• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Máis Deporte

Hai unha galega e deportista na Lúa

Claudia Rojo, Blanca Millán, Marina Canzobre e Lía Muíño residen nos Estados Unidos, Sheila Sánchez está en Europa, a meta común é compaxinar deporte e estudos

Patri Campos por Patri Campos
28/03/2020
en Máis Deporte, Atletismo, Máis Basket, Máis fútbol
Deportistas galegas polo mundo

Deportistas galegas polo mundo

67
COMPARTIDOS
279
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Para poder compaxinar o deporte cos estudios, as veces, é necesario partir da casa e marchar a outro país ou incluso dar o salto ao outro lado do charco. Como se soe decir popularmente hai unha galega na Lúa e polo mundo temos repartidas a xóvenes promesas do deporte galego. Entre elas atópanse en Estados Unidos, Claudia Rojo, Blanca Millán, Marina Canzobre e Lía Muíño. Máis preto, en Europa, está Sheila Sánchez, galega que traballa dándolle patadas ao balón e tamén nunha gardería.

Claudia Rojo: “No atletismo non chega con ter talento tes que machacarte día si e día tamén”

A Claudia sempre lle gustaron os deportes individuais. Para ela, son onde “o seu sacrificio vaina a levar lonxe e só os erros fan que se equivoque nunha competición”. O atletismo é un deporte moi sufrido onde “non chega con ter talento, tes que machacarte día si e día tamén”. Os seus referentes neste mundo son o matrimonio Eaton, sobre todo Ashton.

Claudia Rojo | CR
Claudia Rojo, galega en USA | CR

Dentro desta modalidade practica probas combinadas e 400 metros valados. É moi realista e comenta que de pequena soñaba con estar nun Xogos Olímpicos. Agora prefire ir de público.

Claudia marchou para Estados Unidos porque desde un principio sabía que carreira estudar. “Sabía que en España iba ser complicado seguir adestrando a tanto nivel e sacar a carreira adiante”. Está estudanto en Wichita, xusto no medio e medio de USA, enxenería aeroespacial e aeronáutica grazas a unha bolsa.

Claudia Rojo: “Sabía que en España iba a ser complicando seguir adestrando a tanto nivel e sacar unha carreira adiante. Estudo Enxenería Aeroespacial e Aeronáutica grazas a unha beca no medio e medio dos Estados Unidos, en Wichita”.

As maiores diferenzas da práctica deportiva son as infraestructuras e o apoio financieiro e académico. “Sendo student-athletes, todo son facilidades e de verdade que da gusto de sentirnos apoiadas”.

No outro lado do charco os deportes maioritarios son o baloncesto e o fútbol americano. Pero o atletismo segue sendo apoiado por todas as institucións algo que se “contrasta co superior e aplastante apoio que recibe o fútbol en casa comparado cos outros deportes”.

Esta experiencia está a facela medrar a nivel persoal. Estar lonxe do seu fogar serviulle a galega para darse de conta de canto bota en falta á súa familia e aos seus amigos. “Ao estar soa, tes que facer todo por ti mesma. Non tes a papá ou mamá para que che fagan as tarefas da casa como todo tipo de papeleos ou resolver calquera cuestión”.

Claudia Rojo: “Estando soa tes que facelo todo por ti mesma. Non tes aos teus pais para que che fagan as tarefas ou te amañen papeleos”.

É normal ao estar fóra botar de menos. “Sempre vas a ter morriña da casa porque nunca vaste sentir tan ben adaptada como alí”. O primeiro que fai e ver a familia e aos amigos. Tamén come xamón e busca tempo para ir ao dentista e a perruquería.

O baloncesto é un dos deportes reis nos Estados Unidos

Botando o balón sobre o parqué norteamericano atópanse Blanca Millán e Marina Canzobre. Unha leva máis tempo ca outra en USA. A Blanca o amor polo baloncesto venlle moi de casa. “Era o deporte familiar que se vía na casa. Miña nai xogou no Xuncas de Lugo e o meu pai no Obradoiro cando a Liga ACB era a Primeira División”.

