• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés, un paso máis preto das semifinais ao vencer en Madeira 26-30

Ana Seabra estreouse con vitoria na que foi a súa casa e Fanny Descalzo e Nazaret Calzado viviron a súa reestrea coa camiseta guardesa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
12/02/2023
en Balonmán, Máis balonmán
O Mecalia Atlético Guardes festexa o triunfo en Funchal na European Cup ante o Madeira SAD Andebol coa súa afección / ATLÉTICO GUARDÉS

O Mecalia Atlético Guardes festexa o triunfo en Funchal na European Cup ante o Madeira SAD Andebol coa súa afección / ATLÉTICO GUARDÉS

114
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Mecalia Atlético Guardés sobrepúxose a un mal inicio (7-1 no primeiros oito minutos) para gañar por quinta vez noutros tantos partidos na European Cup.
  • Unha extraordinaria Míriam Sempere impulsou ao conxunto miñoto cara á remontada.

A estrea da adestradora Ana Seabra á fronte do banco do Mecalia Atlético Guardés saldouse cunha boa vitoria. O conxunto miñoto superou a domicilio ao Madeira SAD Andebol (26-30) no partido de ida dos cuartos de final da European Cup e obtivo unha valiosa renda de catro goles que debe confirmar no choque de volta do próximo domingo 19 na Sangriña.

E iso que o conxunto vermello empezou con dúbidas debido ao explosivo inicio da escuadra lusa. Empuxadas polo seu animoso pavillón, as xogadoras locais desarbolaron ao Mecalia Atlético Guardés cun demoledor parcial de 7-1 en oito minutos. Ana Seabra parou o partido cun tempo morto e, aínda que a reacción non foi inmediata, si que supuxo o xerme do que se produciu despois.

Míriam Sempere relevou a Marisol Carratú na portería, a defensa axustouse mellor (coa reestrea de Fanny Descalzo no centro do 6:0) e a partir dunha dobre exclusión do equipo local desatouse a tormenta.

Era o minuto 12 e o marcador do Pavilhao do Funchal reflectía un contundente 10-4. Pero o Mecalia Atlético Guardés soubo xogar a superioridade numérica e obter un parcial de 0-3 que volvía metelo no duelo. E así, ata o descanso. Porque o rendemento da porteira alacantina, combinado co traballo defensivo de todas as súas compañeiras, mantivo ao Madeira SAD Andebol en dez tantos durante 14 minutos. Mentres, os goles caían un tras outro na portería local ata lograr unha boa renda de tres dianas ao descanso (11-14).

A segunda metade certificou o triunfo do Guardés

Pero ese resultado era só o da primeira das catro partes da que consta esta eliminatoria. Quedaba moita pedra que picar. E aínda que o Mecalia Atlético Guardés logrou irse ata os seis goles nun bo inicio, o Madeira SAD Andebol nunca se rendeu. Nunha especie de efecto espello, unha dobre exclusión do conxunto miñoto permitiu ás locais enchufarse e poñerse a un tanto (21-22).

Aí foi cando volveu aparecer o mellor Mecalia Atlético Guardés. E a mellor Míriam Sempere. A de Santa Pola seguía encadeando paradas para frear o impulso madeirense. Aos poucos, o ataque tamén se tranquilizou. Lima axigantouse na dirección e da súa conexión coa liña empezaron a caer os goles.

Nazaret Calzado tamén debutou co Mecalia Atlético Guardés e ata asinou un gol. Así, a pesar de sufrir dúas exclusións máis, o cadro miñoto garantiuse unha vitoria valiosísima (24-30) que debe facer valer o vindeiro domingo na Sangriña.

FICHA TÉCNICA

26) MADEIRA SAD ANDEBOL (11+15): Isabel Gois (p.), Suelma Soares (p.); Neide Duarte (7), María Duarte (5), Marilene Souza (4), Rissia Oliveira (4), Joana Pires (3), Erica Tavares (2), Patrícia Rodrigues (1), Catarina Silva, Joana Ribeiro, Francisca Araújo, Patrícia Morais e Luana Jesús.

30) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (14+16): Marisol Carratú (p.); África Sempere (1), Sandra Santiago (3), Nazaret Calzado (1), Giselle Menéndez, Carolina Silva, Fanny Descalzo (1), Pauli Fernández (9), Míriam Sempere (p.) (1), Cris Cifuentes (1), Patrícia Lima (5), Celia López, Elena Amores, Carla Gómez, María Sancha (7) e Daniela Moreno (1).

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 5-1, 7-2, 10-5, 10-8, 10-10, 11-14 – descanso –  14-18, 15-24, 19-21, 21-24, 24-28 e 26-30.

EQUIPO ARBITRAL: Yves Schols (Países Bajos) y Stephen Martens (Bélgica). Excluíron con dous minutos ás xogadoras locais Marilene Souza (2) e Rusia Oliveira (2), así como ás deportistas visitantes Elena Amores (2), Patrícia Lima, Cris Cifuentes, Fanny Descalzo e Nazaret Calzado.

INCIDENCIAS: Partido de ida dos cuartos de final da European Cup, disputado no Pavilhao do Funchal (Madeira, Portugal). Antes do choque gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do tremor de terra en Turquía e Siria.

Etiquetas Ana SeabrabalonmánEuropean CUPFanny DescalzoMadeiramarisol carratúMecalia Atlético Guardésmiriam sempereNazaret Calzado
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

María Sancha, xogadora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

A capitá do Mecalia Atlético Guardés , María Sancha, valorou diante o equipo de prensa da Federación o resultado do...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

  A adestradora do Guardés, Ana Seabra, tamén estivo presente en San Sebastián este mediodía. Diante o resultado do sorteo,...

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O Guardés repetirá contra o Beti-Onak en cuartos de final da Copa da Raíña 2026

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

O sorteo da fase final da Copa da Raíña volveu emparellar ao Mecalia Atlético Guardés en cuartos de final co...

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.