• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés fai historia pasando por primeira vez a semifinais na EHF European Cup

O conxunto galego empatou á volta co Galychanka e coa vitoria da ida clasifícase para a seguite fase

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/02/2021
en Máis balonmán, Balonmán
O Guardés pasa por primeira vez a semifinais da EuroCup / SPORTCOECO

O Guardés pasa por primeira vez a semifinais da EuroCup / SPORTCOECO

149
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Atlético Guardés segue escribindo a súa historia. O conxunto galego ven de empatar na volta contra o HC Galychanka Lviv na EHF European Cup tras gañar na ida, o que lle fai merecedor de clasificarse para as semifinais da competición. Nestes segundo partido ante as ucraínas o resultado foi dun 24-24 (13-7 ao descanso).

Nesta volta, o Guardés chegou a ter unha renta de sete tantos, cimentada na primeira parte na defensa, a efectividade de Carratú en defensa e Sandra Santiago en ataque. Porén, o club visitante tamén chegou a poñerse por diante nos instantes finais, antes do 24-24 final e grazas ás rotacións, a suencia de Lima e Arcos nas locais e os minutos de probas.

O equipo dirixido por quinto ano consecutivo por José Ignacio Prades chegaba a este encontro cun colchón de oito goles, pero cun sete inicial condicionado polas baixas: Erika Rajnohova, Sandra Santiago, Paulina Buforn, Rosario Urban, Lorena Pérez, Sarah Valero e Marisol Carratú.

A férrea defensa do Guardés, clave na primeira parte

Despois duns primeiros minutos con varios fallos, as galegas colleron o ritmo e comezou a adiantarse no marcador. Santiago, Pérez, Urban, Buforn, Pérez e as paradas de Carratú deixaron ao Galychanka sen anotar ata o 8:30 (5-1), co gol de Furmanets.

O Atlético Guardés colocaba a Desclazo e Valero no centro da defensa, unha das claves na primeira parte do duelo, na que tamén foi fundamental Carla Gómez. O sexto por parte das locais chegou da man de Urban, desde os nove metros, pero instantes despois as ucraínas asinaban un parcial 0-3 que as deixaba a só dous puntos das galegas.

Barbosa ocupaba o posto de lateral dereito durante a inferioridade, pero o equipo de Prades seguía movendo o balón e, malia ter unha xogadora menos sobre a pista, Sandra Santiago anotaba despois da central eslovaca, facendo un dobre esforzo ao estar Lima e Arcos no banco.

O Guardés sentíase cómodo na súa pista, e o seu desfrute traducíase en puntos da man de Rajnohová, Pérez e Santiago, poñendo xa o 11-4 no luminoso. A excelente defensa local axudaba tamén á boa actuación da gardameta guardesa, que tiña un rexistro superior ao 50% de paradas.

Pola contra, o Galychanka acumulaba dez minutos sen anotar, ata que Dmytryshyn desde o extremo dereito puxo o quinto. Prades procedeu a pedir un tempo morto para dar instruccións ás súas pupilas no minuto 24, tras o cal chegou a segunda exclusión de Burforn. Entón, Barbosa ocupou o lateral e de novo Santiago aproveitouse da defensa ucraína pegada á liña de seis metros para volver a marcar un tanto.

O plantel de Andronov seguía apretando e acertando desde o extremo, pero Santiago volvía anotardesde a escuadra superior esquerda. Dmytryshyn non fallaba desde os 7 metros (13-7) e o Guardés mantiña a súa renda de 6-7 goles para irse ao descanso.

Prades aproveitou a segunda parte para mover banco

A falta de toda a segunda metade, o equipo local respiraba tranquilo, cunha renda global de 14 goles ao seu favor. Por iso, Prades aproveitou estes intres de remanso para facer gala das súas rotacións e facer probas co banco de cara aos seguintes duelos que ten o Guardés na súa axenda.

Desta forma, Míriam Sempere pasou a ocupar a portería guardesa. Tamén entrou África Sempere en pista. O Galychanka seguía traballando e chegaba un parcial de 0-3. 13-10 no marcador e primero Sempere desde 7 metros e despois Descalzo a portería vacía anotaban para o 15-10.

