Non conseguen as coruñesas do Hockey Club Coruña Feminino (HCCF) sacar a cabeza na mala xeira de resultados que acumulan. Nesta 22.ª xornada da OkLiga Iberdrola as herculinas asinaron a súa quinta derrota consecutiva. Son xa meses sen catar o sabor da vitoria, desde febreiro cando se impoñía 2-1 ao Orkla Bigues I Riells. Desta volta as galegas caían derrodas co CP Vila-Sana Coop D´ivars que viña de se proclamar campión da Copa Intercontinental. As catalás vencían no Pazo dos Deportes de Riazor por un marcador de 0-2.
Maila derrota, foi un partido caracterizado por un dominio constante do Hockey Club Coruña Feminino (HCCF), especialmente na primeira parte, aínda que sen acerto nos metros finais. O CP Vila-Sana Coop D´ivars, pola súa banda, mostrouse letal en ataque e soubo aproveitar as súas oportunidades para levar os tres puntos.
Nada máis comezar o encontro, Daiana Silva adiantou ao CP Vila-Sana Coop D´ivars cun gol que sorprendeu ao conxunto local. A pesar de que o Hockey Club Coruña Feminino (HCCF) mantivo o control do xogo e xerou varias ocasións claras, un erro defensivo permitiu a Victoria Porta anotar o segundo gol para as visitantes, que se marcharon ao descanso cunha vantaxe de 0-2.

O partido chegaba ao descanso cun claro dominio local, pero con pouco acerto. Na segunda metade, o guion do partido mantívose: dominio territorial do Hockey Club Coruña Feminino (HCCF) pero sen efectividade. No minuto 34, Laia Juan protagonizou a ocasión máis clara, cun disparo que se estrelou no pau. As imprecisións nos pases de ambos os equipos foron constantes, aínda que o equipo local continuou levando a iniciativa.
No minuto 37, unha contra conducida por Fernanda Muñoz acabou de novo nos pés de Laia Juan, que volveu atoparse coa madeira. A xogadora do Coruña foi unha das máis destacadas do partido, con continuas penetracións, velocidade e disparos desde media distancia. Minutos despois, tras un roubo de balón de Fernanda Muñoz , Laia Juan volveu probar sorte cun disparo potente que obrigou á porteira do CP Vila-Sana Coop D´ivars, Anna Salvat a empregarse a fondo.

A pesar das transicións rápidas e as múltiples chegadas do Hockey Club Coruña Feminino (HCCF), o gol non chegou. Xa no minuto 45, o CP CP Vila-Sana Coop D´ivarstamén tivo unha ocasión clara cun disparo ao pau nunha contra perigosa, demostrando que non renunciaba a ampliar a vantaxe. Onde Ari Escalas empregar a fondo. O encontro finalizou cun 0-2 a favor do CP Vila-Sana Coop D´ivars, que soubo xogar con intelixencia, aproveitar os seus momentos e resistir as arremetidas do Hockey Club Coruña Feminino (HCCF), que pagou cara a súa falta de acerto.
O HCCF ocupa a 9.ª praza da OkLiga Iberdrola
O equipo coruñés segue cunha serie de resultados negativa. Desde que empatara 1-1 co CP Voltregá Movento Stern na xornada 17.ª, o conxunto herculino sumou derrota tras derrota:
- J 18.ª – Hockey Club Coruña Feminino vs Martinelia Manlleu 0-3
- J 19.ª – Bembibre Hockey Club vs Hockey Club Coruña Feminino 6-1
- J 20.ª – Hockey Club Coruña Feminino vs Telecable Hockey Club 1-2
- J 21.ª – Generali HC Palau vs Hockey Club Coruña Feminino 5-0
- J22.ª – Hockey Club Coruña Feminino vs CP Vila-Sana Coop D´ivars
As coruñesas non acadan un triunfo na OkLiga Iberdrola desde que se impuxeran 2-1 en febreiro ao Orkla Bigues I Riells
Na clasificación todo segue igual, o equipo ocupa o 9.º posto na táboa da OkLiga Iberdrola, con 22 puntos.
Duelo entre galegas na OkLiga Iberdrola no Día das Letras Galegas
Na vindeira xornada a OkLiga Ibedrola vivirá un duelo de rivalidade galega xa que o Hockey Club Coruña Feminino (HCCF) visitará a cancha do Hockey Club Raxoi de Compostela. O choque, pertencente á 23.ª xornada da máxima categoría do hoquei feminino estatal, está previsto para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das 20:15. As santiaguesas, debutantes na categoría, son as pechacancelas con 9 puntos no seu haber.
Na primeira volta as herculinas do Hockey Club Coruña Feminino (HCCF) vencían ás compostelás por un marcador rotundo: 8-0.
O Hockey Club Raxoi suma tres vitorias este primeiro curso na máxima categoría, a OkLiga Iberdrola, colleitadas ante os seguintes rivais:
- Cerdanyola Club D´Hoquei (6-7).
- Lidergrip CH Mataró (2-1).
- Orkla Bigues i Riells (2-3).





















