• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés dille adeus a Europa loitando até o final co Málaga

As de Prades despídense cun global de 44-37 nas semifinais da EHF European Cup e centraranse agora na segunda fase da Copa da Raíña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/04/2021
en Máis balonmán, Balonmán
Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

80
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Atlético Guardés non é capaz de completar a remontada en Málaga (21-19, 7-9 ao descanso) e cae con honras tras pór contra as cordas ás de Gallardo durante 45 minutos 

Gañar na derrota. Un paradoxo. Pero iso é o que experimentou esta tarde o Atlético Guardés no pavillón de Ciudad Jardín de Málaga. Sesenta minutos de entrega, sesenta minutos de sentir en equipo, sesenta minutos de esforzo, sesenta minutos de compromiso. Pero o premio non chegou e as bágoas brotaron dos corazóns guardeses.

Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA
Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

Ao equipo que adestra José Ignacio Prades se lle atragantó de novo o partido por culpa da porteira Merche Castellanos un partido que quixo encarrilar co 0-4 de parcial e no cal as locais foron incapaces de empatar ata que Estela Doiro puxo o 9-9 no marcador. Ao final, un doloroso 21-19, loitado até o final, que afastou ao Guardés cun global de 44-37 da súa primeira final continental. Perder sen poder facer nin un reproche á actitude e traballo do teu equipo, é mellor que moitas vitorias.

Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA
Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

O electrónico en Ciudad Jardín marcaba 0-0 ás 19:00 horas. Pero non na mente das xogadoras guardesas. Sabían que partían cun -5 de desvantaxe e cada minuto era importante para chegar ao final do partido con opcións de remontar o 18-23 do partido de ida nas semifinais da EHF European Cup.

Entre as primeiras accións: parada de Carratú. Gol de Lorena Pérez (0-1). Perda do Málaga e Sarah Valero á carreira puña o 0-2. O pivote hispanofrancesa traballa no centro da defensa con Estefanía Descalzo. Unha auténtica muralla para o Málaga, que non era capaz de pór a funcionar a súa mermada primeira liña. Recuperación do Guardés e Paula Arcos sen ningún tipo de titubeo puña o 0-3. Buforn para o 0-4 e resposta de Almudena Gutiérrez para o 1-4. E chegou, chegou a primeira parada de Merche Castellanos, quen de novo se antollaría determinante para dar a vitoria ao seu equipo.

Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA
Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

Ambos os conxuntos cometían erros, Gutiérrez anotaba de novo (2-4) ante unha defensa guardesa que tardou en colocarse e a seguinte, nova parada de Merche Castellanos a Arcos. E sobre ela poderíanse escribir liñas infinitas, enumerando todas as intervencións importantes, como o 7m que atallou a Paulina Buforn.

O Guardés recuperaba balóns que perdía entre as súas mans de manteiga, pero a defensa e Carratú baixo paus mantiñan a distancia. Valero para o 2-5 e o Málaga, que comezou sen Arderius, sufría no ataque posicional. Sole López reapareceu esta tarde para o 3-5 e Doiro puña o 4-5 para chegar ao 15. O partido íase apertando e o Guardés sabía que non podía durmirse nos loureiros.

Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA
Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

José Ignacio Prades empezou a buscar novos activos no banco. Rajnohová por Lima para dirixir ao equipo e primeira superioridade pola exclusión de Doiro. Arcos para o 4-6, pasos de Medeiros, e o lanzamento de Buforn para o 4-7… cazado por Castellanos.

O Málaga mostrábase fallón, con numerosas perdas, pero o Guardés tampouco conseguía brillar. Despois de varios intentos o domingo pasado, por fin Lorena Pérez puido deleitar ao público -iso si desde a distancia- dunha precisa vaselina que superou a Castellanos para o 4-7 do minuto 20.

Estaba a custar, pero o Atléticco Guardés dominaba o partido aínda que a renda non era suficiente para culminar a súa ansiada remontada. Apareceu Urban (Buforn comezou no seu extremo) para anotar outra vaselina na súa primeira intervención (4-8) e saltou a alerta no banco local. Suso Gallardo pediu tempo morto no 21:21.

Unha vez máis, o Guardés topouse cun muro chamado Castellanos

Tras a pausa, paradas de Carratú e Castellanos. E a defensa visitante con caras novas (Carla Gómez por Descalzo e África Sempere defendendo no dous) mostrábase moi férrea. María Pérez anotaba o 5-8, pero todo indicaba que o Guardés estaba a dar coas claves do partido: defensa sólida que forzaba os fallos locais, mellor selección de lanzamentos (a pesar das 7 paradas de Castellanos) e tamén a achega de Marisol Carratú (5 intervencións notables).

Castellanos, na EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA
Castellanos, na EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

Exclusión a Arcos e Rocío Rojas lanzou fóra un 7m. O Málaga, a pesar do colchón de cinco goles, mostrábase nervioso. Ou iso pareceu ata que Silvia Arderíus fixo de tripas corazón para axudar ao seu equipo a pesar das súas molestias físicas (na Sangriña sufriu unha escordadura de nocello). Saíu e xa anotou o seu primeiro 7m (6-8).

