• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés quítase a espiña do Beti-Onak e avanza a semifinais da Copa (23-27)

Ania Ramos, con seis goles, foi a MVP do partido e as nove paradas de Amandine Balzinc foron fundamentais para a vitoria.

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/05/2026
en Balonmán, Máis balonmán
Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

25
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O  Mecalia Atlético Guardés superou a primeira proba desta XLVII Copa da Raíña e puido quitar a espiña para vencer ao Replasa Beti-Onak nos cuartos de final xogados este venres.

O ataque a sete xogadoras deu ao  Mecalia Atlético Guardés a oportunidade de ser superior a finais da primeira parte, despois de soportar todo o período a remolque, para facerse grande na segunda e confirmar o seu liderado chegando a defender unha vantaxe de cinco goles, reducida a catro no derradeiro momento (23-27).

Ania Ramos, con seis goles, foi escollida xogadora máis valiosa do partido, mentres as nove paradas de Amandine Balzinc foron fundamentais para a vitoria.

O equipo miñoto impúxose este venres ante o Replasa Beti-Onak nos cuartos de final da XLVII Copa da Raíña, desfacéndose da decepción vivida o ano pasado contra o mesmo rival e na mesma eliminatoria.

A primeira parte apuntaba a superioridade navarra, ata que a reconfiguración do ataque cara a unha estratexia a sete permitiu ao Guardés tomar a dianteira, que ampliou na segunda parte ata chegar a ter cinco goles de vantaxe.

Ania Ramos, xogadora do Guardés, elixida MVP / RFEBM
Ania Ramos, xogadora do Guardés, elixida MVP / RFEBM

Os seis goles de Ania Ramos, MVP, foron pártea máis salientable dun ataque moi compensado e ben definido, mentres as nove paradas de Amandine Balzinc evitaron recuperacións do rival que poderían ser clave.

O  Mecalia Atlético Guardés xogará mañá ás 16.15 horas o partido de semifinais ante o Rocasa Gran Canario, clasificado tras vencer ao KH-7 Granollers. As outras semifinais, entre o Elda e o gañador do Bera Bera – Aula desta tarde.

O  Mecalia Atlético Guardés supera o primeiro reto e respira. As xogadoras que parepara Ana Seabra comezaron con bo pé este venres a súa andaina na XLVII Copa da Raíña, ao impoñerse nuns cuartos de final que ameazaban con traer recordos da decepción vivida o ano pasado.

Contra o mesmo rival e na mesma eliminatoria, esta vez o equipo miñoto foi superior ao Replasa Beti-Onak grazas a un ataque a sete que lle deu marxe para manobrar despois de vivir unha primeira parte máis ben a remolque.

Tras irse ao descanso liderando pola mínima (9-10), as guardesas gañaron confianza na segunda metade e chegaron a soster cinco goles de vantaxe, para pechar o marcador final cun 23-27 que lle outorga o ansiado pase a unhas semifinais copeiras que xogará mañá ás 16.15 horas ante o Rocasa Gran Canaria.

Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM
Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Os seis goles de Ania Ramos, escollida MVP do encontro, e as nove paradas de Amandine Balzinc, os datos máis salientables dun  Mecalia Atlético Guardés moi equilibrado a pesar de dar descanso a varias das súas xogadoras neste partido.

O primeiro gol destes cuartos de final copeiros chegou da man de Cecilia Cacheda, que executaba o primeiro ataque guardés dous minutos tras o inicio. Os acertos apuntaban a estar moi cotizados neste partido, onde ambos os equipos saíran á pista ofrecendo unha dura defensa, polo que o da lalinense foi o único gol do primeiro parcial de cinco minutos (0-1, min. 5).

Pero as navarras responderon con contundencia, tomando a dianteira cun parcial 3-0 conseguido a base de pecharse en banda nesa férrea protección da súa portería e de aproveitarse dos pases forzados do Guardés, que lles cederan xa tres balóns (3-1, min. 7).

Custoulle ao  Mecalia Atlético Guardés responder uns minutos de seca, e fíxoo da man do primeiro sete metros lanzado por María Sancha. A defensa das de Villava seguía sendo implacable e facía imposible sequera achegarse á rede de Patri Encinas, polo que o equipo miñoto debería inventarse algo se quería facerse notar no luminoso.

