Mala xornada para Mecalia Atlético Guardés e Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño na Liga Guerreras Iberdrola. Logo dun prometedor inicio de ano no que os equipos adestrados por José Ignacio Prades e Ismael Martínez acadaran a vitoria nos seus respetivos encontros, ambos conxuntos viron freado en seco o seu avance por mor de dous partidos nos que o resultado puido ter sido ben diferente.
O Guardés retrocede na súa loita por Europa
O Mecalia Atlético Guardés non foi quen de materializar en terras malacitanas a súa terceira vitoria consecutiva do 2022. Logo dos triunfos obtidos nas xornadas inaugurais do vixente ano fronte ao BM Morvedre e o Sant Quirze catalán, as xogadoras dirixidas por Prades poñían rumbo a Málaga para medirse a un dos mellores cadros da categoría.
O encontro, clave para definir as aspiracións europeas das da Guarda, enfrontaba a dous conxuntos candidatos a todo, separados por tan só un puntos. Por unha parte, o Costa del Sol, consolidado na terceira posición do campionato con 16 puntos, e por outra o Guardés, aferrado ás súas opcións continentais desde o cuarto posto con 15 puntos.
A desputa comezou cun tantexo inicial entre ámbolos dous conxuntos. Os primeiros parciais denotaban o respecto que se profesaron os dous eqwuipos ao longo de toda a contenda e deste xeito o primeiro tempo saldouse cunha desvantaxe para as da Guarda de soamente tres tantos.
Á saída de vestiarios, o encontro mantivo a mesma dinámica cun conxunto miñoto que o intentou pero que non era quen de penetrar na sólida retagarda malagueña. Con este panorama, as xogadoras dirixidas por Suso Gallardo chegaron a poñerse cinco tantos por riba, e malia os intentos do Guardés por remontar as locais acabaron levando os dous puntos.
Paula Arcos, con seis tantos foi o máis destacado das do Baixo Miño nun encontro que ben de seguro non esquecerá Carolina Silva, debutante na xornada do sábado.
Non puido ser, pero estamos moi orgullosas do voso increíble esforzo
🏆 @IberdrolaDHF
📆 Xornada 12
🤾♀️ @BMMalagaCosta 🆚 @Atlguardes_ofic
🏟️ Ciudad Jardín
🚌 Málaga
⏱️ 60′
🔢 28-24
📷 Joaquín Corrales / @BMMalagaCosta
#onosoInfernoéonosoceo 🖤💛 pic.twitter.com/HJRn0Tr5si— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) January 22, 2022
FICHA TÉCNICA
28) COSTA DEL SOL MÁLAGA (13+15): Merche Castellanos (p.), Virginia Fernández (p.); Estela Doiro (4), Silvia Arderius (2), Sole López (9), Sara Bravo (1), Talita Alves, Rocío Campligli (5), Almu Gutiérrez, Espe López (3), Carla Barranco, Laura Sánchez, Isabelle Medeiros (4), Daniela Jerónimo y Paula García.
24) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (10+14): Carratú (p.), Míriam Sempere (p.); Sandra Santiago (1), Nazaret Calzado (1), Carolina Silva, Lorena Pérez (2), Ángela Nieto (1), Estefanía Descalzo (2), Patrícia Lima (2), Paula Arcos (6), María Sancha, Gabriela Pessoa (4), Daniela Moreno (5).
PARCIAIS CADA 5 MINUTOS: 1-3, 5-5, 7-6, 8-8, 11-10, 13-10 – descanso – 15-10, 17-13, 18-16, 20-19, 24-23, 28-24
ÁRBITROS: Sebastián Fernández e Alberto Murillo do colexio andaluz. Expulsaron por triple exclusión a Patrícia Lima, do Guardés (min. 54). Excluíro dos minutos á xogadoras locais Rocío Campigli (2), Espe López (2), Isabelle Medeiros e Estela Doiro e tamén á deportista visitante María Sancha.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á duodécima xornada da Liga Guerreras Iberdrola disputado no Polideportivo Ciudad Jardín de Málaga.