Blanca Millán | BM
Blanca Millán | BM

Aínda así, practicou tamén patinaxe, natación e fútbol ata que unha profesora comentouse aos seus pais que tiña maneiras no basket. Ademais de fixarse en Amaia Valdemoro, Marta Xargay ou Anna Cruz, o referente teno na casa. “O meu pai, non só por como xogaba senón tamén por como entende o baloncesto e o que significa para el”.

Blanca Millan: “O meu referente no mundo deportivo é o meu pai. Non só por como xogaba él —foi xogador do Obradoiro— senón tamén por como entende este deporte e significado que ten para el.

Polo momento é moi pronto para vela cun peto dun equipo español ou galego pero cando remate a súa carreira e o compromiso co seu equipo da universidade, “nunca se sabe”. Ela está a estudar Kinesiology and Physical Education na Universidade de Maire. Trátase dunha fusión entre fisioterapia e preparación física con dúas carreiras menores en nutrición e desenvolvemento infantil.

Blanca Millán, galega en USA | BM
Blanca Millán, galega en USA | BM

“Déronme a oportunidade de poder compaxinar o baloncesto e a carreira cunha bolsa completa. Cúbreme os gastos da universidade, o deporte, o aloxamento e a manutención”. O primordial para aceptala foi a compaxinación dos estudos co xogo a un alto nivel competitivo ademais de estar madurando “tanto a nivel persoal como deportivamente”.

Pero, como a calquera, a morriña tamén a ten moi presente. “Boto en falta a familia e aos amigos pero tamén a comida, especialmente o peixe. O primeiro que fago ao voltar é comer todo o que non como alí (ríe), ver a xente que quero e ir a praia, algo que me encanta”.

Tanto Blanca como Marina comparten a mesma diferencia entre o basket español co estadounidense. Elas pensan que alí é moito máis físico. Marina comenta que todas as xogadoras disputan os partidos moi duros os 40 minutos. Blanca engade que traballa moito no ximnasio facendo pesas, ademais dos medios, a dispoñibilidade de pistas, adestradores e as máquinas.

Blanca e Marina. O baloncesto en EE.UU. é moito máis físico ca en España. “Todas as xogadoras xogan moi duros os 40 minutos de partido”, comentaba Marina. “Traballamos moito no ximnasio facendo pesas, ademais dos medios” engadía Blanca.

Como Blanca, Marina Canzobre antes de sumerxerse no mundo das canastras, practicou outras disciplinas deportivas. No seu caso: ximnasia, natación e patinaxe. Ela comezou botando o balón para pasalo ben coas súas amigas. Pero pouco a pouco converteuse nun oportunidade para estudar en diferentes ciudades e sobre todo crecer “facendo algo” que lle gusta moito. Ademais, o seu referente neste mundo é a internacional e xogadora do Spar Citylift Girona xunto a María Araújo, Marta Xargay.

Ata o ano pasado estivo no Durán Maquinaria Ensino. Marchou para Portland para estudar Business Internacional, un doble grado en recursos humanos e management. “Quería atopar unha univesidade cun balance entre o ámbito deportivo e o académico. Por iso Portland State University conta cun potente programa no que estou a estudar e tamén no aspecto deportivo gustoume moito”.

 

1 de 2
- +
Marina Canzobre, ex xogadora do Ensino | Marina Canzobre
Marina Canzobre o ano pasado no Ensino | ENSINO

Marina Canzobre: “Quería atopar unha universidade cun balance entre o ámbito deportivo e o académico. Por iso Portland State University conta cun potente programa na carreira que estou facendo e tamén no aspecto deportivo gustoume moito”.

Ten unha rutina moi marcada. “Levántome as 7 da mañá, almorzo e prepárome para ir aos tratamentos. Entro na pista as 8.30 e adestramos durante dúas horas. Despois marchamos ao ximnasio de 11 a 12 e ao terminar vou a comer e a clase. Polas tardes estudo canto antes para poder ter un pouco de tempo libre ao final do día“, dicía a galega.

