• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Hoquei

O HC Borbolla gana o seu primeiro partido na casa e golea ao Girona 4-0

A porteira chilena Fernanda Tapias foi unha das destacadas do choque xunto con Lara Yáñez que anotou dous goles

Silvia Carregal por Silvia Carregal
08/12/2020
en Máis Deporte, Hoquei, Sobre rodas
HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL

HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL

211
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O HC Borbolla impose en Monte Alto ao Garatge Plana Girona CH por un marcador de 4-0. O triunfo, ademais de ser o primeiro das ‘tomatitas‘ (que nesta ocasión vestían de azul) na súa casa, supón un importante paso para as coruñesas na súa loita por manterse ao final de tempada na Ok Liga Feminina.

Pode que o HC Borbolla leve so dous partidos gañados no que vai de competición, pero atinou á hora de elixir os rivais aos que impórse. A domicilio, as coruñesas impuxéronse ao CP Alcorcón na xornada 8ª (2-3). Agora, recuperan o partido pendente da sexta co Garatge Plana Girona CH e vencen por 4-0 en feudo propio. Alcorcón e Girona son xustamente os dous equipos que acompañan ás galegas na zona baixa da táboa.

Como noutras ocasións acontecera no sentido contrario, o marcador de 4-0 non reflicte o acontecido no partido. O HC Borbolla tivo que loitar con ansia para impórse a o conxunto visitante que adestra Andreu Graupera. Non foi un triunfo tan doado como pode facer pensar o avultado resultado que recolleou o luminoso ao final do tempo regulamentario.

O adestrador local, Santi Martínez, explicaba que o equipo que prepara levou o “control do partido. Por fortuna saíu, máis ou menos, como tiñamos planeado. Pero foi moi difícil. Erramos moitas ocasións de gol o que en moitos casos lévache á derrota. Pero hoxe saíunos ben”, apuntaba o técnico das galegas.

HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL
HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL

Quedaban dez minutos para o final do primeiro período cando chegou o gol co que o HC Borbolla abría o marcador. Asinouno Lara Yáñez. Na previa do encontro co Garatge Plana Girona CH, Santi Martínez xa advertía do bo momento de xogo que atravesaba a patinadora. Facío ao trasladar as dúbidas sobre o seu concurso no partido de hoxe martes logo de recibir un golpe no nocello no cruce anterior ante o Manlleu. Por sorte, puido ser da partida, xa que a súa aportación en forma de goles non remataría neste primeiro tanto.

Pese a ter un lanzamento de falta directa para as locais, o marcador non se movería dese 1-0 ao final dos primeiros 25 minutos. A falta de sete minutos para o descanso, a raíz de que Xantal Piqué vise o cartón azul, Marta Vilas puido tentar sorte nun man a man co Virginia Díaz, pero o intento da xogadora coruñesa non fructificou.

Actuación destacada de Fernanda Tapia baixo paus

Á volta de vestiarios o HC Borbolla tardou en facer valer o seu xogo e en mellorar en efectividade ante o marco rival aumentando a súa ventaxa. Antes tivo que loitar duro para manter a súa curta vantaxe. O Girona contou con varias ocasións a xogo parado.

HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL
HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL

Dúas delas consecutivas a 18 minutos do final. A primeira unha falta directa lanzada por Alba Romaguera que detén en dous tempos a arqueira chilena Fernanda Tapias. O traballo da cancerbeira non remataría aí. A actuación da porteira local á hora de defender ese disparo de Romaguera foi sancionada polo colexiado Diego Garrido Areas cun penalti.

Así foi como nun mesmo minuto a gardamallas, internacional coa selección marcianita, tivo que enfrontarse a dous cara a cara. O penalti tirou Laura Vall e detivo co corpo Fernanda Tapias. A porteira do Borbolla detería tamén o rechace co que se fixo a propia Laura Vall que vía así como unha e outra vez os seus intentos de perforar a meta galega tornábanse infructuroso. Nun mesmo minuto, dous intentos consecutivos coa bóla parada, tres disparos,  Ningunha das dúas xogadoras catalás conseguiron bater a Fernanda Tapias.

Os goles locais chegaron nos últimos cinco minutos

Seguiu aguantando en defensa o HC Borbolla e buscando a meta rival sen éxito ata que a falta de cinco minutos para a conclusión abriuse a caixa dos goles. O 2-0 anotouno de novo Lara Yáñez, que como adiantábamos previamente, non se conformou co seu primeiro tanto.

HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL
HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL

Na recta final do choque as coruñesas tiraron partido da presión das visitantes e a través de varios roubos de bóla artellaron contragolpes que serviron para aumentar a súa renta. Anotaron o 3-0 por medio de Lucía Yáñez e o 4-0 a través dun disparo de Fernanda Muñoz a menos dun minuto para que a bucina anunciase o final do choque.

É a primeira vez que o HC Borbolla anota goles nesta tempada 2020 – 2021 na Ok Liga Feminina. Tamén é a primeira das ocasións que as tomatitas que adestra Santi Martínez manteñen a súa portería imbatida ao final dos 50 minutos de xogo.

O Borbolla, pensando na seguinte fase competitiva

Como apuntaba o técnico local, unha vitoria, xusta pero moi traballada, diante dun rival duro. Un triunfo que significa moito para as galegas en termos de moral, que sirven para medrar ante un rival directo, e que contan, e moito, de cara á segunda parte da competición na máxima categoría do hoquei a patíns estatal.

Réstanlle ás coruñesas catro encontros para finalizar esta etapa competitiva encadradas no Subgrupo A. Ten por diante a visita ao Cerdanyola e a o Girona, e acudirá ás canchas do Telecable de Gijón e do CP Las Rozas. É dicir, salvo o Garatge Plana Girona CH todos os seus rivais de aquí ao final desta parte da competición serán da zona alta. No Subgrupo B os postos de cola os ocupan os conxuntos de: Vilanova, Igualada e Areces.

OS MELLORES MOMENTOS DO CRUCE BORBOLLA – GIRONA DA MAN DE HOCKEY GLOBAL

FICHA TÉCNICA

HC BORBOLLA: Fernanda Tapia, Lara Yáñez, Fernanda Muñoz, Bea Pereira e Lucía Yáñez – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Julia Cabanas, Antía Rivadas, Alba Díaz e Marta Vilas. Eden Avecilla (P.S.)

GARATGE PLANA GIRONA CH: Virgina Díaz, Alba Romaguera, Julia Canal, Laura Vall e Xantal Piqué Lorente – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Estel Forns e Jana Crespo. Ainoa Pastor (P.S.)

GOLES: 1-0: Lara Yáñez Vázquez. 2-0: Lara Yáñez Vázquez. 3-0: Lucía Yáñez Vázquez. 4-0: Fernanda Muñoz.

ÁRBITROS: Diego Garrido Areas, auxiliado por Nicolás Morandeira Sánchez. Foron amonestadas con cartón azul polas visitantes as xogadoras Alba Romaguera Camps, e a Xantal Piqué Lorente.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á sexta xornada do Grupo A da OK Liga Feminina da FEP. Disputado no pavillón de Monte Alto, na cidade da Coruña.

Santi Martínez: “As rapazas merecíanse un triunfo como este”

Etiquetas A CoruñaGaratge Plana Girona CHGironaHC BorbollahoqueiMonte AltoOK LigaSanti Martínez
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

por Redacción As Nosas
06/12/2025
0

Non tuvo moito chance o HC Coruña diante dun imparable CP Vila-Sana Coop D’Ivars que se impuxo ás galegas por...

Partido do HC Coruña disputado en Riazor contra o CP Las Rozas / MANU BOUTUREIRA

O ‘Tourmalet’ comeza en Riazor para o HC Coruña que se mide ao CP Vila-Sana Coop D’Ivars

por Redacción As Nosas
06/12/2025
0

O HC Coruña volve ao Palacio dos Deportes de Riazor para enfrontarse esta fin de semana ao CP Vila-Sana Coop...

RESA Hockey Cambre vs Hockey Club Raxoi / HOCKEY CAMBRE IG

Emoción e contrastes para os clubs galegos da OK Liga prata feminina na xornada 9.ª

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

A novena xornada deixou resultados moi dispares na OK Liga Prata Femenina. O Berenguela non puido pasar do empate ante...

O HC Coruña fronte o PHC Sant Cugat / MANU BOUTUREIRA - HC CORUÑA

O HC Coruña visita á pista do PHC Sant Cugat buscando repetir triunfo

por Redacción As Nosas
31/10/2025
0

  O conxunto do HC Coruña visita a pista do Oxigen PHC Sant Cugat coa moral alta logo de acadar...

CH Coruña vs CP Mieres / MANU BOUTUREIRA

Estrea de vitorias do HC Coruña ante un rival directo como CP Mieres e con goleada (4-0)

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

O HC Coruña estréase cunha vitoria sólida diante o CP Mieres (4-0) O HC Coruña e o ENE Oposiciones CP...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.