Pola súa banda, as perdas seguían pesando e daban ás a un rival que se encamiñaba ao ecuador desta primeira parte liderando (5-2, min. 11).

Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM
Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Aínda quedaba moito tempo por diante, e moito que dicir tamén. Aos poucos, as xogadoras que adestra Ana Seabra foron atopando o seu sitio sobre a pista e, da man dunha Amandine Balzinc que encadeaba salvada tras salvada así como dun reaxuste ofensivo que comezaba a obter resultados, foron chegando os goles galegos para apertar as cousas (5-4, min. 15).

Pero avanzaba o encontro e non conseguía desandar o oco por completo o Guardés, sen atopar aínda a clave para desbloquear o camiño cara á portería rival, á vez que continuaba cometendo erros non forzados que cedían balóns crave para o resultado. Temeuse o peor Ana Seabra e solicitou o primeiro tempo morto do encontro para reestruturar ás súas. Ao regreso, o novo ataque a sete deu o seu froitos da man dun rexeite aproveitado por África Sempere (8-6, min. 22).

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM
Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

A fórmula Seabra parecía funcionar, aos poucos, pero facíao. Poñer toda a carne no asador foi a clave e grazas a ese ataque insistente o  Mecalia Atlético Guardés logrou, por fin e a base de poñer en aprietos a un Beti-Onak que cometía agora perdas importates, empatar o encontro por primeira vez desde o inicio (9-9, min. 27). Era Exteberria o que pedía, ao bordo do descanso, parar o crono coa esperanza de frear a crecida guardesa.

Con todo, non produciu efecto o toque de atención, senón que deu ao rival miñoto unha nova oportunidade para anotar o último gol antes do descanso e o terceiro deste parcial 0-3 ao seu favor para irse aos vestiarios liderando, por fin, e máis importante aínda, coa confianza de que podería ser capaz de sacar o encontro diante de novo intacta (9-10, min. 30).

Enorme Ania Ramos no Mecalia Atlético Guardés

Renovou a contenda Ania Ramos cun novo acerto desde o extremo que comezaba a facer soñar ás súas, seguido pola oitava parada dunha Amandine Balzinc que estaba a ser un dos nomes do encontro. E aínda que unha breve recuperación rival provocada por un par de detalles ameazou con baixar ao Mecalia da nube, extrémoa palentina tomoullo privado e encadeou outros dous novos canóns en contragolpes para certificar o liderado con acento do Baixo Miño.

Cacheda rematou a faena e un novo 0-3, que levaba estes cuartos de final a un panorama ben diferente (12-15, min. 36), aínda que con todo por decidir aínda.

Non se quería despegar do ritmo de xogo o equipo navarro, desexoso de desfacer esa renda para recuperar as sensacións dunha primeira parte que lembrou moito aos cuartos de final da pasada edición.

E por momentos lograban achegarse as de Etxeberria, aínda que sen lograr asinar máis que unha distancia mínima (16-17, min. 42), a cal era suficiente para manter en alerta a un Guardés que seguía nos seus trece e dando a talla (16-19, min. 45). Por diante, un cuarto do encontro e apenas tres goles de diferenza que poderían desaparecer nun amén, algo que todos os presentes en Illunbe sabían.

O ritmo cardíaco acelerábase a medida que pasaban os minutos e a defensa branquiazul esgotaba os pases miñotos. Pero a misión xa estaba na mente das de Ana Seabra e todo o equipo coordinábase á perfección para avanzar cara a ela. O ataque funcionaba engraxado e a defensa empeñábase en xerar erros das navarras, e con todo iso contribuíndo, quedaban algo menos de dez minutos cando Sempere conseguía levar a vantaxe aos catro goles, a máxima de todo o partido (19-23, min. 50).

Afección do Mecalia Atlético Guardés, na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM
Afección do Mecalia Atlético Guardés, na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

A pesar da emoción, todo seguía no aire e un novo parcial 3-1 obrigou ao  Mecalia Atlético Guardés para poñer os pés na terra e non confiarse no pouco, e á vez, moito tempo que restaba de xogo aínda (22-24, min. 53).

