• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Renovadas Sandra Santiago e María Sancha, blíndase a primeira liña do Guardés cara ao curso 2022-23

Sandra Santiago: “Estou moi contenta de seguir formando parte deste gran club” | María Sancha: “Esperamos gozar, facer gozar e que todo nos salga ben”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/06/2022
en Liga Guerreras Iberdrola BM, Balonmán
Sandra Santiago renova co Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Sandra Santiago renova co Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

50
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • A internacional portuguesa Sandra Santiago continuará no curso 2022/23, será o cuarto na Guarda para ela.
  • A xogadora palentina renova tras unha gran toma de contacto coa categoría e disposta a ir a máis no seu segundo ano.

O Mecalia Atlético Guardés segue dando pasos na confección do seu persoal para a próxima tempada. E, no referente á primeira liña, pechou a continuidade de Sandra Santiago e María Sancha. Para a internacional lusa será a cuarta campaña na desembocadura do Miño, mentres que a palentina sumará a segunda, despois de chegar o pasado verán á Sangriña para debutar na máxima categoría tras explotar no Rodríguez Cleba leonés de Prata.

Santiago, pola súa banda, chegou en 2019 xunto á súa compañeira de selección Patrícia Lima. Ambas creceron xuntas na Guarda, tanto dentro como fóra da pista. E seguirano facendo o ano que vén. Ademais do dinamismo propio dos ataques do conxunto miñoto, Sandra Santiago achega lanzamento exterior. Un matiz que a adoita distinguir do resto da primeira liña e un valor engadido en moitos partidos.

Esta tempada Sandra Santiago achegou 71 goles ao equipo, entre outras moitas cousas. A gran espiña cravada foi unha luxación de ombreiro producida nun partido con Portugal, que a apartou de disputar a fase final da Copa da Raíña en Donostia, onde acudiu para apoiar ás súas compañeiras desde fóra.

“Estou moi contenta de renovar un ano máis e seguir formando parte deste gran club”, explica a primeira liña de Águeda. “É unha alegría poder seguir gozando deste bonito pobo, que é A Guarda, e tamén da mellor afección do país”, engade Sandra Santiago, que se mostra con “moitas ganas” de “comezar a nova tempada, coñecer ás novas compañeiras e seguir levando o nome do Atlético Guardés e da Guarda por Europa”.

E se o ano pasado foi o do debut, o que vén será o da confirmación para María Sancha. A palentina deixou unhas sensacións inmellorables nos minutos que estivo en pista. E aínda que chegou á Guarda como central, a maior parte dos minutos desta estrea en División de Honra producíronse xogando en ambos os laterais.

Electricidade pura. Penetracións punzantes, cambios de dirección fulgurantes e moita fluidez convertérona nun complemento perfecto, capaz de cambiar o rumbo dos partidos saíndo desde o banco. María Sancha sumou 51 tantos este curso. O seu obxectivo para o próximo é mellorar todos os seus números e consolidarse definitivamente na liga Guerreras Iberdrola.

“Estou súper contenta de renovar un ano máis. Síntome moi a gusto tanto co club como coa xente do pobo porque sinto que é coma se estivese na miña casa”, destaca a palentina, que augura unha tempada 2022/23 “difícil” pero que tamén terá “bos momentos” nas tres competicións que disputará o Guardés. “Imos ter un equipo competitivo, que poderá loitar polos postos de arriba e imos estar tamén en Europa, que é un punto moi a favor”, expresa María Sancha, que espera “gozar, facer gozar, xogar e que salga todo ben”.

Etiquetas Abel GonzálezbalonmánMaría SanchaMecalia Atlético GuardésrenovaciónSandra Santiago
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Replasa Beti-Onak vs Mecalia Atlético Guardés / BELFONT.PHOTO

O Guardés tropeza no primeiro partido ligueiro fronte ao Beti-Onak (18-13)

por Redacción As Nosas
04/09/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés estivo desacertado e sen fortuna para portería no primeiro partido da tempada na Liga Guerreras...

Rocasa Gran Canaria vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / BM REMUDAS

Estrea con triunfo a domicilio do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño (21-31)

por Redacción As Nosas
04/09/2023
0

  O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño empezou a competición regular na Liga Guerreras Iberdrola do mellor xeito posible: vencendo...

Cristina Cabeza adestra ao Mecalia Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

Cristina Cabeza: “As sensacións da pretemporada son boas, a pesar de tantos cambios no bloque”

por Redacción As Nosas
02/09/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés que adestra Cristina Cabeza mídese ao conxunto navarro do Replasa Beti-Onak no primeiro partido do...

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño 2023-24 / BM PORRIÑO

Ismael Martínez quere que este curso o BM Porriño “xogue cousas importantes” e así “enchelo pavillón”

por Redacción As Nosas
02/09/2023
0

  A liga Guerreras Iberdrola volve tras tres meses de descanso. Durante este tempo, os 12 equipos que conforman a...

O Mecalia Atlético Guardés vence a Supercopa de Galicia 23 ao gañar ao Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / ATLÉTICO GUARDÉS

O Guardés leva a Supercopa de Galicia ao gañar ao BM Porriño con claridade (31-23)

por Redacción As Nosas
27/08/2023
0

  Ao Mecalia Atlético Guardés non lle freou o cansazo que arrastraba da Summer BAG e conquistou a Supercopa de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.