• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Hoquei

O HC Liceo confirma a cesión da súa praza na OK Liga Iberdrola a «unha nova entidade»

"A Coruña e Galicia seguirán representadas na máxima categoría do hóquei sobre patíns feminino", aseguran desde o club verdibranco

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/05/2023
en Hoquei, Máis Deporte, Sobre rodas
O HC Deportivo Liceo festexa un gol / SABELA MOSCOSO

O HC Deportivo Liceo festexa un gol / SABELA MOSCOSO

177
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O HC Liceo vén de facer público a través dun comunicado que se da inicio a unha «nova etapa na xestión do equipo feminino e cesión da súa praza de OK Liga«.

Durante semanas o ruxe ruxe estaba na cidade da Coruña. O HC Liceo non estaba en condicións de manter o seu equipo feminino na máxima categoría. Pero na entidade herculina tampouco se quería que o esforzo de chegar ata a elite cun club galego feminino de hoquei a patíns quedase en nada. Así que se buscaron opcións para intentar que a cesión da súa praza fose para algunha entidade coruñesa ou galega. Hoxe chega a confirmación en forma de comunicado do club coruñés.

Explican desde a entidade verdibranca que «debido á complicada situación que atravesa temporalmente a institución o Hockey Club Liceo chegou a un acordo final para a cesión da praza de OK Liga Feminina a unha nova entidade que, desde o inicio da próxima tempada, farase cargo da xestión deportiva e económica do equipo».

HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO
O HC Deportivo Liceo militou este curso 2022-23 na OK Liga Iberdrola / SABELA MOSCOSO

Aseguran desde o HC Liceo que a decisión, «baseada unicamente en motivos económicos que fan inviable a continuidade do proxecto, pon fin a unha etapa na que o Hockey Club Liceo dedicou innumerables esforzos económicos para conseguir que os seus dous primeiros equipos lograsen grandes éxitos deportivos».

O equipo queda na Coruña pese a non ser do HC Liceo

Amosan desde o club coruñés o seu «agradecemento á Xunta de Galicia polo compromiso que mostrou para garantir a estabilidade desta nova iniciativa, conseguindo desta forma que Galicia e A Coruña sigan representadas na máxima categoría do hóckey sobre patíns feminino».

Segundo indican desde o HC Liceo, «o acordo, produto de múltiples negociacións entre as partes implicadas, recolle a boa vontade do Hóckey Club Liceo que, a pesar de contar con opcións economicamente máis satisfactorias, fixo prevalecer a continuidade do proxecto nesta cidade».

HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

No comunicado feito público polo Hockey Club Liceo relátase que mediante este acordo, ceden «totalmente e con efecto inmediato a xestión global do equipo feminino. Aínda que o HC Liceo farase cargo dos compromisos económicos derivados da xestión realizada ata o final da presente tempada e negociados cos novos responsables, para un mellor inicio da nova xestora».

Cambio de nome

O que é inevitable é o cambio de nome do novo equipo ao deixar a entidade verdibranca. Tal e como explican desde o club coruñés: «O acordo recolle que a entidade xestora entrante terá potestade para elixir a nova identidade visual e corporativa do proxecto, que deixará de denominarse Hockey Club Liceo Feminino».

Desde a entidade liceísta agradecen «a xogadoras e corpo técnico o compromiso mostrado co equipo a pesar das dificultades sufridas, así como o respaldo recibido polas entidades públicas e privadas e o apoio dunha afección que sempre estivo á beira da entidade».

Xogadoras do Hockey Club Deportivo Liceo, corro fin de partido / SABELA MOSCOSO
Xogadoras do Hockey Club Deportivo Liceo, corro fin de partido / SABELA MOSCOSO

O Hockey Club Liceo «lamenta que a falta de medios impedisen seguir adiante coa óptima xestión dun proxecto polo que a entidade apostou de forma incondicional e sen ningún tipo de dúbidas, a propósito das dificultades económicas que iso supoñería para o conxunto do club».

Desde o histórico club coruñes se desexa «a mellor das sortes ao novo proxecto que agora arrinca para que o hóquei feminino desta cidade poida seguir crecendo nun contexto máis favorable e cheo de éxitos deportivos como tivo ata o de agora».

O Hockey Club Liceo militou este curso 2022-23 na Ok Liga Iberdrola, a máxima categoría do hóquei a patíns española, rematando a liga regular na quinta praza, a un paso de entrar no play-off polo título. Conseguiu gañar 13 partidos, empatou tres e perdeu dez.

Este curso o conxunto herculino facía historia ao debutar en competición europea e ser así o primeiro equipo galego feminino de hoquei sobre patíns en disputar un torneo continental. Nesta a súa primeira vez na Liga Europea feminina a Champions League de hóquei a patíns, as verdibrancas chegaron a cuartos de final.

Etiquetas A CoruñaHC Deportivo LiceoHC Liceohoquei
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

por Redacción As Nosas
11/10/2026
0

A Selección Española feminina de hoquei a patíns proclámase campioa do mundo coa galega María Sanjurjo nas súas filas. Con...

Imaxe de arquivo do programa Coruña en Forma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello converte a cidade nun ximnasio ao aire libre cunha nova edición de “Coruña en forma”

por Redacción As Nosas
27/06/2026
0

A Coruña volverá facer do deporte un dos grandes protagonistas do verán cunha nova edición de Coruña en forma, o programa...

Gala da AFAC en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Un milleiro de futbolistas de base celebran o remate da tempada 2025/2026 na Gala da AFAC

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Palacio Municipal dos Deportes de Riazor acolleu esta tarde a gala de entrega de trofeos das competicións de fútbol-8...

Cea do Deporte da Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Cea do Deporte da Coruña recoñece a 15 deportistas e entidades polos seus éxitos e traxectoria

por Redacción As Nosas
29/05/2026
0

ExpoCoruña acolleu esta noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña. Esta tradicional celebración foi recuperada no...

A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

  A xogadora coruñesa María Sanjurjo vén de proclamarase campioa de Europa defendendo a elástica doCP Esneca Fraga. É a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Falas Dépor / RCD

‘Falas Dépor’, unha serie de conversas arredor dun RC Deportivo que é moito máis que fútbol

13/11/2026
Podio da proba do Superprestixio Ciclocross no Porriño / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Rebeca Fontela e Néstor Frías asaltan o Superprestixio na dobre xornada vivida esta fin de semana no Rosal e no Porriño

10/11/2026
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
A Carreira Popular San Martiño celebrase en Ourense / FGA

Máis de 11.000 participantes na Carreira Popular do San Martiño en Ourense

09/11/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.