• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés sela seu pase a cuartos da European Cup unha sufrida vitoria diante o H71 Hoyvík (28-26)

No cómputo global da eliminatoria as galegas impuxéronse ao equipo de Faroe Islands por un tanteo total de 62-57 | Santiago e Lima comandaron a ofensiva e Carratú brillou en portería

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/01/2023
en Balonmán, Máis balonmán
Mecalia Atlético Guardés vs H71 Hoyvík / SPORTCOECO

Mecalia Atlético Guardés vs H71 Hoyvík / SPORTCOECO

175
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • Partido intelixente do Mecalia Atlético Guardés que, así e todo, tivo que pelexar polo triunfo até o final do encontro con H71 Hoyvík.
  • O equipo das Faroe Islands xamais se rendeu e presentou batalla en todo momento.

O Mecalia Atlético Guardés pechou o seu billete aos cuartos de final da EHF European Cup tras completar cunha nova vitoria a eliminatoria fronte ao H71 Hoyvík das Faroe Islands, disputada integramente na Sangriña. Tras impoñerse por tres goles no encontro de ida do sábado, no que exerceu de visitante (31-34), o equipo que prepara Abel González completou a faena cun novo triunfo o domingo, esta vez como locais. Aínda que, está claro, ese rol é unha simple formalidade porque o recinto guardés exerceu a súa maxia durante os 120 minutos dos oitavos de final.

O apoio da afección, de feito, foi diferencial. O conxunto miñoto completou tres partidos en apenas catro días, co enorme desgaste incluído de gañar ao Costa del Sol Málaga na súa pista, cunha viaxe de punta a punta da Península como engadido. No tramo final do encontro do sábado, as xogadoras de vermello e branco notaron o cansazo. Pero o domingo fixeron de tripas corazón, repuxéronse e foron capaces de volver superar ás nórdicas para coarse na antepenúltima rolda da competición.

Mecalia Atlético Guardés vs H71 Hoyvík / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardés vs H71 Hoyvík / SPORTCOECO

O seu custou. O conxunto feroés demostrou ter un nivel moi superior ao esperado e vendeu cara a súa derrota. Desde o primeiro minuto ofreceu unha resistencia notable, que obrigou a dar o máximo ás guardesas. Patrícia Lima asumiu a responsabilidade nos primeiros compases e das súas accións chegaron goles que poñían ao Mecalia Atlético Guardés con dous goles de renda (7-5, min. 10). Carratú facía o seu parte, con varias paradas de mérito.

Pero a resistencia nórdica era irredutible. Foi unha tónica durante toda a eliminatoria que o equipo miñoto tentase despegarse no marcador e atopase a resposta dun H71 Hoyvík que sempre neutralizaba. Así, lograron reducir a un o marcador ao descanso (13-12).

Mecalia Atlético Guardés vs H71 Hoyvík / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardés vs H71 Hoyvík / SPORTCOECO

Á volta dos vestiarios, a historia repetiuse. O Mecalia Atlético Guardés apertou en busca dunha vantaxe que resolvese a eliminatoria, pero as visitantes nunca baixaban os brazos. A velocidade de María Sancha deu un plus aos ataques locais e Dani Moreno afinaba desde o extremo para poñer unha pequena terra polo medio (18-15, min. 37). A resposta do H71 Hoyvíkchegou do seu mellor xogadora, unha Janna Mittún que deixou un moi bo sabor de boca durante toda a fin de semana.

Esta reacción prolongouse ata o punto de que a escuadra das Faroe Islands logrou vantaxe nos últimos minutos (23-24). Mesmo tivo unha bóla para poñerse a dúas. Neses momentos, as mozas xogadoras nórdicas notaron a presión da Sangriña e Carratú fíxose xigante para negarlles en gol en varias ocasións. As súas compañeiras responderon diante e puideron pechar unha vitoria que custou o seu pero que sabe a gloria: o Guardés está en cuartos de final.

Mecalia Atlético Guardés co público da Sangriña / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardés co público da Sangriña / SPORTCOECO

FICHA TÉCNICA

28) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (13+15): Marisol Carratú (p.); África Sempere, Sandra Santiago (9), Giselle Menéndez, Carolina Silva, Ángela Nieto (2), Pauli Fernández (2), Míriam Sempere (p.), Cris Cifuentes (2), Patrícia Lima (6), Celia López, Elena Amores, Carla Gómez, María Sancha (1), Daniela Moreno (6) y Ángela Portela.

26) H71 HOYVÍK (12+14): Rúna Larsen (p.), Elsa Egholm, Brynhild Palsdottir (2), Vár Bentsdottir (2), Bjork Brimnes, Maria Weyhe (7), Marita Mortensen, Lukka Arge (1), Alda Skardi (p.),  Inga Maria Joensen, Christina Arge (1), Lív Bentsdottir (1), Sára Jacobsen (1),Anna  Halsdottir (3), Janna Mittún (4) y Guorio Borg (4).

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 3-3, 6-5, 7-5, 7-7, 11-9, 13-12  – descanso –  16-14, 19-18, 20-19, 20-20, 23-24 e 28-26.

EQUIPO ARBITRAL: Sabien Weber e Denis Weinguin (Luxemburgo). Expulsaron por triple exclusión a Vár Bentsdottir, del H71 (min. 58). Excluíron con dous minutos ás locais Ángela Nieto, Pauli Fernández, Carla Gómez e Daniela Moreno e á visitante Brynhild Palsdottir.

INCIDENCIAS: Partido de volta dos octavos de final da  EHF European Cup, disputado no pavillón da Sangriña na Guarda. Na previa do choque fíxoselle unha homenaxe ás xogadoras Aroa Fernández (xuvenil) e Carmen Magallanes (cadete), así como ao técnico Fabio Lima pola súa actuación coa Selección Galega no CESA de balonmán celebrado en Alicante.

Etiquetas a sangriñaAbel GonzálezbalonmánCESAH71 HoyvíkMecalia Atlético Guardés
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

por Redacción As Nosas
12/06/2025
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou no serán de hoxe a ‘Xira Galega de Balonmán...

Galicia collerá o Campionato de España de Orientación en idade Escolar (CESA) / XUNTA DE GALICIA

Porto do Son acolle o Campionato de España de Orientación en idade escolar

por Redacción As Nosas
11/06/2025
0

  O secretario xeral para o Deporte amosou o seu convencemento de que a celebración do Campionato  de España de...

Presentación da fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán / XUNTA DE GALICIA

Galicia acolle a fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán

por Redacción As Nosas
27/05/2025
0

  Esta tarde, ás 17:00 h, tivo lugar na Casa do Deporte de Vigo a presentación oficial do Top 8, a...

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

por Redacción As Nosas
18/05/2025
0

  O  Conservas Orbe Zendal BM Porriño queda a un chanzo do título ao perder por un só gol diante do...

O Mecalia Atlético Guardés, xogará a final da European Cup / SPORTCOECO

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño, a pola European Cup

por Redacción As Nosas
16/05/2025
0

  Todo a Europa. Esa é a aposta do Conservas Orbe Zendal BM Porriño que ten diante de si facer...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

20/06/2025
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

18/06/2025
Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

18/06/2025
Presentación da fase final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo / XUNTA DE GALICIA

Presentouse a final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo

18/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.