• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés repetirá contra o Beti-Onak en cuartos de final da Copa da Raíña 2026

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/02/2026
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

66
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • O sorteo da fase final da Copa da Raíña volveu emparellar ao Mecalia Atlético Guardés en cuartos de final co seu rival da pasada edición, o Replasa Beti-Onak navarro, contra o que caeu eliminado
  • As cadetes loitarán polo pase á final da Minicopa cos seus rivais do Grupo A: KH-7 Granollers, Oyonesa Sporting A Rioxa e Rocasa Gran Canaria

O Mecalia Atlético Guardés xa coñece o seu destino para a fase final da Copa da Raíña 2026. Destino perigosamente similar ao da pasada edición, pois o sorteo da fase final da competición celebrado este martes en San Sebastián emparellou ao equipo miñoto en cuartos de final co seu mesmo rival de 2025: o Replasa Beti-Onak, quen foi capaz de eliminalo e avanzar ata a final da competición.

Nesta ocasión, o conxunto da Guarda espera cambiar o seu rumbo nesta primeira eliminatoria prevista para o venres 8 de maio no multiusos de Illunbe.

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

Tras vencer con esforzo ao Balonmán Morvedre na segunda fase do torneo copeiro (25-27) o pasado 4 de febreiro, as de Ana Seabra prepáranse xa para o próximo banzo.

O novo obxectivo en cuartos de final da Copa da Raíña é un vello coñecido, un Replasa Beti-Onak perigoso que o ano pasado fixo historia chegando á final da competición na primeira ocasión que lograba pasar da segunda rolda.

Foi o subcampeonato, obtido tras caer naquel encontro definitivo contra o Super Amara Bera Bera, o que este ano lle outorgou unha praza directa na fase final, polo que a súa cita co Guardés o vindeiro venres 8 de maio supoñerá a súa estrea na Copa da Raíña 2026.

Na edición 2025 da Copa da Raíña eliminaron ao Guardés

Precisamente a pasada edición, o equipo de Villava foi responsable de poñer un amargo final ao soño copeiro miñoto do Mecalia Atlético Guardés . Aquel primeiro encontro de cuartos de final foi moi esixente e incómodo para as guardesas, que non acabaron de atopar o seu sitio diante un rival que chegaba sen nada que perder e terminou por gañalo case todo (26-22).

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

Este ano, o obxectivo será sacarse a espiña diante un conxunto que ameaza con ser o talón de Aquiles das xogadoras que prepara Ana Seabra, e contra o que xa demostrou un desempeño máis favorable no curso actual.

Aprazado o encontro de décimo novena xornada ligueira previsto precisamente para a pasada fin de semana, a última cita entre ambos os conxuntos remóntase ao mes de outubro na Sangriña, culminando cunha folgada vitoria local tras dominar todo o partido (29-21).

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

Pero desde aquel momento, coa nova Liga con apenas seis xornadas de vida, as cousas puideron cambiar moito en ambos os bandos, polo que o partido pendente que se xogará o próximo 10 de marzo achegará información moi valiosa de fronte ao decisivo duelo copeiro. Dous meses despois, o único seguro é que ambos chegarán con ganas de seguir facendo historia.

O gañador do encontro atopará rival para semifinais no vencedor da parella formada por Rocasa Gran Canaria e KH-7 BM Granollers, protagonistas do terceiro partido de cuartos de final e cos que comparten a marxe dereita do cadro da competición.

Os catro emparellamentos, por tanto, son os seguintes:

  • Super Amara Bera Bera – Caixa Rural Aula Valladolid
  • Elda Prestixio – Grafometal Sporting A Rioxa
  • Rocasa Gran Canaria – KH-7 BM Granollers
  • Replasa Beti-Onak – Mecalia Atlético Guardés

Granollers, A Rioja e Rocasa, rivais do Grupo A de as cadetes na Minicopa

Ao sorteo da XLVII Copa da Raíña celebrado esta mañá precedeuno o sorteo de grupos da Minicopa, competición paralela que disputan os homólogos de categoría cadete dos equipos participantes no torneo.

O Mecalia Atlético Guardés foi enmarcado no Grupo A, que comparte con KH-7 BM Granollers, Oyonesa Sporting A Rioja e Rocasa Gran Canaria; mentres que o Grupo B confórmano Atarrabia Beti-Onak, Lacturale Bera Bera, Cavidel Aula Valladolid e Elda Prestigio.

A mecánica da competición cadete é a seguinte: os rivais dun mesmo grupo enfrontaranse entre si a partido único, con tres encontros repartidos entre o venres 8 e o sábado 9 de maio.

O domingo 10, os líderes de cada grupo xogarán a final polo título da Minicopa 2026, que se celebrará no mesmo multiusos de Illunbe antes da gran final das maiores.

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

Etiquetas Ana SeabrabalonmánCopa da RaiñaMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.