• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés vence ao Rincon Fertilidad Málaga por 2 goles (26-24)

As galegas remontaron un parcial de 0-3 | Encadenan 3 vitorias consecutivas na Guerreras | O domingo xogan na Sangriña a volta da Challenge Cup ante o Aula

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/03/2020
en Liga Guerreras Iberdrola BM, Balonmán, Uncategorized
O Guardés vence ao Rincon Fertilidad Málaga por 2 goles (26-24) / COECO.CREATIVE - GUARDÉS

O Guardés vence ao Rincon Fertilidad Málaga por 2 goles (26-24) / COECO.CREATIVE - GUARDÉS

104
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Non foi un partido nada doado. O Guardés, na súa casa, venceu por dous goles de diferenza ao Rincon Fertilidad de Málaga (26-24). As galegas tiveron que remontar un parcial inicial de 0 a 3 que lles fixeron as malagueñas nada máis arrincar ó encontro. Grazas a esta vitoria, xa encarrila tres consecutivas na Guerreras. Agora só queda pensar na volta dos cuartos de final da Challenge Cup. O domingo reciben na Sangriña ao Aula Alimentos de Valladolid.

Na pista gardesa, quémase, súfrese e rémase a contraxeito. O que sexa necesario para gañar. E así o demostraron na súa cancha as xogadoras de José I. Prades repoñendo unha renda malagueña de 0 a 3. Ao descanso lograron empatar: 12-12. Campos foi a protagonista local dun primeiro acto con oito tantos. Carratú e Fernandez protagonizaron un bonito duelo. A nota negativa, o mal xiro da pivote África Sempere.

Os goles consecutivos das xemelgas López, Sole primeiro e Espe despois, sumáronse á parada de Fernandes, á exclusión de Lorena Pérez e a un tanto de Paula García desde o pivote para o 0-3. Foi a máxima renda visitante, xa que aos poucos as locais empezaron a espabilarse. Parou Carratú, aínda lanzou lonxe Santiago e detivo un novo balón a García a porteira arxentina.

O Guardés vence ao Rincon Fertilidad Málaga por 2 goles (26-24) / COECO.CREATIVE - GUARDÉS
O Guardés vence ao Rincon Fertilidad Málaga por 2 goles (26-24) / COECO.CREATIVE – GUARDÉS

Campos anotou o primeiro para as locais (1-3) en toda unha declaración de intencións, xa que a primeira liña madrileña asinaría na primeira parte sete goles. E aínda que dous Santos recuperou a renda de tres (1-4), o Guardés xa non deixaría que o Málaga volvese mandar con comodidade. A porteira do Rincón Fertilidad Málaga fíxose notar.

Amargou especialmente ao extremo Rosario Urban, á que deixou no primeiro acto con tan só un gol en catro intentos. Pérez puxo o 2-4, Campos o 3-4 desde os 7 m e o partido comezou a moverse nuns algarismos máis equilibrados. Doiro anotou o quinto para o Málaga, Borges e García non fallaron tampouco e do 5-7 o Guardés foi capaz de repoñerse ata o 7-7.

Carmen Campos, do Guardés, foi a encargada en poñer as primeiras pedras para a vitoria

O Guardés vence ao Rincon Fertilidad Málaga por 2 goles (26-24) / COECO.CREATIVE - GUARDÉS
O Guardés vence ao Rincon Fertilidad Málaga por 2 goles (26-24) / COECO.CREATIVE – GUARDÉS

Con Campos tirando do carro, as de Prades comezaron a igualar forzas. O protagonismo que estaba a asumir Carmen Campos quería ser anulado polo Málaga, e o técnico Suso Gallardo colocaba a Espe López marcando á madrileña. No Guardés entraban Mazza e Descalzo para desafogar á primeira liña, pero o Málaga era capaz de irse ao 9-11.

Houbo tempo morto de Prades e unhas cantas paradas máis de Fernandes que evitaron que as locais aproveitasen todas as súas oportunidades de poñerse por diante no marcador. O Málaga, dirixido pola ex do Guardés Estela Doiro, atopábase incómodo e sufría a amoestación e exclusión do seu adestrador Suso Gallardo polas súas constantes protestas aos árbitros do encontro. Tamén Prades foi amoestado.

O oitavo tanto de Campos pechou a primeira parte (12-12), aínda que o Málaga tivo o lanzamento directo de Espe López co tempo finalizado e que acabou estrelado na cara de África Sempere. Unha acción moi protestada pola bancada ao non recibir ningún tipo de sanción.

E o Guardés non quería máis sustos. Parcial de 3-0 á volta de vestiarios e novo guion para os seguintes 30 minutos. Foi excluída Bravo, pero no seu regreso a pista asinou dúas tantos consecutivos para elevar a renda local ata os catro goles (17-13).

