• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

As primeiras veces, quedan para sempre na memoria, e o Guardés vai vivir unha

As da Guarda estréase nunhas semifinais continentais na Sangriña co Málaga tras oito anos consecutivos competindo en Europa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/03/2021
en Balonmán, Máis balonmán
As primeiras veces, quedan para sempre na memoria, e o Guardés vai vivir unha

Atlético Guardés / ©SPORTCOECO

67
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Ao Atlético Guardés tócalle vivir unha cita histórica. É tempo de que na Sangriña se experimente algo por vez en tempo. O partido de mañá domingo 28 de marzo será o primeiro de semifinais europeas que o equipo que adestra Prades dispute.

As primeiras semifinais europeas do Atlético Guardés son xa unha realidade. Esta fin de semana o equipo do Baixo Miño afronta a ida da eliminatoria contra o Rincón Fertilidad Málaga (domingo 28/3/21, 19:00 horas, A Sangriña, TVG2). O partido será arbitrado por Michail Mertinian e Evangelos Syrepi-sios (Grecia),  A semifinal, a dobre partido, resolverase o vindeiro sábado no Polideportivo de Ciudad Jardín (19:00 horas).

Atlético Guardés - Rincón Fertilidad (x7) / SPORTCOECO
Atlético Guardés – Rincón Fertilidad (x7) / SPORTCOECO

Trátase dun duelo continental con moito acento español, con dous conxuntos que veñen de enfrontarse recentemente na liga Guerreras Iberdrola e que soñan con seguir escribindo páxinas inesquecibles nos seus respectivos clubs.

Como dixo hai uns días a capitá do Atlético Guardés, Lorena Pérez: “soñar é gratis”. E o conxunto galego espera non espertar do soño.

Co equipo ao completo, o Atlético Guardés desconta as horas para dar o pistoletazo de saída a “outro tramo da competición”, avanza José I. Prades. Outro tramo que o técnico matiza que é “igual de bonito que o que temos pechado”.

O bloque de deportistas que adestra Prades ten de novo por diante de si unha axenda apertada pero moitos retos apetecibles nela. Para empezar, mañá domingo 28 xoga a EHF European Cup, e o mércores recibe ao Elche (as 20:15 horas na Sangriña). Será esa a primeira xornada do grupo que compite na Liga Guerreras Iberdrola polo título de campioas.

BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
Imaxe de arquivo dun partido BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS

A lista de partidos non remata aí. O sábado toca xogar a volta da competición europea e o mércores día 7 de abril será tempo de buscar a remontada na Copa da Raíña. Para rematar, sábado 10 de abril o Atlético Guardés disputará a terceira xornada ligueira contra o KH7 Granollers no pavillón da Sangriña.

Serán dous meses apaixonantes de competición con camiños paralelos en tres competiciones diferentes. “Estou moi contento co traballo do grupo e teñen que ser semanas de gozar de todo o feito até a data, así nos plantexamos os meses de abril e maio”, destaca o adestrador José I. Prades.

Partidos moi seguidos do Guardés co Málaga

Entrando en como se afronta a eliminatoria, o adestrador do Guardés recapitula e recorda que “serán partidos moi seguidos contra o Málaga e, a pesar do resultado alí que nos deixou peores sensacións, creo que foron os dous choques moi parellos”.  Na Sangriña, vitoria pola mínima (23-22) e derrota en Málaga (27-21). “Si é certo que o equipo se meteu moi ben no partido en Málaga e é algo que teremos que volver conseguir, sen desconectarnos e sen os erros que cometemos alí”, espera o técnico.

Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Imaxe de arquivo dun partido Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA

Aínda que o bloque da Guarda é consciente do potencial do rival que terá diante. O Rincón Fertilidad Málaga  xa conquistou esta temporada dous títulos: Copa da Raíña 2020 e Supercopa, polo que non será un óso doado de roer.

A modo anecdótico, no histórico de enfrontamentos do último lustro, no once choques previos o Atlético Guardés conta con oito vitorias, un empate e dúas vitorias para un Rincón Fertilidad Málaga que aínda non sabe que é gañar na Sangriña – Copa Raíña e na última xornada de Liga -.

En canto á competición europea, o conxunto de José Ignacio Prades plantouse en semifinais tras gañar ao HC Galychanka (16:24 e 24:24) mentres que as de Gallardo fixeron o propio coa AC PAOK grego (30:21 e 22:33)

O Rincón Fertilidad xa está na Guarda

A expedición do Rincón Fertilidad Málaga xa está na Guarda. Xogadoras e corpo técnico saíron onte de Málaga e á primeira hora de hoxe xa estaban en Galicia para almorzar. O conxunto andaluz terá toma de contacto coa pista da Sangriña mañá pola mañá (10-11 h) á vez que ambos os conxuntos acudirán coa delegada EHF á reunión técnica.

Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Imaxe de arquivo dun partido Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA

Pola súa banda, o Atl. Guardés traballará en pista hoxe, sábado, pola tarde e tamén de novo mañá domingo na cun pequeno repaso ás sesións de vídeo dos últimos días.

No partido da European Cup non haberá socias na bancada

O Atlético Guardés solicitou á Federación Europea de Balonmán poder aplicar o protocolo da Xunta de Galicia, máis flexible, para o partido de semifinais da EHF European Cup. Pero o organismo europeo denegou esta petición.

Por iso, a entidade que preside Jesús López viuse na tesitura de ter que tomar unha dura decisión: mañá non haberá persoas socias nas bancadas do pavillón da Sangriña para gozar da cita histórica co Rincón Fertilidad Málaga. Malia todo, si estarán todos as deportistas da base, a Xunta Directiva do club e representantes de patrocinadores e autoridades.

Como se expuxo no seu momento, a EHF non contempla, por exemplo, a presenza de espectadores na bancada localizada detrás dos bancos. Na bancada oposta si que se poden sentar afeccionados, pero o organismo europeo elimina os tres primeiros metros de asentos ou na súa falta o tres primeiras filas. Medidas que tamén afectan as zonas traseiras das portarías, onde agora o Atl. Guardés conta cunha bancada supletoria instalada polo Concello da Guarda.

Vitoria do Atlético Guardés ao CICAR Lanzarote Ciudad de Arrecife na Sangriña / © SPORTCOECO
As xogadoras do Atlético Guardés agradecendo ao público o apoio na Sangriña / © SPORTCOECO

Tendo en conta este espazo tan acoutado, antóllase imposible lograr unha presenza notable de afeccionados. Estas butacas estarán ocupadas, iso si, por todas as xogadoras da base do conxunto da Guarda. Aproveitaranse algúns ocos para directivos e outros para patrocinadores e representantes institucionais que se animen a asistir ao partido.

“Esta sendo unha tempada moi complicada”, recoñece Jesús López, presidente do Atl. Guardés, “e a verdade é que aos poucos imos recuperando a presenza da nosa afección, pero esta vez non poderá ser posible”, lamenta.

Jesús Lopez, presidente do Atl. Guardés: “Queremos agradecer de antemán a comprensión da afección. Están a entender en todo momento as decisións tan difíciles que ten que tomar o club por aspectos externos”

“Queremos agradecer de antemán a súa comprensión, están a entender en todo momento as decisións tan difíciles que ten que tomar o club por aspectos externos”, afirma López. “Iso si, o seguinte mércores, o 31 de marzo, esperamos a toda a afección para gozar do primeiro partido da pelexa polo título de Liga contra o Elche”, adianta o máximo mandatario da entidade. Para esa cita, haberá un aforo dispoñible de 200 espectadores na Sangriña.

Ligazón para poder seguir en directo do partido da EHF European Cup co Málaga

O Guardés ten por diante nove semanas intensas competindo en Europa, Liga e Copa da Raíña

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánEHFEHF EUROPEAN CUPrincón fertilidad málaga
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
04/06/2026
0

Segundo informou o Club Balonmán Atlético Guardés Jesús López dimite como presidente do club miñoto. Esta decisión chega, en palabras...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

por Redacción As Nosas
02/06/2026
0

O pasado 31 de maio fíxose efectiva a saída dá empresa guardesa Mecalia coma patrocinadora principal do Club Balonmán Atlético...

Banco do Guardés na final da EHF European Cup 2025-26 entre o Mecalia Atlético Guardés e o Michalovce / SPORTCOECO

O Guardés fai historia e levanta o seu primeiro título europeo ao vencer na final da EHF European Cup ao Michalovce (44-53 global)

por Redacción As Nosas
24/05/2026
0

O Mecalia Atlético Guardés imponse na Sangriña na volta da final da EHF European Cup que dominou en todo momento....

Parido de ida das semifinais da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán entre o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o Super Amara Bera Bera / BM PORRIÑO

O Bera Bera dá o primeiro golpe nas semifinais da Liga Guerreras ante o BM Porriño (28-32)

por Redacción As Nosas
17/05/2026
0

Nas semifinais do play off polo título da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán o Conservas Orbe Zendal BM Porriño non...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.