• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés a pola terceira praza nun partido ante o KH-7 Granollers que Prades prevé “igualadísimo”

O conxunto da Guarda non ten baixas pese ao esforzo realizado para remontar na Copa | Ambos os equipos suman oito puntos, aínda que as galegas teñen un partido menos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/04/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Imaxe de arquivo dun partido entre Atlético Guardés e BM Granollers / ©SPORTCOECO

Imaxe de arquivo dun partido entre Atlético Guardés e BM Granollers / ©SPORTCOECO

53
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Guardés recibe ao KH-7 Granollers no Inferno da Sangriña para buscar o asalto a terceira praza nun partido que se disputará mañá, sábado 10 de abril ás 19:00 en terras galegas e contará con público nas bancadas. O adestrador, José Ignacio Prades imaxina “un partido igualadísimo”. Non é para menos, os dous conxuntos están empatados a puntos, aínda que as pontevedresas teñen un partido menos.

O cruce de mañá, sábado 10, corresponde á 3 ª xornada do grupo que loita polo título na Liga Guerreras Iberdrola de balonmán. Será dirixido polos colexiados Luis Colmenero Guillén e Víctor Rollán, ambos os dous do colexio de Castela e León.

Como fixo en varios tramos da tempada, o Atlético Guardés ten que volver cambiar o chip en tres días. Os que van entre a remontada do pasado mércores ante o conxunto do Zubileta Evolution – Bm. Zuazo (28-19), que lle deu o pase á fase final da Copa da Raíña, e o choque ligueiro deste sábado, de novo na Sangriña. O rival nesta competición e queda será desta volta o KH-7 Granollers. A cita deportiva está fixada para as 19:00 horas e nas bancadas haberá público, aínda que non poderán estar cheas ao contarse con aforo reducido por mor da pandemia de coronavirus.

Atlético Guardés vs Zubileta Evolution-Bm. Zuazo na Copa da Raíña na Sangriña / ©SPORCOECO
Atlético Guardés vs Zubileta Evolution-Bm. Zuazo na Copa da Raíña na Sangriña / ©SPORCOECO

Seguir vivas en varias competicións neste momento de tempada supón un contínuo volver empezar para as pupilas de José Ignacio Prades, que, a pesar da repetición de esforzos e os curtos intervalos de descanso, chegan máis que enteiras á cita. Sen lesións e antes dun breve descanso de face a coller aire para o últimas sete semanas da tempada. Polo tanto, o técnico ten a todas as xogadoras á súa disposición para este encontro da loita polo título na Liga Iberdrola de balonmán. 

Trátase dun duelo importante (aínda que a estas alturas todos o sexan). Pero neste caso ademais de avanzar á conquista do entorchado, o partido conta con importancia de cara a que as galegas do Atlético Guardés poidan repetir un ano máis en Europa.

O equipo catalán ocupa a terceira posición da táboa, empatado a oito puntos co conxunto galego. É dicir que estamos, a todos os niveis, nun clarísimo un enfrontamento directo por asaltar o terceiro chanzo do grupo polo título.

Desde logo, o Atlético Guardés ten a vantaxe de contar co factor A Sangriña. O apoio do público na cancha da Guarda adoita ser determinante a pesar da o medio gas de aforo que requiren as medidas de prevención de contaxio da COVID-19 ás que obriga a situación de pandemia. De novo, ao redor de dous centenares de fieis empuxarán ao equipo local, como xa fixeron na remontada do mércores. O Inferno da Sangriña está listo para arder unha tarde máis co calor das seareiras.

Plantilla do Balonmán Granollers / BM GRANOLLERS
Plantilla do Balonmán Granollers / BM GRANOLLERS

Ademais, José Ignacio Prades e as súas xogadoras teñen unha bala extra na recámara: o partido pendente fronte ao Rocasa Gran Canaria, que se disputará o vindeiro mércores 28, correspondente á segunda xornada ligueira. O equipo canario, segundo con 11 puntos, visita ao líder Bera Bera esta xornada. Unha derrota da escuadra de Carlos Herrera, combinada cun triunfo do Atlético Guardés, daría opcións á entidade presidida por Jesús López de asaltar incluso a segunda posición da táboa. Aí é nada!

Pero iso queda moi lonxe. O conxunto da Guarda céntrase en ir partido a partido e antes do parón internacional quere darlle unha dentellada a un novo billete europeo fronte a un rival directo, un Granollers que tamén xogou o mércores: foi fronte ao Rincón Fertilidad Málaga, nun encontro ligueiro aprazado que se gañou a domicilio a escuadra costasoleña (27-38).