O Elxe frea a boa dinámica do BM Porriño
O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño sucumbiu con toda honra fronte ao Visitelche.com BM Elche poñendo punto, agardemos que e seguido, ao seu bo estado de forma. As ilicitanas, vixentes gañadoras da Copa da Raíña e sétimas clasificadas no campionato doméstico levaron un gran botín do Municipal nun partido marcado pola igualdade entre ambos conxuntos.
As xogadoras de Ismael Martínez, coa moral recargada logo de inaugurar o seu saco de puntos a domicilio na xornada anterior fronte ao BM Morverdre, propuxéronlle un encontro de ti a ti a un dos conxuntos máis sólidos da competición.
Tras o asubío inicial, as xogadoras dirixidas por Ismael Martínez semellaban conxeladas polo frío de xaneiro, concedendo unha vantaxe de cinco goles ás alacantinas nos primeiros quince minutos de encontro. A sequía das locais confrontaba á asoballadora eficacia dun Elxe que practicamente contaba as súas ofensivas por tantos.
A reacción das porriñesas chegou antes do tempo de descanso encabezada polo acerto da canaria Haridian Rodríguez, que con seis tantos foi a máxima anotadora do encontro xunto á visitante Elena Martínez.
A segunda parte do encontro tivo como gran protagonistas ás gardametas Estela Carrera e Pamela Rodrigues, que coas súas paradas provocaron que ambos equipos se mantivesen vivos nun partido que finalmente se levaron as visitantes por catro tantos de vantaxe.
⚔️ El @cbm_elche sabe sufrir y se lleva los puntos en su visita al @BmPorrino
🔥 Protagonismo para @estelacarrera16 y Pamela Rodrigues en las metas de ambos conjuntos.
📝 Crónica del Partido Estrella de @teledeporte 👇
— Guerreras Iberdrola (@IberdrolaDHF) January 22, 2022
FICHA TÉCNICA
22) CONSERVAS ORBE RUBENSA BM PORRIÑO (10+12): Carolina Bono, Micaela Casasola (4), Érica Tavares (3), Inés Hernández, Aitana Santomé (3), Arima López, Anthia Espiñeira (2), Maider Barros (2), Sarai Samartín, Haridian Rodríguez (6), Sandra Fernández (1) , Thais Fermo (1), Carme Castro, Estela Carrera e Fátima Ayelén.
25) Visitelche.com BM ELCHE (11+14): Ekaterina Zhukova, África Sempere (3), Giselle Menéndez (1), Celia Guilabert (2), Patricia Méndez, Nuria Andreu (2), Ivet Musons (3), Clara Gascó (5), María Flores (1), Elena Martínez (6), Joana Bolling, Paola Bernabé (2), María de Gracia, Pamela Rodrigues e Nicole Morales.
PARCIAIS CADA 5 MINUTOS: 1-2, 2-6, 2-7, 4-7, 7-9, 10-11 – descanso – 12-12, 13-16, 15-16, 17-18, 20-21, 22-25.
ÁRBITROS: Colexiados Jorge Escudero e Jesús Escudero. Excluíron no bando do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño as xogadoras Aitana Santomé, Maider Barros, Sarai Samartín e Sandra Fernández. No equipo do Visiteelche.com excluíro a África Sempere, Ivet Musons, Clara Gascó, María Flores e tamén a Elena Martínez.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á duodécima xornada da Liga Guerreras Iberdrola. Disputado no Pavillón Municipal do Porriño.
A Copa para esquecer os males da Liga Guerreras
Despois do traspé que supuxo esta xornada na Liga Guerreras, os conxuntos galegos terán a opción da revalida na ida da segunda rolda da Copa da Raína. Neste caso, na competición do ko o Mecalia Atlético Guardés vaise enfrontar ao BM Bolaños en territorio madrileño. Mentras que no caso do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño recibirá ao Aula Cultural no Municipal do Porriño. Ambos encontros se disputarán o vindeiro mércores 26 de xaneiro de 2022.
Este mércores volvemos a xogar para poder estar na #CopaReina2022 coa ida da 2º fase‼️
🆚 @BmAulaCultural
⏰21:00
📍Pavillón Municipal do Porriño
🔴En directo por YouTube: https://t.co/axVWDwqYIU📷 @vggaribay @depo_es pic.twitter.com/kmUJnKKc70
— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) January 24, 2022