África Sempere tivo que retirarse da pista nos últimos minutos

África Sempere / COECO.CREATIVE - ATL. GUARDÉS
África Sempere / COECO.CREATIVE – ATL. GUARDÉS

Gallardo pediu un tempo morto que serviu para poñer as pilas ás súas xogadoras (17-16) e foi Prades quen tivo que deter o partido para facer reaccionar ao seu equipo. Nas alternancias os detalles empezaron a marcar as diferenzas e aínda que o Málaga non cegaba no seu esforzo con Sole López e Espe López como referentes, o Guardés empregábase a fondo para manter o control do partido (22-19).

De novo, Gallardo deu indicacións ás súas xogadoras, López achegou ao Málaga ata o 22-21 e ambos os conxuntos entraron nunha dinámica de accións imprecisas -tivérona as locais para volver irse no marcador e mesmo as andaluzas para empatar-. Houbo exclusión a García, Valero colocou o 23-21, Pérez foi sancionada con dous minutos e Bravo anotou o 24-21.

Carratú salvou un balón de Doiro, Santiago non fallou (25-21) e as xemelgas López tiveron a última palabra (25-22, 25-23). Chegou o feo xesto de Sempere nun xiro e a súa retirada da pista. Campos anotou desde o 7 m o seu noveno gol e a capitá do Málaga pechou o partido co 26-24.


FICHA TÉCNICA

Mecalia Atl. Guardés (12+14): Ezbida, Sempere (2), Sandra Marqués (4), Martina Mazza, Carmen Campos (9), Lorena Pérez (2), Sara Bravo (5), Estefanía Descalzo, Paulina Pérez (2), Patrícia Lima, Cristina Barbosa, Rosario Urban (1), Carla Gómez, Sarah Valero (1) e Marisol Carratú.

Rincón Fertilidad Málaga (12+12): Fernandes da Silva, Martin, de Almeida, Estela Doiro (4), Gómez (1), Sole López (7), Castell, CAmpigli, María Pérez, Espe López (6), Isabelle dos Santos (2), Marta Vidal, Rocío Rojas, Paula García (2) e Juliana Borges (1).

Marcador cada 5′: 1-3, 5-6, 7-8, 9-11, 11-12, 12-12 (descanso), 15-12, 17-15, 20-17, 22-19, 23-21,26 -24 (final).

Árbitros: Andrés Rosendo y Sergio Estévez (Galicia). Excluiron por parte das locais a Campos, Pérez (2), Bravo e Gómez (2) e das visitantes a Espe López e Paula García (2).

Incidencias: Partido correspondente a xornada 16 da Liga Guerreras Iberdrola disputada na Sangriña entre o Mecalia Atlético Guardés e o Rincón Fertilidad Málaga ante 450 espectadores.

Etiquetas Atlético GuardésLiga Guerrerasrincón fertilidad málaga
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Cristina Cabeza adestra ao Mecalia Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

Cristina Cabeza: “As sensacións da pretemporada son boas, a pesar de tantos cambios no bloque”

por Redacción As Nosas
02/09/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés que adestra Cristina Cabeza mídese ao conxunto navarro do Replasa Beti-Onak no primeiro partido do...

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Super Amara Bera Bera / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño cae derrotado diante do Super Amara Bera Bera (29-36)

por Redacción As Nosas
22/12/2022
0

O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño enfrontábase a un partido de especial importancia ás portas do Nadal. O encontro citaba...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Mecalia Atlético Guardés pecha o ano 2022 visitando a cancha do Zuazo en Barakaldo

por Redacción As Nosas
21/12/2022
0

  As galegas do Atlético Guardés ocupan a novena praza da que queren escapar canto antes. Os oitavos de final...

Bera Bera vs BM Porriño / SUPER AMARA BERA BERA

O Porriño quere ser líder a costa do Bera Bera

por Redacción As Nosas
21/12/2022
0

  Hoxe mércores 21 de decembro, ás 20:30 no Pavillón Municipal do Porriño, enfrontaranse o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño...

Rocasa Gran Canaria vs Mecalia Atlético Guardés / ATL. GUARDÉS

O Guardés perde co Rocasa logo dunha loita sen cuartel en terras canarias (31-29)

por Redacción As Nosas
18/12/2022
0

O Mecalia Atlético Guardés deu a cara e pelexou ata o final, pero a escuadra grancanaria acabou impoñéndose á galega....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

20/05/2025
Campionato galego de atletismo sub-16 sub-20 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Títulos para Ourense, Celta, Narón e Gimnástica nos campionatos de clubs Sub-16 e Sub-20 galegos de atletismo

20/05/2025
Edymar Brea, segunda pola dereita, no Campionato de España / SPORTMEDIA MARTÍN DE ÁLAVA PÉREZ PARA A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO

No Campionato de España en Ruta o atletismo galego acada seis medallas individuais e unha por equipos

19/05/2025
O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

18/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.