O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, non conseguíu puntuar na casa ante o Poio Pescamar. Pola contra, as xogadoras de Manu Cossío endosaban un 0-3 as coruñesas nun duelo de rivalidade galega no que a futbolista brasileira Dani Sousa foi unha das protagonistas ao asinar todos os goles do encontro e polo tanto un hat-trick.
As coruñesas afrontaba o seu segundo partido da tempada como local e o seu primeiro duelo galego da tempada. Facíano con toda a intención e empezaba cun bo traballo sobre a cancha, tendo enfronte a un moi bo Poio Pescamar FSF. Pese ao que poida parecer polo resultado final, o Poio tivo que empregarse duro para superar as recen ascendidas que traballaron moi ben a súa defensa. Proba delo é que ao descanso chegouse cun 0-0 no marcador.

As herculinas aguantaron o marcador durante toda a primeira metade, e o partido estivo moi igualado; pero a falta de gol das locais, unido a unha efectividade humillante das rivais, e máis un hat-trick de Dani Sousa, terminou por desequilibrar o derbi galego para as visitantes, e deixar ás herculinas unha xornada máis sen poder, aínda, puntuar.
O Poio afiánzase na zona alta da clasificación
Os resultados da xornada colocan ao Poio Pescamar como terceiro clasificado na táboa, e primeiro equipo galego do grupo, e ao Viaxes Amarelle como colista ao intercambiar posto co Cidade de As Burgas por diferencia de goles. Ourensás e coruñesas teñen o seu casilleiro de puntos a cero logo de tres partidos disputados. Ambas as dúas escuadras teñen pendente de disputa un partido. No Grupo B da Primeira División Fútbol Sala Feminino da RFEF, o Pescados Rubén Burela é líder.
O partido entre poienses e coruñesas iniciábase cun Viaxes Amarelle FSF metido nunha presión sobre o balón ás visitantes, e poñendo en dificultades as chegadas visitantes. Á vez que trataban de saír á contra ou con balóns xogados a xerar perigo sobre a portaría visitante; pero sen moita fortuna de face a gol.
Segundo pasaban os minutos, o Poio Pescamar FSF íase facendo máis co balón, pero sen terminar de incomodar de todo ás locais, que respondían con fiereza na defensa e loitaban cada balón, para tratar de adiantarse no marcador, en calquera ocasión que dispuñan, pero sen fortuna.
Chegouse ao descanso con 0-0 no marcador
Os minutos pasaban, e o encontro chegaba ao tempo de descanso co marcador inicial de 0-0, sen goles en ningunha das dúas escuadras.
Logo do descanso, o partido empezou cunha dinámica moi similar á da primeira metade, e cun Viaxes Amarelle FSF moi metido no encontro. Pero ao tres minutos atopábanse cunha rápida transición do Poio Pescamar FSF, que finalizaba a futbolista brasileira Dani Sousa cun disparo exterior cruzado, e puña así o 0-1 no luminoso.

Aínda quedaba partido por diante, e as locais non baixaban os brazos. Pero uns minutos máis tarde nun saque de banda o balón impacta na man dunha defensa local, dentro da área, e o colexiado decreta penalti para as visitantes; onde, de novo, Dani Sousa, desde os 5 metros, non perdoa e puña o 0-2 para o Poio Pescamar FSF.
Rápida e letal nas transicións, Dani Sousa asina un hat-trick
O penalti sentou como un xerro de auga fría para o cadro herculino, pero aínda así non baixo os brazos, e minutos despois tivo algunha boa ocasión en xogadas a balón parado preto da área visitante, pero a fortuna non estaba ao lado laranxa e non conseguía recortar distancias.

Mentres que o Poio Pescamar FSF parecía estar de doce, e máis a súa xogadora Dani Sousa, que nunha rápida transición podiense, a xogadora brasileira certificaba a súa hat-trick persoal ao finalizar un balón no segundo pau; e levando así o 0-3 ao luminoso.
Aínda quedaban dez minutos por diante, e o cadro herculino empezou a usar o xogo de cinco para tratar de facer un gol que as metese no partido. E co xogo de cinco, empezaron a ser superiores no xogo e chegar cada vez con máis perigo, pero sen terminar de finalizar con contundencia as súas xogadas, o tempo esgotábase para o conxunto laranxa, que vía como se lle escapaba un novo partido.
Aínda partira por diante, e o que non se pode negar, é que o Viaxes Amarelle FSF competiu até o último segundo de partido, pero segue falto do ansiado gol, que tanto necesita para conseguir sumar os primeiros puntos da tempada.
Duelo de colistas: O Amarelle visita a próxima xornada ao Cidade de As Burgas
Tras este primeiro duelo galego da tempada oficial para o Viaxes Amarelle FSF o club coruñés volverá aos adestramentos este luns, tras o preceptivo descanso que tomarán hoxe domingo 8 de novembro as xogadoras.
A vindeira fin de semana as herculinas volven medir forzas cun conxunto galego, neste caso o novo duelo de rivalidade rexiónal da Primeira División Nacional Feminina será co Cidade de As Burgas. Un cruce de conxuntos moi necesitados de puntos que determinará quen queda como farol vermello na clasificación. A cita entre ourensás e coruñesas está fixada para o 14 de novembro ás 16:30 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense

FICHA TÉCNICA
VIAXES AMARELLE FSF: Sandra Rodríguez, Martita, Patri Corral, Yaiza, María Gómez (cinco inicial), Candela Soria, Anna Escribano, Lau Doce, Cris Lourés.
POIO PESCAMAR FSF: Caridad, Dani Sousa, Miriam, Luci, Ana (cinco inicial), Chiesa, Antía, Dupuy, Irene García.
ÁRBITROS: Borja Darriba Villamor e Carlos Martínez Torres do Colexio de Árbitros da Coruña. Mesa: Berta García Vázquez do Colexio de Árbitros de Santiago de Compostela. Cartóns: Patri Corral e Jorge Basanta do Viaxes Amarelle FSF (Amarelo). Antía e Ana do Poio Pescamar FSF (Amarelo).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á cuarta xornada do Subgrupo A de a Primeira División Nacional Feminina de Fútbol sala disputado o sábado 7 de novembro de 2020 no Pavillón Municipal de Sacra Familia (A Coruña) entre o Viaxes Amarelle FSF e o Poio Pescamar FSF. Dani Sousa asinou un hat-trick.
