Bo momento o escollido por Prades para pedir tempo morto, refrescar ideas e incidir ás súas xogadoras no reforzo da defensa 6:0 no 26:49. Outro gol polo curto abaixo de Lorena Pérez (6-9) e parada de Carratú, e enésima parada de Castellanos, esta vez a unha Sandra Santiago que lanzou precipitada ante a advertencia de pasivo. E Doiro puxo o 7-9 para pechar o primeiro acto.

O Guardés tan só tiña que repetir o guion do inicio, pero as liñas torcéronse. Arderíus, marcando a diferenza, anotou ante Míriam Sempere para o 8-9. Perda galega e, por primeira vez no partido, o Málaga empatou a través de Doiro (9-9). Exclusión para Sara Bravo e Castellanos parou un novo 7m a Paula Arcos, pasos galegos, López á madeira… e entre a tolemia cartón de tempo morto consumida por Prades.

Atlético Guardés nas semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA
Atlético Guardés nas semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

Estaba claro que o partido non estaba no punto correcto para os intereses guardeses e que era máis que necesario recuperar a intensidade, a orde e a selección de lanzamentos máis claros. Xusto como o que fixo Urban desde o extremo (9-10). E os detalles empezaron a ser determinantes.

O Guardés puido recuperar un balón na súa traxectoria cara ao pivote malagueño antes de que Martina Mazza anotase un auténtico golazo. Perda local, lanzamento de Arcos, e mesmo final: parada da incombustible Merche Castellanos.

Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA
Rincón Fertilidad Malaga vs Atlético Guardés, semifinais da EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

Medeiros tirouna fóra. E o partido convertíase nun auténtico querer e non poder para o conxunto do Baixo Miño, que quería continuar a súa oitava aventura europea e alcanzar por primeira vez unha final continental. Pero esta vez non ía se é posible. Opcións tiradas pola borda para recuperar o +3. E está claro, que un equipo que aspira a todos os títulos (xa gañou a Copa da Raíña 2020 e a Supercopa de España) non ía tirar a toalla e buscaría gañar os dous partidos da eliminatoria. E así foi.

Arderíus para o 10-11. Urban, moi fina, para o 10-12. Arderíus para o 11-12. E Doiro para volver pór táboas (12-12). Quen o ía a dicir tras o visto o pasado domingo, pero ao Málaga custoulle suor e bágoas coller o mando no marcador.

María Pérez tivo a honra (13-12). E, quen ía ser: Arderíus, 14-12. Quería o Atlético Guardés apurar as súas opcións até o final, non baixar os brazos, se había que caer? ía ser coa cabeza alta. Aínda houbo igualdade no 15-15, no 17-17 e aínda que Prades pediu un novo tempo morto no 55:59 xa todos os esforzos foron en balde para culminar a remontada, pero non para deixar unha boa imaxe en Cidade Xardín.

Rincón Fertilidad Málaga, EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA
Rincón Fertilidad Málaga, EHF European Cup / CB MÁLAGA COSTA

Estalou a alegría local co 21-19 final, un resultado amargo para as galegas. Un equipo que seguramente necesitará máis que os infinitos quilómetros que separan A Guarda de Málaga en autobús para darse conta de que algunhas veces se pode gañar mesmo na derrota.

Máis lles vale ás galegas reporse pronto, porque o mércores A Sangriña espera ao Zubileta Evolution-Bm. Zuazo (20:15 h) para vivir a volta da segunda fase da Copa da Raíña. Aí si que o Guardés non pode permitirse fallar.

FICHA TÉCNICA

21) RINCÓN FERTILIDAD MÁLAGA  (7+14): Estela Doiro (5), Silvia Arderíus (4), Sole López (4), Sara Bravo, Rocío Campigli, María Pérez (2), Almudena Gutiérrez (2), Esperanza López, Laura Sánchez, Isabelle dos Santos (2), Merche Castellanos, Rocío Rojas (2) e Virginia Fernández.

19) CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS  (9+10): África Sempere, Sandra Santiago, Martina Mazza (1), Lorena Pérez (3), Estefanía Descalzo, Míriam Sempere, Paulina Pérez (2), Patrícia da Silva, Rosario Urban (5), Paula Arcos (3), Sarah Valero (2), Carla Gómez (1), Marisol Carratú, Erika Rajnohová (2), Laura Morais e Daniela Moreno.

ÁRBITROS: Alain Rauchs e Philippe Linster (Luxemburgo). Exluíron por parte do equipo local a Estela Doiro e a Sara Bravo, e nass visitantes a Paula Arcos.

PARCIALES CADA 5 MINUTOS: 0-3, 2-4, 4-5, 4-7, 5-8, 7-9 – descanso – 9-9, 9-11, 11-12, 14-13, 16-16, 21-19.

INCIDENCIAS: Partido de volta das semifinais da EHF European Cup disputado en Ciudad Jardín (Málaga) con público. Resultado na ida, 18-23. No global da eliminatoria: 44-37 para o Rincón Fertilidad Málaga.

Etiquetas balonmánCB Atlético GuardésEHFEHF EUROPEAN CUPMálagarincón fertilidad málaga
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.