Carlos Loureiro non seguirá enrolado no proxecto do Hockey Club Deportivo Liceo Feminino. Decidiuno así o xa antigo adestrador do equipo tras conversacións co club. Segundo informa a entidade verdibranca, o adestrador galego optou por non aceptar as condicións de traballo ofrecidas. “A noticia foi comunicada á directiva nas últimas horas”, din desde o equipo coruñés.
O HC Deportivo Liceo lamenta a renuncia de Carlos Loureiro, responsable do regreso do Feminino á OK Liga, á vez que lle desexa a maior dás sortes nos seus futuros proxectos persoais.
A entidade traballa desde este momento para seleccionar ó seu sucesor.
Mentres tanto, Noemí Uzal e Marc Godayol dirixirán ás xogadoras na súa vindeira visita ó Martinelia CP Manlleu. O partido está previsto en cancha catalana para o vindeiro sábado 13 de novembro ás 18:00 horas.
Carlos Loureiro: “Hai equipo para meterse nos seis primeros da competición”