• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Guardés e Porriño pechan unha primeira volta con claros e escuros

O conxunto miñoto segue imparable na Sangriña e vence por 37-17 ao Salud Tenerife | A escadra porriñesa non logar recuperar sensacións e volve perder fronte ao KH-7 Granollers (36-29)

Diego Andrade por Diego Andrade
08/02/2022
en Liga Guerreras Iberdrola BM
O Mecalia Atlético Guardés suma dous puntos de ouro fronte ao Salud Tenerife / SPORTCOECO

O Mecalia Atlético Guardés suma dous puntos de ouro fronte ao Salud Tenerife / SPORTCOECO

94
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Mecalia Atlético Guardés e Conservas Orbe Ruben BM Porriño despediron na pasada fin de semana a primeira parte do campionato doméstico dun xeito ben diferente. Por unha parte, o conxunto miñoto deulle continuidade ao seu bo estado de forma cunha abultada vitoria fronte ao Salud Tenereife por 37-17, mentras que o BM Porriño segue sen sumar de dous e cae ante o KH-7 Bm Granollers.

O Guardés non perde de vista Europa

O Mecalia Atlético Guardés négase a darlle as costas á súa presenza europea no vindeiro curso e segue a alimentar o soño a base de vitorias e de bo xogo.

Logo do traspé a pasada xornada fronte ao Costa del Sol, as xogadoras dirixidas por José Ignacio Prades regresaban a unha Sangriña, que conta por triunfos todos os partidos alí celebrados neste ano 2022, coa firme intención de volver a reengancharse aos postos altos da táboa clasificatoria.

Paula Arcos dispara a porta no encontro fronte ao Salud Tenerife / SPORTCOECO
Paula Arcos dispara a porta no encontro fronte ao Salud Tenerife / SPORTCOECO

Recibían a un BM Salud Tenerife, penúltimo clasificado da Liga Guerreras Iberdrola, inmerso nun dos seus peores momentos da tempada logo de acumular unha única vitoria nos seus anteriores 10 encontros.

O conxunto miñoto, coñecedor da debilidade do seu rival, imprimiulle un alto ritmo aos compases iniciais da contenda e cando o reloxo a penas cumpría o cuarto de hora inicial xa dispoñía dunha cómoda vantaxe de oito tantos, asestándolle un 10-2 ás tinerfeñas.

Co correr dos minutos, o triunfo das locais seguiu en aumento grazas ao bo facer ofensivo de Sandra Santiago, protagonista por mor das baixas de Ángela Nieto e Lorena Pérez, e de Daniela Moreno, quen cos seus oito tantos foi elixida mellor xogadora da xornada ligueira.

⭐️ ¡@DanuMoreno88 (@Atlguardes_ofic), elegida #GuerreraIberdrola de la Jornada 13! 💚

👏 ¡ENHORABUENA!#SheLovesHandball

— Guerreras Iberdrola (@IberdrolaDHF) February 7, 2022

Foi clave tamén a seguridade baixo paus da bonaerense Marisol Carratú, firmando unha actuación antolóxica no primeiro tempo con 13 paradas e un extraordinario 56% de efectividade, que permitiron que as locais marchasen a vestiarios cun 18-6 no electrónico.

No segundo tempo, o conxunto adestrado por José Ignacio Prades permitiuse levantar o pé do acelerador e o técnico de Petrer aproveitou para darlle minutos ás xuvenís Aroa Fernández, Yaiza Alonso e Márian Alonso, que mesmo detivo unha pena máxima.

➕2️⃣ Final! Partido moi serio de todo o equipo.

🏆 @IberdrolaDHF
📆 Xornada 13
🤾‍♀️ @Atlguardes_ofic 🆚 @BalonmanoSalud
🔥 A Sangriña
⏱️ 60′
🔢 37-17
#onosoInfernoéonosoceo 🖤💛 pic.twitter.com/tanr3lj8gV

— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) February 5, 2022

Con este triunfo, o Mecalia Atlético Guardés afiánzase na quinta posición con vinte puntos e permítese mirar de reollo cara os postos que dan acceso á clasificación continental, situándose a só tres puntos da segunda posición que actualmente ocupa o Unicaja Banco Gijón.

O BM Porriño navega á deriva en terra de ninguén.

O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño segue sen dar coa tecla neste inicio de ano e suma unha nova derrota para despedir a primeira metade do campionato doméstico.

Malia comezar o ano cun triunfo en terras levantinas fronte ao BM Morvedre, as xogadoras dirixidas por Ismael Martínez non foron quen de volver acadar os dous puntos nin na Liga Guerreras Iberdrola, nin na Copa da Raíña, onde o seu bo facer na ida non lles foi suficiente para pasar de rolda ante o Aula Cultural.

