• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés dá un paso cara á final impoñéndose ao AtticGo Elche (22-23)

A solidez defensiva volveu ser clave nun encontro pechado e con alternativas | A volta, o sábado na Sangriña (19:30), coa primeira final continental do balonmán galego en xogo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/03/2023
en Balonmán, Máis balonmán
AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE

AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE

131
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • O Mecalia Atlético Guardés callou unha firme actuación colectiva, chea de compromiso e entrega ante o AtticGo Elche.
  • Patrícia Lima, que volvía de lesión, fixo nove goles e Sandra Santiago cinco, tres deles consecutivos nos últimos minutos do atopo
  • Míriam Sempere volveu brillar e foi clave con dous penaltis detidos 

O  Mecalia Atlético Guardés deu o primeiro paso cara ao seu soño. Fíxoo cunha traballadísima vitoria na pista do AtticGo Elche (22-23), que lle permite comezar cun gol de vantaxe a resolución das semifinais da European Cup, o vindeiro sábado na Sangriña.

O das galegas foi un triunfo baseado novamente no alto rendemento defensivo e no compromiso coral de todo o equipo que cristalizou en nove goles de Patrícia Lima e en tres consecutivos nos últimos minutos de Sandra Santiago. O equipo que adestra  Ana Seabra fixo a primeira metade do traballo. O sábado, ás 19:30 horas, terá que completalo. En xogo, a primeira final continental da historia do balonmán galego.

AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE
AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE

O factor ambiental deixouse notar nos primeiros compases. O animoso público ilicitano impulsou ás súas xogadoras diante unhas visitantes algo tímidas. Como resultado, un 4-1 de parcial. Pero a consistencia deste Guardés aguanta o que sexa. Tamén a súa convicción.

Aos poucos, o conxunto miñoto asentouse en defensa, Míriam Sempere empezou a producir baixo os paus para equipararse coa súa homóloga na portería contraria, Nicole Morales, que empezou o duelo con moito acerto. Unha arrancada visitante provocou un parcial de 2-7 para poñerse por diante.

AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE
AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE

O demoledor poder destrutivo de Sandra Santiago, a velocidade no pivote de Cris Cifuentes primeiro e África Sempere despois, a electricidade de Pauli Fernández. Todo sumaba. Pero é nestes partidos onde Patrícia Lima está na súa salsa. A central internacional portuguesa forzou para axudar ao equipo desde dentro da pista e aínda recentemente recuperada dunha forte escordadura de nocello, callou un partido extraordinario. Cando máis apertaba o equipo local, anotou varios goles seguidos con lanzamentos en apoio.

Na segunda metade un gol dá o triunfo ao Guardés

Pero foi na segunda parte cando a de Matosinhos desatouse. Unha actuación portentosa elevou a súa cifra goleadora aos nove tantos, ademais dun notable labor defensivo e de dirección. A pesar de todo, o AtticGo Elche seguía en partido. O conxunto ilicitano recortou tres goles de desvantaxe ao final do primeiro acto e no arranque do segundo soubo aproveitar á perfección os momentos de superioridade numérica para lograr vantaxes. Iso si, sen pasar nunca dun gol.

Chegados os dez minutos finais, parecía claro que, fora cal fora o resultado, ía ser ajustadísimo. A Sangriña ditará sentenza. Quizais por esa igualdade, era importantísimo rascar de onde se puidese. Un roubo e un gol nun minuto por parte de Daniela Moreno foi o disparador.

Banco do Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE
Banco do Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE

Logo chegou a terceira exclusión de Alexandra do Nascimento e a irrupción de Sandra Santiago no momento clave. A de Águeda asumiu a responsabilidade con dous goles seguidos desde os sete metros e un máis en penetración.

Antes, na outra portería, Míriam Sempere detivera outros tantos penaltis. Coa súa actuación e a da defensa, o  Mecalia Atlético Guardés aguantou e selou unha vitoria pola mínima, pero vitoria á fin e ao cabo. O sábado que vén, a resolución na Sangriña.

FICHA TÉCNICA

22) ATTICO ELCHE (12+10): Nicole Morales (p.); Zhukova (1), Van Zijl (3), Oppedal, Celia Guilabert (1), Patri Méndez (3), Nuria Andreu, Pamela Rodrigues (p.), Clara Gascó (2), María Flores (3), Zaira Benítez (2), Elena Martínez (2), Pipy Wolfs (1), Paola Bernabé (3), Alexandra do Nascimento (1) e Raquel Morei.

23) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (12+11): Míriam Sempere (p.); África Sempere (2), Sandra Santiago (5), Giselle Menéndez (1), Carolina Silva, Pauli Fernández, Marisol Carratú (p.), Cris Cifuentes (3), Celia López, Elena Amores (2), Carla Gómez, María Sancha e Daniela Moreno (1).

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 2-0, 4-2, 5-6, 7-8, 9-11, 12-12 – descanso – 13-14, 15-15, 16-16, 19-18, 20-20 e 22-23.

EQUIPO ARBITRAL: Barbora Bocakova e Lucia Janosikova (Eslovaquia). Expulsaron por tripla exclusión a Alexandra do Nascimento, do Elxe (min. 57). Excluíron con dous minutos ás locais Celia Guilabert (2), Zaira Benítez e Pipy Wolfs e ás visitantes Estefanía Descalzo, Celia López, Carla Gómez e María Sancha.

INCIDENCIAS: Partido de ida das semifinais da Copa Europea  European Cup , disputado no pavillón Esperanza Lag de Elche.

Etiquetas Atticgo Balonmano ElchebalonmánMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.