Porén, as exclusion pasábanlle factura ao Guardés en defensa, que vía como as rivais recortaban distancias. Isto non foi suficiente para que deixasen de liderar na pista, en parte grazas ao talento de Daniela Moreno, activa en defensa e encontrando a Sempere á contra, poñendo xa o 21-17 no marcador.

O adestrador rival, Andronov probaba o 6:0 despois de non ter sorte co 5:1. Minutos despois, Prades paraba tamén o partido para xogar cun 5:1 con África Sempere no avazado. Valero mostraba o seu alto nivel colocando o 22-19 revolvéndose nos seis metros, un resultado que aumentaría co tanto de Buforn, poñendo o 23-19.

Faltando só oito minutos para o final, o Guardés pecou de confianza, o que tivo que sinalar Prades nun tempo morto solicitado no 55:19. O Galychanka, nos instantes finais do duelo conseguiu a súa primeira vantaxe, de só un punto, (23-24), nun partido que rematou en empate co tanto de Rajnohová.

Malia os esforzos das ucraínas, as galegas deixaron claro que ninguén as vai frear na consecución do seu soño de facer historia en Europa. Por primeira vez, o Baixo Miño vivirá unhas semifinais continentais, e contra un rival español: o Rincón Fertilidad Málaga. Estes encontros celebraranse na fin de semana do 27-28 de marzo e 3-4 de abril.

1 de 35
- +
O Guardés pasa por primeira vez a semifinais da EuroCup / SPORTCOECO
Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

1. O Guardés pasa por primeira vez a semifinais da EuroCup / SPORTCOECO

O Guardés pasa por primeira vez a semifinais da EuroCup / SPORTCOECO

2. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

3. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

4. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

5. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

6. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

7. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

8. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

9. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

10. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

11. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

12. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

13. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

14. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

15. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

16. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

17. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

18. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

19. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

20. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

21. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

22. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

23. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

24. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

25. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

26. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

27. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

28. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

29. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

30. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

31. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

32. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

33. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

34. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

35. Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

Atlético Guardés - Galychanka / SPORTCOECO

FICHA TÉCNICA

24) Club Balonmán Atlético Guardés (13+11): África Sempere (2), Sandra Santiago (5), Lorena Pérez (3), Estefanía Descalzo (1), Míriam Sempere, Paulina Buforn (3), Patrícia Lima, Cristina Barbosa, Rosario Urban (2), Paula Arcos, Sarah Valero (1), Carla Gómez, Marisol Carratú, Erika Rajnohová (3), Laura Morais (1) e Daniela Moreno (3).

24) UKR HC Galychanka Lviv (7+17): Olesia Diachenko, Nataliia Shypliak (3), Iryna Prokopiak, Mariana Markevych (1), Yuliia Holovko, Olga Vasyliaka, Viktoriia Saltaniuk, Oleksandra Furmanets, Anhelina Ovcharenko, Mariia Gladun, Khrystyna Maikut, Maryna Konovalova (4), Kateryna Kozak, Anastasiia Melekestseva (3), Diana Dmytryshyn (9) e Tetiana Poliak (4).

RESULTADO CADA 5 MINUTOS: 3-0, 6-1, 6-4, 10-4, 11-5, 13-7 (descanso), 13-10, 17-14, 20-17, 21-18, 23-22, 24-24.

ÁRBITROS: Justas Ivanauskas e Edvinas Jencevicius. Excluíron por parte das locais a Buforn (2), Rajnohová (2), Morais e Sempere; e das visitantes a Furmanets (2), Dmytryshyn (2) e Melekestseva.

INCIDENCIAS: Partido correspondiente á volta dos cuartos de final da EHF European Cup disputado no pavillón de A Sangriña a porta pechada debido ás restricións vixentes en Galicia para evitar o contaxio da COVID-19.

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánCB Atlético GuardésEHF CupEHF EUROPEAN CUPGalychanka LvivguardésHC GalychankaJosé I. Prades
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.