Está mellorando tanto a nivel deportivo como persoal. “No deporte intento dar un paso cada día e sen darme conta vou mellorando. Son consciente que agora teño que facer practicamente todo eu soa sen ter aos meus pais recordándome cada cousa”.

Sheila e Lía, dúas futbolistas galegas lonxe da casa

Como as anteriores deportista, Lía Muíño marchou ata Florida para formarse e continuar dando patadas ao balón. A futbolista estivo baixo as órdenes de Manu Sánchez e compartiu vestiario con Tere Abelleira, Peke ou Miriam, entre outras. Foi unha das que acadou que as branquiazuis do Dépor ABANCA ascenderan a máxima categoría nacional, a Liga Iberdrola.

Rosalía, antes de marchar a Estados Unidos, co Dépor Abanca / RC DEPORTIVO
Rosalía, antes de marchar a Estados Unidos, co Dépor Abanca / RC DEPORTIVO

Para ela o fútbol é fundamental na súa vida. “Practico deporte desde moi pequena e non sabería vivir sin el agora mesmo. Fixen ximnasia artística e golf pero sempre chamoume máis a atención o fútbol”. O que tamén ten claro é o seu referente neste mundo.

“Non pode ser outra persoa que Vero Boquete. Ademais a teño cerca e fixo cousas moi grandes non só na súa carreira deportiva senón que tamén para o mundo do fútbol femino, grazas a ela, moitas de nós o temos máis doado“, comentaba Rosalía.

Rosalía Muiño, futbolista galega en EE.UU.: “Tendo tan cerca a Vero Boquete, o meu referente non podería ser outra persoa. Fixo cousas moi grandes non só na súa carreira deportiva senón que tamén para o mundo do fútbol feminino. Grazas a xenta como Vero, agora moita de nós o temos máis doado”.

Lia Muiño en USA | RM
Lia Muiño, a galega e ex deportivista en Florida | RM

Xunto ao deporte, está cursando a carreira de International Business na South Florida University. Aínda está cursando o primeiro ano pero cando remate “gustaríalle seguir xogando nunha liga competitiva”. Esta disfrutando dunha beca e marchou porque abríuselle unha gran oportunidade.

“Podo realizar os meus estudos nunha universidade de prestixio ao mesmo tempo que podería seguir xogando ao fútbol nunha competición esixente. Ademais o equipo de fútbol é campioa de Conference e estamos de 16 no ránking nacional da división I da NCAA o cal é unha posición moi boa”, engandía a galega, Rosalía Muíño.

Rosalía Muíño, futbolista galega en EE.UU.: “O fútbol en Estados Unidos ten moita máis repercusión que en España. Ademais teñen moi en conta esta disciplina e cada vez veñen máis deportistas a USA.

Esta experiencia estana enriquecendo tanto a nivel persoal como deportivo. É a súa primeira vez fóra da casa e tan lonxe. No deporte, tivo que adaptarse a un modo de xogar bastante diferente de xeito que tamén é máis aprendizaxe para o seu futuro. Pero como todas e todos cando partimos bota de menos á súa familia e amigos, aínda que tamén a comida.

O balón tamén roda para Sheila Sánchez, aínda que ela está en Austria ten a mesma percepción que Lía desta disciplina deportiva. Nos Estados Unidos, o fútbol feminino ten moita máis repercusión que en España, ademais de que o fútbol do noso país está moi ben considerado e cada vez hai máis deportistas españolas alí. Sheila comenta que no pais onde está é moito máis físico e rudo.

Sheila Sánchez, futbolista galega en Austria: “En Austria o fútbol é moito máis físico e rudo”.

