As Guerreras debutan con nota no Campionato do Mundo de balonmán feminino 2023, ao derrotar a Casaquistán (34:17, 14:8 no descanso) no Area Nord de Frederikshavn, na primeira xornada da Preliminary Round. A galega Alicia Fernández anotou dous goles.
View this post on Instagram
Casaquistán tivo un inicio de partido notable, ata o punto de dominar o marcador durante os primeiros 10 minutos. O adestrador de España, Ambros Martín, dispuxo unha defensa pechada, ante a que sentía moi cómodo o conxunto kazako, que fixo bastante dano desde a media e longa distancia. María Prieto protagonizaba o primeiro tanto español, e precisamente a zamorana encargaríase de asinar o quinto gol das Guerreras ao fío do minuto 11, para así culminar a remontada (5:4) e empezar a “gobernar” o choque.
📸 ¡El primer partido de las #Guerreras🇪🇸 nos ha dejado auténticos fotones! 😍
©️ Anze Malovrh / kolektiff#SheLovesHandball #DENNORSWE2023 pic.twitter.com/vRw5cmAyYG
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) November 30, 2023
España marchaba ao descanso cun cómodo 14:8 no marcador. O retorno a pista das Guerreras era fulgurante, con Mercedes Castellanos dominante baixo o marco, atallando as tres primeiras tentativas kazakas no inicio do segundo acto. A manchega, de feito, asistía a Maitane Etxeberria, que se encargaría de estrear o luminoso español.
As Guerreras deixaron o choque visto para sentenza aos poucos minutos, e o gran interese na recta final residía en comprobar se as discípulas de Ambros Martín lograban unha vitoria por encima de 15 goles para terminar a xornada no liderado do Grupo G. Algo que, ao cabo, conseguía o conxunto español, que se impuxo finalmente por 34:17 no marcador.
📸 ¡Felices de ver debutar a las #Guerreras en el Campeonato del Mundo con victoria!
©️ Anze Malovrh / kolektiff#Balonmano #SheLovesHandball #DENNORSWE2023 pic.twitter.com/CSr68lNenP
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) November 29, 2023
España cumpre con todos os prognósticos e suma os seus primeiros puntos en terreo escandinavo. Mañá, día de descanso para as xogadoras españolas, importante para preparar o choque do próximo venres, ás 20:30 h., ante Ucraína, que cedía no debut (35:20) ante a Selección do Brasil.
🔊 ¡La valoración post-partido de @Carmencc9 tras la primera victoria en el Mundial!
🗣️ “Nos ha costado entrar en partido al ser un rival al que no estamos acostumbradas”
🗣️ “Tenemos que seguir nuestra línea, defender y correr”#SheLovesHandball #DENNORSWE2023 pic.twitter.com/wZNO8g2wXo
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) November 29, 2023
CALENDARIO DE COMPETICIÓN | PRELIMINARY ROUND | CAMPIONATO DO MUNDO DE BALONMÁN
- Mércores, 29 de novembro | España 34:17 Casaquistán
- Venres, 1 de decembro | España : Ucraína (20:30h, Teledeporte)
- Domingo, 3 de decembro | Brasil : España (18:00h, Teledeporte)