• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés supera a Beti-Onak e leva o partido con autoridade (29-19)

A defensa, as paradas de Carratú e o dinamismo ofensivo das locais desarbolaron ás navarras

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/10/2022
en Balonmán, Máis balonmán
Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO

Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO

61
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • O equipo miñoto fixo unha extraordinaria primeira metade (17-10) que deixou o choque co Beti-Onak visto para sentenza. 
  • A falta de saber a data exacta do regreso á Sangriña, a escuadra guardesa ha completado un pleno de triunfos en Tui: tres de tres.

Os equipos non se fan da noite para a mañá. Requiren dun proceso. Máis aínda cando hai sete caras novas na pista e un novo adestrador no banco. Por iso, independentemente da súa vitoria de onte, o que máis queda no padal do afeccionado do Mecalia Atlético Guardés é a extraordinaria primeira parte que asinou o seu equipo. A mellor no que vai de tempada. Trinta minutos nos que as xogadoras que prepara o técnico Abel González maniataron a un Gurpea Beti-Onak que chegaba como revelación do curso con tres vitorias en catro choques e que se volveu a Navarra sen ningunha opción de rascar algo positivo (29-19).

Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO

Desta forma, o Mecalia Atlético Guardés confirmou o seu idilio co pavillón de Tui, no que conta por vitorias os seus tres partidos disputados. A falta de saber a data de regreso á Sangriña e de se este foi o último partido no recinto tudense, o que queda claro é que o equipo miñoto irase ao parón polo Europeo de seleccións invicto como local. Quedan dous choques ligueiros a domicilio ata entón para mellorar as súas prestacións como visitante –Bera Bera e Aula Valladolid-.

Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O caso é que a posta en escena foi magnífica. En apenas seis minutos, as de vermello gañaban 6-2 grazas a unha saída en tromba con Pauli Fernández como titular no seu debut en casa. Xunto á verticalidade da paraguaia, destacou a dirección de Patrícia Lima, o peso goleador de Sandra Santiago -cinco tantos ao descanso- e o acerto de Ángela Nieto desde o extremo.

Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO

Unha vez establecida a vantaxe, o Mecalia Atlético Guardés soubo mantela e ampliala. A defensa raiou a un nivel extraordinario, con Carla Gómez exercendo de líder no centro do 6:0. E se as navarras atopaban algunha físgoa, Marisol Carratú xa se encargaba de pechar o paso. A capitá asinou varias paradas de mérito, que axudaron a correr ás súas compañeiras e obter goles fáciles.

O Mecalia Atlético Guardés deixo encamiñado o partido co 17-10 da primeira parte

Só o bocinazo do descanso freou ás da Guarda, que se foron ao vestiario con sete goles de vantaxe (17-10) e a sensación de xogar os mellores 30 minutos do que vai de competición. Á volta, a dinámica mantívose. As locais ampliaron a renda ata os dez goles (23-13, min. 44), que desterraban definitivamente calquera esperanza do conxunto visitante.

O mínimo respiro que se tomou o Mecalia Atlético Guardés tentouno aproveitar o conxunto navarro. Dous goles de Aileen Ripa e unha exclusión de Carla Gómez motivaron o tempo morto de Abel González. Un parada oportuna e certeira, que deixou nun espellismo o intento do Beti-Onak de recortar distancias.

Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardes vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O equipo miñoto xogou con seriedade os últimos compases e recuperou a renda de dez goles coa que concluíu o encontro. Sandra Santiago incrementou a súa renda goleadora con nove dianas que a sitúan como máxima anotadora do choque. María Sancha e Ángela Nieto secundárona á primeira liña portuguesa con catro tantos cada unha, que axudaron a selar a terceira vitoria en tres partidos no exilio de Tui. Quen sabe se tamén a última.