A ex xogadora do Friol, do Sárdoma e do Orzán leva desde os cinco anos xogando ao fútbol. Sheila di que para ela este deporte é disciplina, sacrificio e traballo en equipo. “Comenzou a ser o meu día a día. Cada vez que estou sobre o verde olvido todo o demais. É unha maneira de desconexión e ao mesmo tempo de diversión. Disfruto moito co que fago”.

Sheila Sánchez, futbolista galega en Austria: “Cada vez que estou sobre o verde olvido todo o demais. É unha maneira de desconexión e ao mesmo tempo de diversión. Disfruto moito co que fago”.

Atópase en Austria concretamente na rexión de Voralberg. Cando chegou ali dedicábase exclusivamente ao fútbol e agora mesmo ten, ademais, un traballo fixo nunha gardería. Tivo a sorte de chegar cunha boa situación neste deporte.

 

1 de 2
- +
Sheila Sánchez / SS
Sheila, a galega e ex xogadora do Friol | Sheila Sánchez

“Vinme a Austria fai cinco anos. Por aquel entón o fútbol feminino en España non estaba como agora. Cheguei aquí cun contrato profesional e unhas condicións que en España eran impensables nese momento. Polo que foi un soño feito realidade”, dicía a galega.

Sheila Sánchez: “Cheguei a Austria cunhas condicións que en España por aquel entón eran impensables. Tiña un contrato profesional polo que foi un sono feito realidade”.

Ten unha rutina marcada polo traballo e polo deporte pero na súa mente bota de menos á familia, a comida e o mar. Cando volta a Galicia, o primeiro que fai e pedirlle a súa nai o menú da semana e baixa a dar un paseo pola praia. Ademais o que saca desta experiencia son os grandes pasos que deu.

Etiquetas atletismoAustriabaloncestoEstados UnidosEstudosfútbolgalegasMundo
Comparte65Chía1
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Brooke Salas, nova fichaxe do Baxi Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL

Brooke Salas xa está en Galicia

por Redacción As Nosas
25/01/2021
0

  Chegou a terras ferrolás a última fichaxe do BAXI, a xogadora americana Brooke Salas. A deportista está desde onte...

Vega Lagunera Tenerife va BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL

Reacción ferrolá na segunda parte para seguir invictas

por Redacción As Nosas
25/01/2021
0

  Se cadra, quen mire o resultado final pensará que o partido ante o Vega Lagunera Adareva de Tenerife foi...

Valencia CF vs Dépor ABANCA, Alba Merino / RCD

O Valencia CF imponse ao Dépor ABANCA froito da súa mellor efectividade

por Redacción As Nosas
24/01/2021
0

  O Dépor ABANCA tivo ocasións pero menos puntería que as valencianas e acabou perdendo 3-0 na cancha do Valencia...

Saleta Fernández, Valencia Club Atletismo / ATLETISMO GALEGO campionato

Saleta Fernández bate o récord galego absoluto de salto de altura en pista cuberta cun salto de 1,86 metros

por Redacción As Nosas
23/01/2021
0

  A atleta galega Saleta Fernández López bate o récord galego en categoría absoluta en salto de altura en pista...

Antía Chamosa, marchadora da SG Pontevedra / RFEA

O avance da COVID-19 aporta Incerteza de cara ás citas galegas máis próximas do calendario da RFEA

por Redacción As Nosas
23/01/2021
0

  A Real Federación Española de atletismo facía público recentemente o calendario nacional de probas que foi aprobado polos seus...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
HC Borbolla vs CP Las Rozas / HOCKEY GLOBAL

Final de fase con triunfo para o HC Borbolla

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
HC Borbolla vs CP Las Rozas / HOCKEY GLOBAL

Final de fase con triunfo para o HC Borbolla

25/01/2021
Brooke Salas, nova fichaxe do Baxi Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL

Brooke Salas xa está en Galicia

25/01/2021
Vega Lagunera Tenerife va BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL

Reacción ferrolá na segunda parte para seguir invictas

25/01/2021
O Cidade de As Burgas visitou ao CD Leganés FS / CIDADE DE AS BURGAS TW

Dous segundos de máis

25/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.