• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Hoquei

O HC Deportivo Liceo visita a cancha do Cerdanyola coa intención de plantarlle cara ao seguinte coco da OK Liga

Stanis García volverá a ser adestrador do equipo a partir do luns

Silvia Carregal por Silvia Carregal
26/11/2021
en Máis Deporte, Hoquei, Sobre rodas
A chilena Bea Gaete, xogadora do HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

A chilena Bea Gaete, xogadora do HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

42
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

O éxito é das valentes. E no HC Deportivo Liceo non lle temen a ningún rival. Sentidiño, cabeza, traballo e fouteza. As verdibrancas levan un triunfo, un empate e unha derrota logo de tres xornadas no seu retorno á Ok Liga. O arranque de competición tiña para as galegas un calendario complicado que aínda non rematou. O seguinte coco ao que terá que plantarlle cara é o Cerdanyola CH Feníe Energía ao que se miden mañá, sábado 27 de novembro, a partir das 20:30 horas. Arbitrará o partido o colexiado Franciso Moreno Tudela.

HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

O conxunto liceísta visita así a un dos equipos máis fortes da máxima categoría do hoquei a patíns español. Nesta cuarta xornada ligueira o HC Deportivo Liceo quere refrendar o seu bo arranque de competición. Facelo ante un dos grandes, e na súa cancha sería unha confirmación do estado de forma das galegas.

O rival das coruñesas ocupa a sexta praza na clasificación, é dicir, está xusto por encima das representantes galegas na OK Liga. So perdeu co Generali HC Palau de Plegamans (1-3) pero a derrota foi dolorosa xa que o seu público aínda non as viron gañar. Colleitou vitorias ante o Lidergrup CH Mataró na primeira xornadae co CP Las Rozas na terceira, ambas as dúas por un marcador de 0-4.

HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
A xogadora Lucía Yáñez do HC Deportivo Liceo durante o partido contra o Telecable / SABELA MOSCOSO

O HC Deportivo Liceo, tras tres xornadas, xa catou o triunfo (Bigues i Riells, 5-1), a derrota (Martinelia Manlleu, 3-1) e o empate (Telecable HC, 5-5). Suma así catro puntos de nove posibles. Pero na súa lista de rivais xa van fóra dous dos clubs que aspiran a todo nesta tempada. Outro deles, será, como dicíamos, o seu contrincante nesta cuarta xornada.

Bea Gaete regresa ao equipo como MVP e campioa no Panamericano

Na lista de convogadas para este compromiso o HC Deportivo Liceo, que recupera o concurso da xogadora internacional chilena Bea Gaete que regresou á cidade herculina logo de impoñerse coa súa selección no Panamericano.

Bea Gaete colgouse a medalla de ouro ao pescozo e ademais foi proclamada MVP do torneo. Sen ela as coruñesas empataron ao Telecable e incluso se puxeron por diante. O seu concurso aumentará as posibilidades do conxunto liceísta.

Bea Gaete, xogadora do HC Deportivo Liceo no partido contra do Bigues i Riells, Riazor / SABELA MOSCOSO
Bea Gaete, xogadora do HC Deportivo Liceo no partido contra do Bigues i Riells, Riazor / SABELA MOSCOSO

Como soñar non custa nada, se o HC Deportivo Liceo vence na cancha do Cerdanyola, as galegas subirán un posto na táboa colocándose sextas e poñendo por debaixo ás súas rivais desta xornada. Sobre o papel debera ser unha tarefa complicada para un equipo acabado de ascender, pero non imposible. Quen dixo medo?

O HC Deportivo Liceo xa ten adestrador: Stanis García

Segundo vén de anunciar o conxunto verdibranco, o primeiro equipo feminino liceísta contará con novo adestarador a partir do vindeiro luns. Trátase de Stanis García, que substituirá á dupla conformada no banco coruñés por Noemí Uzal e Marc Godayol que seguirán a desempeñar as súas tarefas previas no staff do conxunto galego (delegada e preparador físico).

O técnico asturiano Estanislao García Requejo Stanis, que ocupará o lugar ao que renunciou logo dunha xornada de competición disputada Carlos Loureiro, xa dirixira ao equipo feminino no pasado. García, neste momento, xa formaba parte do corpo técnido do HC Deportivo Liceo xa que estaba á fronte do conxunto masculino de OK Liga prata do HC Deportivo Liceo. Trátase, polo tanto, dun home da casa.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Hockey Club Liceo Feminino (@hcliceofem)

Mirando máis aló desta xornada, o quinto oso a roer polas galegas será na seguinte quenda. Na xornada quinta visita o Pazo dos Deportes de Riazor o Palau, será o 4 de decembro. Pero imos primero co partido de Cerdanyola. Un pasiño de vez.

Noemí Uzal: “Para ter opcións todo pasa por que fagamos unha defensa forte e dura”

Etiquetas Bea GaeteCerdanyolaEstanis GarcíaHC Deportivo LiceohoqueiMarc GodayolmvpNoemí UzalOK Liga
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Control de hoquei a patíns da / FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Convocatoria de control de hoquei a patíns para deportistas de oito clubs galegos

por Redacción As Nosas
01/06/2022
0

  A Federación Galega de Patinaxe (FGP) informa da convocatoria de 11 xogadoras para un control de hoquei a patíns...

Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabiel Alén, inaugurou o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey / XUNTA DE GALICIA

Galicia conta cun NADE da Federación Galega de Hóckey en Mariñamansa

por Redacción As Nosas
25/05/2022
0

  O obxectivo deste NADE é que os esforzos materiais e orzamentarios -a partida para a federación galega increméntase nun...

Bea Gaete e María Sanjurjo, xogadoras do HC Liceo / SABELA MOSCOSO

Remontada final do Liceo na cancha do Igualada

por Redacción As Nosas
22/05/2022
0

  A loita ata o último suspiro que caracteriza o xogo do HC Deportivo Liceo viviu un novo capítulo en Les...

Xogadoras liceístas do Hockey Club Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

Visita liceísta ao Igualada

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  Sen presión e sen nada en xogo. Os finais de tempada sempre son máis tranquilos cos deberes listos. É...

María Sanjurjo e Adriana Soto / SABELA MOSCOSO

Goleada e sexto posto asegurado para o HC Deportivo Liceo

por Redacción As Nosas
15/05/2022
0

  O Deportivo Liceo vence ao Xirona de forma contundente e terminará a OK Liga Feminina como sexto clasificado a...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Iria Barreiro Navarro, campioa galega benxamín, Celia Cerviño foi a campioa absoluta / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

Celia Cerviño, campioa Galega Absoluta de tenis

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.