• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés recibe ao BM Elche e o Porriño visita ás segundas, CB La Calzada

Logo de non pode xogar o derbi galego, os dous conxuntos da Liga Guerreras Iberdrola recuperan o pulso competitivo | Abel González, adestrador das guardesas: “Temos moitas ganas” | Ismael Martínez, técnico do Porriño sobre o rival: “Son un moi bo equipo e están segundas por méritos propios"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/02/2022
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
O Guardés festexa a vitoria fronte ao Morvedre / SPORTCOECO

O Guardés festexa a vitoria fronte ao Morvedre / SPORTCOECO

54
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • Tanto o Mecalia Atlético Guardés como o Conservas Orbe Rubensa Porriño volven á escena deportiva tras o parón da semana pasada no que non puderon xogar o derbi do balonmán galego por seis positivos de coronavirus no equipo miñoto.
  • O Elche, coa excapitana do Guardés África Sempere, é un rival directo na pelexa pola zona nobre.
  • No Guardés Lorena Pérez pérdese o encontro polos seus problemas de xeonllo. 
  • Ismael Martínez di que o Porriño buscará que as asturianas non se vexan “cómodas nin en defensa nin nas transicións”.

O Mecalia Atlético Guardés volve competir este sábado (18:00) tras un parón forzoso de quince días debido aos seis casos positivos en coronavirus que rexistrou no seu equipo a semana pasada. Ese contratempo obrigou a suspender o derbi diante o Conservas Orbe Rubensa Porriño, que debeu disputarse o pasado sábado no Municipal porriñés e que queda pendente.

GAME DAY | Día de partido‼️Día de balonmano‼️

Hoy vuelve la Liga @IberdrolaDHF a @PDMGijon

‍♀️ Decimosexta jornada
⏰ 19:00
@BmPorrino
Gijón
La Arena
https://t.co/Co6mf0iMob#somoscalzada pic.twitter.com/uKjqYxwAzl

— BMC UNICAJA BANCO GIJON (@CBLaCalzada) February 26, 2022

Agora, con todas as xogadoras reintegradas ao traballo, retoma o pulso competitivo diante o BM Elche Visitelche. com na Sangriña. Un encontro capital para as aspiracións europeas e unha nova visita ao recinto guardés dun equipo da parte alta da táboa. Todos teñen que pasar polo Inferno da Sangriña nesta segunda, agás o Bera Bera.

Ata o momento, o poderío como local do Mecalia Atlético Guardés está a ser impecable en 2022: cinco partidos que se contan como cinco vitorias en casa no que vai de ano. Este sábado, buscará a sexta. Farao coa incógnita de saber que nivel físico poderán ofrecer as deportistas que pasaron a corentena e #ante un rival que vai esixir o mellor do mellor ás xogadoras do Guardés.

González continúa á fronte do Guardés pola ausencia de Prades

Abel González relevará de novo a José Ignacio Prades, cada vez máis recuperado da súa intervención renal de hai dúas semanas. O asturiano poderá dispoñer de todo o persoal fóra de Hannah Nunes, baixa para toda a tempada, e Lorena Pérez, cuns problemas de xeonllo persistentes, que a obrigarán a parar unhas semanas. O resto, incluída Ángela Nieto, totalmente restituída da súa lesión de xeonllo, están listas para un partido que se prevé vibrante. E é que o BM Elche xa demostrou na primeira volta do que é capaz.

O seu granítica defensa impulsou a unha estratosférica Nicole Morais no Esperanza Lag e a escuadra da cidade das palmeiras inflixiu ao Guardés a súa primeira derrota do curso (24-19).

Coa lección ben aprendida, as xogadoras do equipo miñoto buscarán darlle a volta á tortilla, concienciadas de que a circulación da pelota en ataque ten que ser moi dinámica e que deben ofrecer un gran nivel defensivo para poder correr e facer dano ao seu rival. Co equipo ilicitano virá África Sempere.

HOXE XOGAMOS

⌚️ 18:00
🆚 @cbm_elche
🔥 A Sangriña
🏆 @IberdrolaDHF
🗒️ Xornada 16
👀 https://t.co/L4Zvf8OYKm#OnosoInfernoéonosoceo 🖤💛 pic.twitter.com/HL6PrGppVW

— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) February 26, 2022

Será a primeira vez na Sangriña para a excapitana do Mecalia desde a súa marcha o verán pasado. A recado recibirá todo o agarimo da afección guardesa. Abel González: “É un partido moi importante porque é un rival directo” O parón obrigatorio polo virus da semana pasada ha trastornado os plans de traballo do corpo técnico do Guardés, que tivo que adaptarse ás ausencias de ata seis xogadoras para desenvolver un plan de adestramento.

Unha vez máis, houbo que repoñerse a un problema durante unha tempada complicada no capítulo de lesións, que tivo no brote de covid o penúltimo contratempo. “O equipo está con ganas a pesar do que ocorreu a semana pasada”, destaca Abel González cun sorriso. “Estamos ben, traballando duro para poder afrontar o encontro coa maior garantía posible e adestrando ao máximo para que o sábado salga un gran partido”, destacou o técnico asturiano, que dirixirá o seu segundo envite como primeiro adestrador diante o BM Elche, despois do seu exitoso desempeño fronte ao Caixa Rural Aula Valladolid (30-26).

“É un partido moi importante porque é un rival directo”, recoñece Abel. “Temos moitas ganas porque non estivemos ben alí, sobre todo na primeira parte. Tivemos moitos erros e perdas de balón. Elas tiveron os seus acertos tamén, pero creo que foi máis demérito noso. Por iso, temos moitas ganas de facelo ben”, especifica o asturiano, que cre que a “clave” do choque pasa por “defender moito” e a partir de aí “facer o noso xogo”.

