Alí onde só puntuaran dous equipos en toda a OK Liga Feminina, e dous dos grandes, asinou un triunfo o HC Deportivo Liceo. As verdibrancas regresan da súa visita á cancha do Orkla Bigues i Riells cunha vitoria 1-4. No capítulo persoal, María Sanjurjo fixo un hat trick.
Os precedentes non invitaban, obxectivamente, ó optimismo. Pouco caso fixo o HC Deportivo Liceo, protagonista dunha vitoria de ouro no Pavillón Municipal de Bigues i Riells para asinar a súa segunda consecutiva. Suma de tres onde só puideran xigantes como Martinelia CP Manlleu ou Cerdanyola CH Feníe Energía, fazaña útil para alzarse sétimo con 16 puntos.
Un triunfo, ademáis, de paciencia. Non foi ata o minuto 17 cando María Sanjurjo, figura indiscutible do partido, logrou batir a Helena Saldaña. A vantaxe xa non sería neutralizada en ningún momento. O resultado chegou ó descanso e, unha vez reanudada a acción, mellorou grazas á mencionada dorsarl 8.
O Orkla Bigues i Riells non dixera, aínda así, a última palabra. O conxunto adestrado por Juan Marcos Carmona acurtou distancias mediante Erika Ghirardello (1-2) cando restaban dez minutos para o final e, cando todo invitaba a deixarse influir polo medo, o HC Deportivo Liceo mantivo a firmeza.
A patinadora coruñesa María Sanjurjo oficializou o seu hat trick e a chilena Bea Gaete matou o partido co 1-4 definitivo.
O conxunto que adestra o técnico Stanis García vivirá agora un pequeno parón ata o día 26, cando (se non hai trocos de horario) recuperará o seu partido adiado contra o Garatge Plana Girona CH.
O HC Deportivo Liceo finaliza a xornada na sétima praza da Ok Liga a tres puntos do Igualada Femení Gurpo Guzmán que é sexto, e empatado con 16 puntos cos seus perseguidores: CP Voltregá Stern Motor e PHC Sant Cugat. Na décima praza, queda xa atrás o Orkla Bigues i Riells ao que se enfrentou nesta xornada que ten 15 puntos.
FICHA TÉCNICA
1) ORKLA BIGUES I RIELLS: Helena Saldaña; Sofía Reyes, Marta Borràs, Marlena Rubio e María Igualada – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Daniela Cañadó, Gemma Camp, Erika Ghirardello e Christina Klein.
4) HC DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Bea Gaete, María Sanjurjo, Adriana Soto e Lucía Yáñez – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Alba Garrote, Lara Yáñez, Cris Diz e Mencía Mosquera.
GOLES: 0-1: María Sanjurjo, min. 17. 0-2: María Sanjurjo, min. 35. 1-2: Erika Ghirardello, min. 40. 1-3: María Sanjurjo, min. 43. 1-4: Bea Gaete, min. 49.
ÁRBITRO: Alan Navarro Mir, principal, Óscar Saldaña Juvila, cronometrador. Non amosaron tarxetas.
INCIDENCIAS: Xornada 14 da Ok Liga Femenina 2021/22 disputada no pavillón municipal de Bigues i Riells.