• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés viaxa á procura de encamiñar a eliminatoria europea a domicilio

O equipo miñoto disputa o partido de ida da Q2 da EHF European League hoxe, sábado 16 de outubro, na pista do Hypo Niederösterreich austriaco ás 17:00 con retransmisión da TVG2

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/10/2021
en Balonmán, Máis balonmán
Desprazamento do Mecalia para medirse na EHF co Hypo Niederösterreich / ATLÉTICO GUARDÉS

Desprazamento do Mecalia para medirse na EHF co Hypo Niederösterreich / ATLÉTICO GUARDÉS

145
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • O Mecalia Atlético Guardés xa se mediu -e eliminou- ao conxunto centroeuropeo en 2017.
  • José Ignacio Prades segue sen poder contar coas brasileiras Tamires Anselmo e Hannah Nunes e leva á xuvenil Yaiza Alonso en busca dun resultado que lles permita resolver a eliminatoria na Sangriña.

Nove anos despois segue sendo especial. Sempre o é. Competir en Europa é unha faísca brillante nos ollos. Das xogadoras, que afrontan un reto diferente e unha experiencia valiosa. E da afección, que tempada tras tempada ve ao seu equipo representar ao seu pobo e ao seu club polo vello continente. Non é diferente este curso, o noveno consecutivo polo vello continente. O Mecalia Atlético Guardés encárao esta vez na EHF European League -a segunda competición en importancia tras a liga de Campións-.

José Ignacio Prades e as súas pupilas inician o reto desde a segunda rolda previa. É dicir, que para acceder á fase de grupos, deben superar este chanzo e outro máis.

Imaxe de arquivo do Mecalia Atlético Guardés vs Hypo Niederösterreich / SPORTCOECO
Imaxe de arquivo do Mecalia Atlético Guardés vs Hypo Niederösterreich / SPORTCOECO

Pero non se pode dar o terceiro paso antes do primeiro. O conxunto miñoto debuta en Europa este curso visitando a un vello coñecido. O  Hypo Niederösterreich austriaco porá a proba a capacidade internacional dun Guardés que comeza hoxe sábado 16 de outubro a súa andaina continental na localidade austriaca de Maria Enzersdorf (17:00 horas, TVG2).

A expedición partiu o venres ao mediodía cara ao país centroeuropeo coa intención de obter un bo resultado que permita resolver a eliminatoria no choque de volta na Sangriña, o domingo 24 de outubro (19:00). A expedición, que lidera o presidente Jesús López, voaba desde Peinador até Viena cunha escala en Madrid.

👋🏻 Hallo, BSFZ Südstadt!#InfernoEuropeo 🇪🇺#OnosoInfernoéonosoceo 🖤💛 pic.twitter.com/tq8pEjI7QA

— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) October 16, 2021

Tres meses despois, as guardesas visitan a localidade de Maria Enzersdorf, a apenas 25 quilómetros do centro de Viena, para medirse a un vello coñecido das batallas europeas. A escuadra centroeuropea xa se viu as caras co equipo de Prades en dúas cruces.

No anterior, visitaron Austria o 13 de outubro de 2018. Era a segunda rolda previa da EHF Cup, e aínda que o Mecalia sucumbiu na ida (22-20), deulle a volta á situación na Sangriña (28-22). O outro precedente deuse na fase previa da liga de Campións, con triunfo do Hypo a domicilio (27-29).

Imaxe de arquivo do Mecalia Atlético Guardés vs Hypo Niederösterreich / SPORTCOECO
Imaxe de arquivo do Mecalia Atlético Guardés vs Hypo Niederösterreich / SPORTCOECO

Este sábado, unha nova cita. Esta vez na previa da European League. Aínda que agora non se mida coa flor e nata do continente, o Hypo é un dos xigantes de Europa. Sobre todo nunha esplendorosa década dos 90, na que conquistou oito Ligas de Campións entre o 89 e o 2000.

O conxunto centroeuropeo chega nun estado de forma inmellorable, con pleno de vitorias na súa Liga, todas elas, ademais, por goleada. Conta co bloque principal da selección austriaca, como o pivote Stefanie Kaiser, a lateral esquerda Nina Neidhart, extremo zurda Claudia Wess, a central Johanna Schindler ou a extremo destra Mirela Dedic. Xunto ao resto das súas compañeiras, conforman un equipo moi físico e con moita experiencia.

Así chega o Mecalia At. Guardés ao cruce

O Guardés, pola súa banda, chega ao duelo tras derrotar ao Granollers antes do parón por seleccións. A diferenza doutros equipos españois que xogan en Europa, como o Bera Bera ou o Rocasa, o equipo miñoto disputará o seu partido de liga correspondente á xornada deste fin de semana o vindeiro mércores en Barakaldo ante o Zuazo. Aínda que será un problema para preparar a volta, supuxo unha solución para traballar de cara ao primeiro encontro.

Nesa cita José Ignacio Prades non terá ás brasileiras Tamires Anselmo e Hannah Nunes, que seguen de baixa por senllas lesións de xeonllo. Tampouco viaxa Estefanía Descalzo por asuntos laborais. Si subiu ao avión a xuvenil Yaiza Alonso para completar unha curta convocatoria de 13 xogadoras.

O obxectivo, obter un bo resultado que permita ao Mecalia Atlético Guardés resolver a eliminatoria o domingo 24 diante da súa afección ou, canda menos, encamiñala xa a domicilio.

José Ignacio Prades advirte: “O Hypo é un equipo moi difícil de bater”

Etiquetas AustriabalonmánEHFHypoHypo NiederösterreichJosé Ignacio PradesMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.