- O partido, da novena xornada, moveuse a este sábado debido aos compromisos europeos de ambos os equipos, Rocasa Gran Canaria e Mecalia Atlético Guardés, e á data libre que deixa a disputa da Supercopa de España.
As dúas contundentes vitorias do Mecalia Atlético Guardés no seu compromiso europeo ante o Juro Unirek VZV neerlandés na inauguración da reforma da Sangriña foron unha inxección de moral magnífica para o grupo que dirixe Abel González. Un plus de enerxía para afrontar un compromiso da máxima dificultade este sábado nas Illas Canarias (20:30, hora peninsular). O pavillón Antonio Moreno de Telde espera o Rocasa Gran Canaria BM Remudas, un dos grandes candidatos a levantar o título da liga Guerreras Iberdrola a final de tempada. Arbitrarán o choque os colexiados José Alberto Macías e Ernesto Ruiz. O cruce poderá verse ao vivo por streaming na canle de youtube de Canarias Deporte.

O equipo amarelo é segundo clasificado. Empata a puntos (14) co líder Super Amara Bera Bera, e as terceiras, que son as galegas do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, que, iso si, ten un partido máis, pero que enlazou unha serie de cinco vitorias consecutivas e non baixa da cuarta praza desde a sexta xornada da competición ligueira.
Este verán o Rocasa Gran Canaria recuperou para a causa a xogadoras internacionais como Almudena Rodríguez ou Marta Mangué. Tamén incorporou á estrela sueca Sabina Jacobsen. Todo iso xunto a un bloque de figuras como Alba Spugnini, Sayna Mbengue ou María Gomes. Ademais, para sobrepoñerse ao tropezón de perder á porteira das Guerreras Silvia Navarro para toda a tempada, incorporou a Lulú Guerra, unha das mellores gardametas da liga nas súas últimas tempadas. Isto fala do músculo económico dun club que fixo un investimento moi potente para tentar poñer en xaque a hexemonía do Bera Bera e gañar a competición ligueira, como xa fixo en 2019.
Semellante potencial derivou nunha traxectoria case sen mácula. Apenas unha: a derrota na pista de Aula Valladolid, no primeiro encontro despois do parón. O resto de choques -sete- os conta por vitorias. Iso si, o conxunto que dirixe Robert Cuesta vén de quedar eliminado na rolda previa da liga Europea, segunda competición continental.
Hai propósito de emenda no Rocasa Gran Canaria. Las xogadoras que prepara Robert Cuesta queren esquecer os últimos resultados adversos. A dobre derrota diante do Sola HK noruego, que lles supuxo a eliminación da competición europea, hai que añadirlle a primera derrota en Liga Guerreras ante o Caja Rural Aula Valladolid a finais de novembro.
O Rocasa Gran Canaria recibe ao Guardés con todo o seu bloque de xogadoras a disposición do técnico salvo a lesionada de longa duración Silvia Navarro. Para as amarelas o futuro na Liga Guereras Iberdrola pasa por seguir faciendo do seu feudo, o Antonio Moreno, un auténtico fortín. As grancanarias non perdero esta tempada 2022-23 na Liga e unicamente o Sola HK, na EHF European League, foi quen de levarse o triunfo desta pista.
Así pois, o reto é maiúsculo para o Mecalia Atlético Guardés. O conxunto miñoto aínda non coñece a vitoria como visitante nesta primeira metade do curso sobrecargada de compromisos a domicilio. Coller sensacións en Europa é extrapolable á liga e con esa idea viaxa a Gran Canaria. Temos, polo tanto, un equipo que no perde na casa e un que non gaña como visitante. Tócalle ás galegas mudar ambas as dúas situacións e facerse cunha ansiada vitoria fóra.
O Mecalia Atlético Guardés sabe que o rival é de alto nivel, pero tamén é consciente de que non ten nada que perder e que un encontro e un adversario así son impulsos moi positivos.
Para afrontar o reto deportivo teñen tamén unha maratón loxística. As miñotas tiveron que madrugar, e moito, para iniciar o desprazamento deste cruce. A expedición galega partiu en autobús desde A Guarda ás 2:30 da madrugada do venres ao sábado para voar ás 6:05 con destino á illa.
O técnico asturiano, Abel González, ten a todas as xogadoras listas para xogar. Non hai baixas nas filas miñotas. Outra boa noticia para un conxunto galego que quere sentir como os ventos rolan ao seu favor e, aínda que veñan desde Europa, serven perfectamente para encher as velas na competición doméstica.
Abel González: “Usaremos as nosas armas para poder sacar o partido adiante co Rocasa”
O técnico asturiano do Mecalia Atlético Guardés mostrouse optimista antes do envite contra un dos principais candidatos ao título a final de tempada. “Rocasa é un equipo cun potencial grande e cun persoal feito para conquistar a liga. Pero nós usaremos as nosas armas para poder sacar o partido adiante”, afirmou Abel González.
O adestrador das miñotas que cre que a festa europea da fin de semana pasada na Sangriña sentou moi ben ás súas pupilas: “Afrontamos o partido con moitas ganas de sacar algo positivo e, sobre todo, sabendo que nos imos conxuntando un pouquiño máis. A fin de semana pasada foi bo para poder combinar a todas as xogadoras. Facíannos falta partidos así para coller un pouco de moral”.

O de Rocasa Gran Canaria será o sexto encontro ligueiro a domicilio que disputa o Mecalia Atlético Guardés no que vai de tempada e aínda terá que xogar tres máis antes de estrear A Sangriña na competición da regularidade. “As circunstancias viñeron así e adaptámonos a elas durante todos estes meses”, apuntou Abel González con filosofía, antes de pasar a unha análise máis profunda.
“Xogar tantos partidos fóra de casa, e encima sen a fortuna de sacalos adiante, condiciona a clasificación. Iso é importante porque se tivésemos máis partidos en casa, posiblemente estariamos con algún punto máis e máis arriba na táboa”, sostivo o técnico do Mecalia Atlético Guardés, que mira ao futuro con esperanza.
“Máis adiante virán tempos mellores, con moitos partidos na Sangriña, onde poderemos puntuar máis asiduamente”, concluíu o técnico do conxunto galego na previa do partido contra do Rocasa Gran Canaria BM Remudas.