Coa mesma intención paraba o tempo por segunda vez Ana Seabra, planeando unha reacción que Sancha materializou nada máis renovarse o partido, e que a compactación de toda a defensa seguiu ao pé da letra para frear a un Beti moi capaz de ter a última palabra (22-25, min. 55).

Pero estaban de doce as galegas, que seguían ao seu a base dun traballo ofensivo liderado por Cecilia Cacheda que non atopaba máis rival que as paradas de Patri Encinas, oito en total e vitais para dar aire ao Beti-Onak en máis dunha ocasión en que o necesitaba.

Aire que, doutra banda, non foi suficiente: Carme Castro primeiro e Blazka Hauptman despois seguiron o camiño iniciado pola capitá guardesa para sentenciar a clasificación a falta de dous minutos (22-27, min. 57).

Nin o tempo morto de Miguel Exteberria nin o gol final de Kelly Fonkeng evitaron o pase a semifinais dun Guardés que por fin se quitou a espiña do ano pasado e segue avanzando nun dos soños da tempada. O próximo chanzo do camiño, mañá ás 16.15 horas ante un Rocasa Gran Canaria que promete non poñelo nada sinxelo.

A outra semifinal da Copa da Raíña protagonizarana ás 18.45 horas o gañador do choque Bera Bera – Aula que pecha esta primeira xornada e o Elda Prestigio, xa clasificado.

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

FICHA TÉCNICA

23) REPLASA BETI-ONAK (9+14): Kelly Fonkeng (2), Mica Casasola (1), Graciela García, Lucía Zamora (1), María Brasil (1), Isa Fernández-Agustí (4), Aileen Ripa, Olaia Luzuriaga (p.), Macarena Sans (6), Almudena Gutiérrez (1), Libe Arruabarrena, Patricia Encinas (p.), Laida Urbitarte (1), Nerea Canas (5) e Mariana Costa (1).

27) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (10+17): Sabina Mínguez (p.), África Sempere (4), Jazmín Mendoza, Blazka Hauptman (3), Lorena Téllez, Cecilia Cacheda (3), María Palomo (1), Rosane Serrano, Elena Martínez (2), Cristina Cifuentes, Carme Castro (4), Nerea Gil, Ariana Portillo, María Sancha (3), Ania Ramos (6) e Amandine Balzinc (p.).

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 0-1, 3-1, 5-3, 7-5, 8-7, 9-10, 12-14, 14-16, 16-18, 19-22, 22-25 e 23-27.

EQUIPO ARBITRAL: Miquel Florenza e Jordi Ausas. Amonestaron con tarxeta amarela á local Almudena Gutiérrez e excluíron con dous minutos ás xogadoras locais Kelly Fonkeng, Isa Fernández-Agustí e Almudena Gutiérrez e ás visitantes Blazka Hauptman, África Sempere e Carme Castro.

INCIDENCIAS: Partido de cuartos de final do play-off de la XLVII Copa de S.M. A Raíña, disputado na praza de touros de Illunbe – Donostia Arena (San Sebastián).

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN (@fedgalegabm)

Etiquetas Ana SeabraCopa da Raiñaguardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

por Redacción As Nosas
02/06/2026
0

O pasado 31 de maio fíxose efectiva a saída dá empresa guardesa Mecalia coma patrocinadora principal do Club Balonmán Atlético...

Banco do Guardés na final da EHF European Cup 2025-26 entre o Mecalia Atlético Guardés e o Michalovce / SPORTCOECO

O Guardés fai historia e levanta o seu primeiro título europeo ao vencer na final da EHF European Cup ao Michalovce (44-53 global)

por Redacción As Nosas
24/05/2026
0

O Mecalia Atlético Guardés imponse na Sangriña na volta da final da EHF European Cup que dominou en todo momento....

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro...

Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

por Redacción As Nosas
10/05/2026
0

  O Mecalia Atlético Guardés non puido facerse co título copeiro este domingo, nunha final na que o vixente campión...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  O equipo miñoto volveu mostrar a súa mellor versión este sábado ao saír airoso dunha polémica semifinal da XLVII...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.