O pasado sábado, o conxunto do Baixo Miño presentábase no Palau D´Esports de Granollers coa firme intención de porlle fin á mala dinámica que arrastraba desde a xornada inaugural de 2022 e espantar posibles pantasmas.

Logo dun inicio de encontro marcado polas imprecisións nas dúas puntas da pista, o BM Porriño logrou meterse de cheo no encontro chegando a liderar o electrónico en varios parciais da contenda grazas á fluidez ao contraataque e á solidez defensiva do 6:0 que plantexou desde o banco Isma Martínez.

O BM Porriño sumou unha nova derrota na súa visita a Granollers / KH-7 BM Granollers
O BM Porriño sumou unha nova derrota na súa visita a Granollers / KH-7 BM Granollers

Deste xeito, ambos equipos chegaron ao tempo de descanso cunha absoluta igualdade no xogo e cun axustado 16-15 a prol das catalanas. A segunda vitoria a domicilio da tempada era unha opción máis que real, e as xogadoras porriñesas non reservaron nada de cara á segunda metade.

Á saída de vestiarios, as visitantes volcáronse sobre a área rival, e da man de Mica Casasola e Aitana Santomé acadaron darlle a volta ao marcador aos dez minutos da reanudación do xogo. As urxencias por reforzar a retagarda levou ao técnico galego a cambiar o seu esquema a un 5:1 con Aitana na vangarda do ataque.

Non obstante, o poderío ofensivo das barcelonesas valeulles para retomar a súa vantaxe grazas a un parcial de 5-1 que o conxunto porriñés non foi quen de levantar. De este xeito, o partido chegou ao seu remate cun 36-29 final que non reflexa fielmente a igualdade entre ámbolos dous conxuntos.

Final do partido, a pesar da igualdade na maior parte do partido as nosas non suman os dous ansiados puntos‼️@BMGranollers 36🆚Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño 29

📷 KH-7 Bm Granollers#LigaGuerrerasIberdrola pic.twitter.com/fHQO1YFGw7

— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) February 5, 2022

A vindeira xornada ligueira ambos conxuntos deberán desprazarse lonxe dos seus respectivos pavillóns para enfrontarse ao Aula Rural, no caso do Guardés, e ao Zuazo Barakaldo, no do BM Porriño. O conxunto porriñés inaugurará a xornada para os equipos galegos o venres ás 21:00 e as súas veciñas da Guarda farano un día despois ás 18:00 horas.

ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Participantes na carreira popular Coruña10 / CONCELLO DA CORUÑA

Aberto o prazo de inscrición para a XVII Coruña10

por Redacción As Nosas
23/03/2023
0

  O próximo 23 de abril terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis multitudinaria das carreiras da cidade, e...

A cativada, no Campionato Xunta de Galicia de 5K celebrado nas Pontes / CONCELLO DAS PONTES

Eva Piñel e Jorge Puig vencen no autonómico dos 5K celebrado nas Pontes

por Redacción As Nosas
22/03/2023
0

  Eva Piñel do A.F. Celta e Jorge Puig do Atletismo Santiago, proclamáronse gañadores galegos absolutos do Campionato Xunta de Galicia de 5K desenvolto...

CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ TW

Despedida con derrota para o CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
21/03/2023
0

  O punto e final á liga regular para o CV Arenal Emevé non foi doce. As galegas caeron derrotadas...

Persoas e entidades galardoadas nos Premios Deporte Galego 2019-2022 / XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia entrega os Premios Deporte Galego 2019-2022

por Redacción As Nosas
21/03/2023
0

  O presidente do Executivo galego participou na gala de entrega dos Premios Deporte Galego 2019-2022 que se celebrou en...

Iago Cerezuela e Silvia Carregal acudiron ao CEIP de Cervo en representación da redacción de As Nosas

Sementando igualdade por terras da Mariña

por Silvia Carregal
21/03/2023
0

  Hai uns días o equipo das Nosas recibiu un convite moi especial. Unha profe do CEIP Cervo, na Mariña...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Participantes na carreira popular Coruña10 / CONCELLO DA CORUÑA

Aberto o prazo de inscrición para a XVII Coruña10

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Participantes na carreira popular Coruña10 / CONCELLO DA CORUÑA

Aberto o prazo de inscrición para a XVII Coruña10

23/03/2023
A cativada, no Campionato Xunta de Galicia de 5K celebrado nas Pontes / CONCELLO DAS PONTES

Eva Piñel e Jorge Puig vencen no autonómico dos 5K celebrado nas Pontes

22/03/2023
CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ TW

Despedida con derrota para o CV Arenal Emevé

21/03/2023
Persoas e entidades galardoadas nos Premios Deporte Galego 2019-2022 / XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia entrega os Premios Deporte Galego 2019-2022

21/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.