O Porriño viaxa a asturias 

Tamén hoxe sábado, nesta ocasión no Pavillón da Arena ás 19:00 horas, xoga o Conservas Orbe Rubensa Porriño. As xogadoras que adestra Ismael Martínez regresan á competición logo dese parón forzado polas baixas por COVID-19 do Guardés da semana pasada, que non permitiu xogar o derbi.

O rival das porriñesas será o Unicaja Banco Gijón, que ocupa a segunda posición, a tres puntos das líderes ( Super Amara Bera Bera), mentres que as galegas son novenas cun partido menos. O conxunto local ven de gañar a domicilio pola mínima ao Aula Cultura (33-34).

A curiosidade fai que a xogadora galega, ex do Porriño, do conxunto asturiano do CB La Calzada Unicaja Banco Gijón, alcance os 700 partidos na Liga Guerreras Iberdrola xustamente neste cruce.

¡@Cacheda11 alcanza la cifra de 7⃣0⃣0⃣ en la @IberdrolaDHF!

@BmPorrino y @CBLaCalzada saben lo que es disfrutar de la talentosa central gallega #LigaGuerrerasIberdrola #SheLovesHandball pic.twitter.com/C1BUdzDP1g

— Guerreras Iberdrola (@IberdrolaDHF) February 23, 2022

O encontro corresponde coa décimo sexta xornada da Liga Guerreras Iberdrola. Tras o aprazamento do partido contra o Mecalia Atlético Guardés, Ismael Martínez explicaba “estamos necesitados de competición porque é certo que nos tocou bastante o tema de non poder xogar o derbi, porque mediramos ben as cargas. Creo que a xente chegaba ben e fáltanos ese punto competitivo”.

En canto a este novo enfrontamento, o técnico do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño admite que hai incerteza á hora de establecer a convocatoria para este partido “imos un pouco coa incerteza de non saber con que xogadoras imos ir”.

Esta semana volvemos á #LigaGuerrerasIberdrola pero esta vez fóra da casa ‼️

📅 Sábado, 26 de febreiro
🆚 @CBLaCalzada
⏰19:00
📍Pavillón Municipal da Area
📺En directo por: https://t.co/Fk7YCEB5J3@SomosABANCA @fdeportegal @deporte_galego pic.twitter.com/7HUjxctiIN

— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) February 24, 2022

Con todo, xa están centrados no partido do sábado e Ismael Martínez admite: “son un moi bo equipo e están segundas por méritos propios. Veñen de dous grandes partidos, onde defenderon moi ben”.

Nos aspectos técnicos destacou “é un equipo que se adapta ben a calquera ritmo de partido, que en canto atopa o seu punto defensivo é moi difícil facerlle gol, sobre todo, porque teñen unha boa portería cuns números moi por encima da media da competición. Xogan con moi boas pivotes, recuperaron Cecilia e teñen unha moi boa primeira liña”.

Ismael Martínez, adestrador do Porriño sobre o rival: “É un equipo que se adapta ben a calquera ritmo de partido, que en canto atopa o seu punto defensivo é moi difícil facerlle gol, sobre todo, porque teñen unha boa portería cuns números moi por encima da media da competición. Xogan con moi boas pivotes, recuperaron Cecilia e teñen unha moi boa primeira liña”

Diante iso, Ismael Martínez cre que a clave do partido pasará por “tentar que non sentan cómodas nin en defensa nin nas transicións. Vai ser un partido moi complicado”.

Etiquetas #porriñoA GuardabalonmánConservas Orbe Rubensa Bm PorriñoelchegijónMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

JH-7 BM Granollers vs Mecalia Atlético Guardés / BALONMANO GRANOLLERS

O Guardés tropeza na pista do Granollers (21-14)

por Redacción As Nosas
22/01/2023
0

  O Guardés tivo un mal día na pista do penúltimo clasificado, o KH-7 BM Granollers. A gardameta internacional Nicole...

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Motive.Co Gijón BM La Calzada / BM PORRIÑO

O Porriño quere confirmar na segunda volta o seu bo estado de forma

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Terceiro clasificado, empatado a puntos co segundo. Así empeza o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño a segunda volta da...

Mecalia Atlético Guardés vs KH-7 BM Granollers / SPORTCOECO

O Guardés arrinca en Granollers a segunda volta con moita esperanza e confiando no calendario

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés sabe que é clave gañar ao KH-7 BM Granollers para seguir recuperando posicións na táboa...

Mecalia Atlético Guardés vs KH-7 BM Granollers / SPORTCOECO

“Sabemos cal é a liña para seguir gañando”, di Abel González, adestrador do Guardés

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Satisfeito tras o punto de inflexión que supuxeron as tres vitorias da semana pasada,  Abel González, adestrador asturiano do...

O Conservas BM Porriño xunto a Ismael Martínez, o seu adestrador / XOEL GIL - VALONMANOCONV

Ismael Martínez, adestrador do Porriño: “É un partido dificilísimo contra un rival que está en cuartos de final en competición europea”

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Co inicio desta segunda volta na Liga Guerreras Iberdrola o técnico do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, Ismael Martínez...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

03/02/2023
Zona de lanzamentos do CGTD de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O CGTD de Pontevedra acolle o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos absoluto e Sub-23

03/02/2023
A atleta galega do Club Ourense Atletismo, Carmen Escariz, no Mundial de Marcha por equipos competindo por España nos 20 km, a deportista estará competindo en Ames no autonómico de marcha en ruta / RFEA

Ames, epicentro da marcha galega en ruta

03/02/2023
A Selección Galega no IV Memorial Ángel Sáez de kumite mixto / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE E D.A.

Bronce para Galicia no IV Memorial Ángel Sáez de karate

02/02/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.