 

FICHA TÉCNICA

29) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS  (17+12): África Sempere (1), Sandra Santiago (9), Giselle Menéndez (1), Ángela Nieto (4), Pauli Fernández (2), Míriam Sempere (p.), Cristina Cifuentes (2), Patrícia Lima (3), Celia López (1), Elena Amores, Carla Gómez (1), María Sancha (4), Marisol Carratú (p.), Daniela Moreno (1) e Aroa Fernández.

19) GURPEA BETI-ONAK AZPARREN GESTIÓN (10+9): Patri Encinas (p.); Adriana Mallo (2), Ainhoa García, Naiara Retegui, Mariángeles Uriarte (2), Graciela García (3), Lyndie Tchaptchet (2), Eider Hernández (1), Lucía Zamora (2), Olaia Luzuriaga (p.), Natalia Montilla (2), Macarena Sans, Paula García, Aileen Ripa (3), Valeska Lovera (2) e Kassia César.

EQUIPO ARBITRAL: Abel Juncal e Ángel Mateos. Excluíron dous minutos ás xogadoras locais Carla Gómez, Patrícia Lima, Pauli Fernández e África Sempere; e ás visitantes Ainhoa García, Macarena Sans, Paula García e Kassia César.

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 5-2, 7-4, 11-6, 15-6, 17-7, 17-10 – descanso-  20-11, 20-13, 23-13, 26-17, 26-18, 29-19

INCIDENCIAS: Partido da quinta xornada da Liga Guerreras Iberdrola, disputado no pabellón Municipal Novo Tui.

Etiquetas Abel GonzálezbalonmánGurpea Beti-OnakMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE

O Guardés dá un paso cara á final impoñéndose ao AtticGo Elche (22-23)

por Redacción As Nosas
20/03/2023
0

O Mecalia Atlético Guardés callou unha firme actuación colectiva, chea de compromiso e entrega ante o AtticGo Elche. Patrícia Lima,...

Mecalia Atlético Guardés vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño na Sangriña / ATLÉTICO GUARDÉS

Vitoria do Guardés ante o Porriño nun derbi apaixoante (27-24)

por Redacción As Nosas
16/03/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés levou a vitoria diante do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño na festa do balonmán galego,...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “Será un partido emotivo, pero non o imos a encarar pola parte emocional”

por Redacción As Nosas
15/03/2023
0

  A adestradora portuguesa do Guardés, Ana Seabra, recoñece que o seu equipo está “en bo momento” e que “poida...

Derbi Mecalia Atlético Guardés vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño na Sangriña / AT. GUARDÉS

Derbi das nosas na Liga Guerreras Iberdrola

por Redacción As Nosas
15/03/2023
0

  Guardés e Porriño protagonizan un novo derbi das nosas do balonmán galego na máxima categoría desta disciplina no ámbito...

Ismael Martínez, adestrador / BM PORRIÑO

Ismael Martínez: “O reto de gañar na Sangriña é ilusionante, pero non vai ser nada sinxelo”

por Redacción As Nosas
15/03/2023
0

Na previa do derbi do balonmán galego feminino, Ismael Martínez, técnico do equipo do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, expresaba a...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do proxecto no que Participan a Facultade de Educación e Traballo Social, o CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais) e o Club La Purísima / UVIGO

Un proxecto pioneiro da Uvigo avaliará o impacto do traballo de educadoras sociais nun club deportivo

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do proxecto no que Participan a Facultade de Educación e Traballo Social, o CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais) e o Club La Purísima / UVIGO

Un proxecto pioneiro da Uvigo avaliará o impacto do traballo de educadoras sociais nun club deportivo

24/03/2023
Participantes na carreira popular Coruña10 / CONCELLO DA CORUÑA

Aberto o prazo de inscrición para a XVII Coruña10

23/03/2023
A cativada, no Campionato Xunta de Galicia de 5K celebrado nas Pontes / CONCELLO DAS PONTES

Eva Piñel e Jorge Puig vencen no autonómico dos 5K celebrado nas Pontes

22/03/2023
CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ TW

Despedida con derrota para o CV Arenal Emevé

21/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.