• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Hoquei

O HC Raxoi, á procura dos apoios para competir na OkLiga a dous días da inscrición

O presidente da entidade compostelá, Miguel Rodríguez, explica: "Precisamos 140.000€ e temos 90.000€ " | O club galego que adestra Ainhoa García conseguiu o ascenso a elite pero precisa patrocinios para poder competir

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/07/2024
en Hoquei, Máis Deporte
HC Raxoi / HC RAXOI

HC Raxoi / HC RAXOI

271
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

 

Hai nada que o HC Raxoi conseguía nas pistas o ascenso á OkLiga, a máxima categoría do hoquei a patíns femino estatal onde xa xoga o Hockey Club Coruña Feminino. Coa súa chegada a esta competición Galicia, e concretamente a provincia da Coruña, tería dous equipos na elite desta disciplina deportiva.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Hockey Club Raxoi (@hcraxoi)

Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

A festa foi grande e merecida. Pero logo da festa polo conseguido deportivamente empezaba o traballo da directiva para poder facer realidade o ascenso máis aló dos puntos. Foi entón cando chegou o atranco de acadar os apoios económicos suficientes para poder competir nesta categoría en condicións.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Hockey Club Raxoi (@hcraxoi)

O presidente da entidade, Miguel Rodríguez, explica que a tal hora teñen conseguido 90.000€ dos 140.000€ que fan falta para que o equipo de OkLiga de cara ao curso 2024-25. Mañá martes 9 de xullo teñen que facer a inscrición e o mércores 10 terían que poñer cartos sobre a mesa para que fose efectiva. O tempo corre.

Con todo, Miguel Rodríguez é optimista. “Ímonos inscribir”, adianta. E avanza esperanzado que están pendentes dunha reunión que, “de saír ben” suporía que o club podería incluso incorporar a un filial na OKPrata feminina para que o salto de categoría autonómica non fose tan grande e se poidan formar as xogadoras sen que dean un triplo salto desde a liga galega a unha competición que é das mellores do mundo.

🔘 BUSCANDO PATROCINIOS | O @HockeyCRaxoi de Santiago acaba de lograr o ascenso á máxima categoría, pero a falta de apoio económico dificulta a súa presenza na liga profesional | @ainarasuarez15 @suso_rivas | https://t.co/gRSfui4BlL pic.twitter.com/O4krVEJoVk

— RTVEGalicia (@RTVEGalicia) July 2, 2024

Ainhoa García é a adestradora que subiu ao equipo e que seguirá á fronte do banco do HC Raxoi o vindeiro curso. En principio, militando na OkLiga Ibredrola a máxima categoría do hoquei a patíns feminino español.

AS NOSAS: Conseguíchedes o ascenso pero estades a ter complicacións para acadar patrocinios que cubran o orzamento. E así?

MIGUEL RODRÍGUEZ: Si. hai que ter en conta toda a traxectoria do club. Temos dous equipos en categoría nacional, un en Ok Prata feminina e outro en Ok Bronce masculino, pero somos un club de base como estrutura. Ata o momento o apoio de institucións públicas era mínimo. Non tiñamos convenios específicos. Co cal o esforzo que levamos facendo nestes anos saíu directamente da xestión do club.

Que pasa agora? Que damos un salto da segunda categoría nacional a unha primeira categoría nacional. Ao máximo nivel. Pero ese salto é un salto como de 2 ou 3 niveis xa que o primeiro nivel e semi profesional e implica un mínimo de 10 viaxes a Cataluña. Se multiplicas 10 por 3.500€ aproximadamente que será o que vale ir en avión estamos falando que son en viaxes xa estamos falando de bastante máis do orzamento global para participar en Segunda División (Ok Prata). E iso sería só unha partida.

HC Raxoi / HC RAXOI
HC Raxoi / HC RAXOI

AS NOSAS: Pero hai máis gastos, o orzamento é maior…

MIGUEL RODRÍGUEZ: Nos fixemos un orzamento para competir. O obxectivo non é participar este ano gastarnos un montón de pasta, facer un esforzo organizativo e logo descender. Queremos intentar manternos. Ese orzamento son entre 140.000 e 150.000 euros.

