é mágoa. É o caso de Helen Roca que di sentir “Pena, por non poder competir todo o que queríamos, sen que importaran clasificacións”.
Que foi o mellor deste ano que rematou?
No apartado positivo coloca Helen Roca a “todas as xogadoras que viñeron para crecer con nós nesta tempada” e tamén que no 2020 “aprendemos a desfrutar cada momento de rugby que temos agora de rugby”. Posiblemente por esa máxima de que unha cae na conta do que ten cando o perde, e ninguén contaba con perder así, de súpeto a práctica deportiva.
Que lle pide o CRAT ao 2021 coma equipo?
De cara ás expectativas que Helen Roca ten postas no ano 2021, a adestradora do CRAT Residencia Rialta apunta a “formar un equipo con mellora deportiva e social”, tamén a que as xogadoras “teñan todas as oportunidades posibles de xogar”. E como reto deportivo, plantexa “mellorar partido a partido con obxectivos cuantificables”.
