A nova Xunta Directiva do Club Balonmán Atlético Guardés e o Concello da Guarda mantiveron a súa primeira reunión oficial tras a confirmación do novo proxecto para a entidade guardesa.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Deportes, Montse Magallanes, puideron coñecer aos novos integrantes da Xunta Directiva e escoitar as necesidades da entidade que lles trasladaron.
Desde o equipo de goberno tendeuse a man ao club para traballar xuntos e que o equipo pontevedrés, cuxo equipo senior milita na Liga Guerreras Iberdrola, continúe sendo un referente no balonmán feminino español e galego.
Melloras no templo Guardés da Sangriña
O novo presidente da entidade, Jesús López, trasladou, por exemplo, unha lista de accións de mellora que son de urxencia acometer na Sangriña á espera de que o proxecto do novo pavillón poida converterse nunha realidade.
López incidiu na importancia de “ir da man con Concello da Guarda, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia para ter unhas instalacións deportivas á altura do club”, remarcou.
Tamén se puxo sobre a mesa o reclamo de maior apoio económico por parte da institución guardesa, de mellorar a comunicación entre ambas as partes, de elaborar os protocolos necesarios para a práctica deportiva e de asistencia de público á Sangriña e traballar en iniciativas conxuntas que permitan ao club chegar a toda A Guarda e seguir traballando tamén para as categorías inferiores do club. “Nuns anos oxalá varias xogadoras guardesas estean xogando non equipo sénior”, desexou Antonio Lomba.
Antonio Lomba, alcalde da Guarda: “Nuns anos oxalá varias xogadoras guardesas estean xogando non equipo sénior”