O salto é dunha categoría que é 2.ª nacional, que aínda que tocas seis comunidades autónomas (Madrid, Valencia, País Vasco, Navarra, Asturias e Galicia) os desprazamentos son os que son e compites coas rapazas que ti formas. Cando da falas de dar o salto a OK Liga Iberdrola xa estás falando de competir cos mellores equipos de Europa. Non é un salto tradicional de 2.ª a 1.ª, é un escalón moito maior. Por iso o orzamento multiplícase unha barbaridade.

O @HockeyCRaxoi busca completar o orzamento para xogar na @okliga_oficial 💵

📈 Gañou a praza na pista pero fáltanlle 50.000 euros para garantir a viabilidade na máxima categoría

📋 Nun mes ábrese o proceso de inscrición pic.twitter.com/Z6yHcqGxh3

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 19, 2024

AS NOSAS: Canto tiñades de orzamento ata agora?

MIGUEL RODRÍGUEZ: O orzamento global do club, en perdas cada ano, rondaba os 100.000 euros. Pero estamos falando de doce equipos en total. Dous en categoría nacional e 10 de base.

AS NOSAS: Canta xente move o club?

MIGUEL RODRÍGUEZ: Actualmente entre clubs de base, senior (nacionais e autonómicos), adestradores, delegados… temos 93 licencias.

Realmente o orzamento para só para o equipo de OkLiga Iberdrola supera o orzamento global que tiñamos para todo o club. Non podemos quitar orzamento do club de base para levalo a nacional. É imposible, sería unha tolemia e a ruina do club. O que temos que facer é orzamento propio para o equipo de OkLiga Ibedrola. É a única forma de conseguir a viabilidade do club. O outro é hipotecar o club e tirar o traste todo o traballo que levamos facendo durante tanto tempo.

Aí está a dificultade: conseguir nun mes e pico un 75-80% do orzamento sabendo que logo sempre podes conseguir algo máis durante o camiño. Pero precisamos partir en setembro dun mínimo de liquidez. Non de compromisos.

AS NOSAS: Cantos cartos xuntáchedes a tal hora?

MIGUEL RODRÍGUEZ: Rondamos os 90.000 €

AS NOSAS: Quen vos está apoiando?

MIGUEL RODRÍGUEZ: Varias administracións e logo temos empresas que teñen manifestado o seu apoio ao proxecto en caso de saír que serían: Ozona Tech, Joyería Jael, Moldionics, Bahía Software, Limpiezas Germania, Toyota Compostela Motor, Cinfo Sl e Estrella Galicia. Hai outras que están valorando sumarse.

Fixemos unha campaña para conseguir a financiación pensando en que non iamos conseguir un patrocinio de 150.000 pero si poderíamos conseguir 30 de 5.000€. Quédannos sobre 40.000 euros aproximadamente.

Nestes días imos sacar unha campaña de micromecenazgo e temos pendentes outras polo camiño, así que poderemos saír. Eu creo que si.

Miguel Rodríguez: “O presuposto para o equipo de OkLiga supera o que tiñamos para todo o club”.

AS NOSAS: Sería frustrante ter acadado na cancha un ascenso á elite e logo non poder disputar a competición por non ter apoios

MIGUEL RODRÍGUEZ: Si, o problema que estamos a ter é ese. Os apoios que temos son os que son. Ascendes, pero non tes un fondo, un remanente que che permita a inscrición.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Hockey Club Raxoi (@hcraxoi)

AS NOSAS: Por como estás falando a situación é complicada pero ides saír a competir na OkLiga, entendo que non quedaríades na OkPrata?

MIGUEL RODRÍGUEZ: Saímos en OkLiga. Mañá temos unha reunión moi importante. Nesa xuntanza definirase se saímos cun equipo en OkLiga Ibedrola e outro en OkBronce masculina, ou temos ademais un equipo en OkPrata feminina. Dado que o equipo senior feminino foi campión galego gañou o dereito a participar.

AS NOSAS: Estamos falando de que poderíades ter un filial na OkPrata feminina?