Carmen Prelchi xogadora viguesa do Granollers | BM GRANOLLERS
Carmen Prelchi xogadora viguesa do Granollers nunha imaxe de arquivo | BM GRANOLLERS

O equipo vallesano, que acabou a primeira fase como o mellor do grupo B, acode á Sangriña coas importantes baixas de Lora Sarandeva e Lea Kofler, pero co resto do seu fantástico bloque en perfecto estado de revista, con xogadoras de moito nivel como as internacionais Ona Vegué, Janna Sobrepera e Nicole Wiggins ou a pivote viguesa Carmen Prelchi.

Prades: “Son dous puntos importantísimos para a clasificación europea”

O adestrador alacantino do Atlético Guardés resta importancia á acumulación de esforzos desta semana. “O equipo está máis que afeito xogar mércores – sábado e atópase cómodo nesta dinámica”, proclama, antes de lembrar que o Granollers “tamén xogou o mércores” e resaltar a vantaxe de desempeñarse “en casa”. “Estamos preparadas para dar o último esforzo antes deste pequeno parón”, salientou.

Prades da indicacións no banco do Atlético Guardés na Sangriña na Copa da Raíña / ©SPORCOECO
Prades da indicacións no banco do Atlético Guardés na Sangriña na Copa da Raíña / ©SPORCOECO

José Ignacio Prades dálle unha importancia capital ao encontro contra o conxunto do KH-7 Granollers: “Son dous puntos importantísimos de cara á clasificación europea para o ano que vén”. Nese sentido, o técnico de Petrer apelou ao “factor A Sangriña”. “Ter á xente na nosa pista é un factor determinante. Espero que nos axuden como sempre o fan. De estar o pavillón baleiro e que non haxa case nin eco a que estean polo menos 200 persoas que nos boten un cable, hai moita diferenza. Agradécese moitísimo”, apuntou J.I. Prades. “Estamos con moitas ganas de volver á nosa casa e aproveitar as boas sensacións que nos deixou a remontada”, engadiu.

Prades salienta o empuxe da afección na Sangriña: “Ter á xente na nosa pista é un factor determinante. Espero que nos axuden como sempre o fan. De estar o pavillón baleiro e que non haxa case nin eco a que estean polo menos 200 persoas que nos boten un cable, hai moita diferenza. Agradécese moitísimo”

“Imaxino un partido igualadísimo”, expresou sobre o envite o entrenador das galegas fronte a un rival que considera “un verdadeiro equipazo” e que cando comezou a liga “mesmo aspiraba ao título”.

O adestrador do Atlético Guardés non quere ver máis aló do duelo ante o KH-7 Granollers. “Imos partido a partido porque hai moita igualdade nesta fase e tratamos de centrarnos en sacar adiante os máis próximos” concluíu José Ignacio Prades.

A canle en YouTube do Club Balonmán Atlético Guardés emitirá o encontro en streaming

Etiquetas A Guardaa sangriñaAtlético GuardésbalonmánGranollersJosé Ignacio PradesKH-7 BM Granollers
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
04/06/2026
0

Segundo informou o Club Balonmán Atlético Guardés Jesús López dimite como presidente do club miñoto. Esta decisión chega, en palabras...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

por Redacción As Nosas
02/06/2026
0

O pasado 31 de maio fíxose efectiva a saída dá empresa guardesa Mecalia coma patrocinadora principal do Club Balonmán Atlético...

Banco do Guardés na final da EHF European Cup 2025-26 entre o Mecalia Atlético Guardés e o Michalovce / SPORTCOECO

O Guardés fai historia e levanta o seu primeiro título europeo ao vencer na final da EHF European Cup ao Michalovce (44-53 global)

por Redacción As Nosas
24/05/2026
0

O Mecalia Atlético Guardés imponse na Sangriña na volta da final da EHF European Cup que dominou en todo momento....

Parido de ida das semifinais da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán entre o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o Super Amara Bera Bera / BM PORRIÑO

O Bera Bera dá o primeiro golpe nas semifinais da Liga Guerreras ante o BM Porriño (28-32)

por Redacción As Nosas
17/05/2026
0

Nas semifinais do play off polo título da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán o Conservas Orbe Zendal BM Porriño non...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.