MIGUEL RODRÍGUEZ: Correcto. Sería a estrutura fantástica para todas estas rapazas que están saíndo do club pero que teñen 15, 16 ou 17 anos e o salto a OkLiga Iberdrola é moi grande, poderían ter esa categoría por debaixo que lles permita seguir competindo.

A liga senior feminina en Galicia é moi curta. Non tes unha competición de nivel que che permita seguir sacando xogadoras. Iso faise en OkPrata. Precisas ese escalón intermedio para que poidan competir a nivel.

Esa estrutura marea por loxística, e organización, son equipos, pistas, mesas…

AS NOSAS: Falabas de facer un equipo para competir, entendo que nese sentido pratéxanse reforzos para poder ter un equipo con garantías?

MIGUEL RODRÍGUEZ: Si, claro. Efectivamente. Cal é o problema que estamos a ter, que por esta incertidume de se saímos ou no saímos, de se conseguimos o diñeiro ou non, se temos apoios ou non… Nós tiñamos unha relación de xogadoras que nos interesaban. Incluso xogadoras que se puxeran en contacto co club que estaba interesadas no noso proxecto. A estas alturas case todas xa ficharon ou renovaron por outros equipos.

Así que pode ser que nos inscribamos, pero no teñamos reforzos. Ese é un problema que nos agobia bastante, pero éche o que hai!

HC Raxoi / HC RAXOI
HC Raxoi / HC RAXOI

Na despedida da conversa o presidente do HC Raxoi volve botar man das cifras para poñer e valor o que este equipo de hoquei ten para ofrecer á capital galega. “Se temos 3 equipos en nacional son 35 equipos que visitarán Santiago, deles 10 veñen en avión, que pernoctar con 10-12 persoas por equipo, deixa un retorno á cidade”.

Etiquetas HC RaxoihoqueiMiguel RodríguezOkLiga
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

HC Coruña Feminino vs CH Mataró / MANU BOUTUREIRA

Un empate entre HC Coruña Feminino e CH Mataró (2-2) sentenza ás catalás ao descenso

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  O  HC Coruña Feminino e o  CH Mataró asinaron un empate vibrante (2-2) nun duelo cargado de emoción, presión...

O HC Coruña no Pazo dos Deportes de Riazor / MANU BOUTUREIRA - HC CORUÑA

HC Coruña recibe ao CH Mataró que se xoga a salvación

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

Este domingo báixase o pano da tempada regular na OK Liga Iberdrola 2024-25 para o HC Coruña cun encontro que,...

Hockey Club Coruña Feminio (HCCF) vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O HCCF suma a súa quinta derrota consecutiva ao perder 0-2 co CP Vila-Sana

por Redacción As Nosas
10/05/2025
0

Non conseguen as coruñesas do Hockey Club Coruña Feminino (HCCF) sacar a cabeza na mala xeira de resultados que acumulan....

O HC Raxoi milita noa OkLiga Iberdrola / HC RAXOI

Chega a 1.ª vitoria do HC Raxoi na OkLiga Iberdrola

por Redacción As Nosas
10/11/2024
0

  Primeira vitoria na OKLiga Iberdrola para o HC Raxoi, un resultado de 6-7 a domicilio na pista do Cerdanyola...

HC Coruña Feminino vs Club Patín Fraga / HC CORUÑA - MANU BOUTUREIRA

O HC Coruña cae derrotado pola mínima diante o Fraga (2-3) colleitando a súa primeira derrota da tempada na OkLiga Iberdrola

por Redacción As Nosas
06/11/2024
0

  O CP Esneca Fraga consegue impoñerse ao HC Coruña 2-3 nun partido emocionante no que ambos os dous conxuntos...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

16/07/2025
Novo escudo do Ourense Ontime FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

O Ourense Ontime FSF redeseña o seu escudo e incorpora unha flor de toxo con moito significado

16/07/2025
Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO

As seleccións de Galicia fan o seu ‘Camiño Celta’ en Irlanda con tres días preparando os World Games”

15/07/2025
Selección Galega / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Galicia remata en sexta posición o Campionato de España de Atletismo de federacións autonómicas

14/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.