• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Grappling: adestrar mente e corpo á vez a través da loita

Cinco rapazas do ximnasio Graíño practican esta modalidade de loita, aínda algo descoñecida, pero que cambiou as súas vidas

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
25/12/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Loitadoras galegas de grappling do Ximnasio Graíño /ÁLEX VÁZQUEZ

Loitadoras galegas de grappling do Ximnasio Graíño /ÁLEX VÁZQUEZ

762
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Karate, jiu-jitsu, loita olímpica, boxeo, kick boxing ou judo son algunhas disciplinas de loita máis ou menos coñecidas polo público xeral. Pero existe unha que nace de todas elas e moitas máis e aínda se está a abrir camiño no deporte galego.

Trátase do grappling, unha actividade física que elas describen “como xogar ao xadrez” e que resulta casi aditiva en palabras das loitadoras do Ximnasio Graíño. Aroa, Jenny, Paula, Karin e Sofía son algunhas das deportistas que adestra David nas súas instalacións.

David Graíño: “É o deporte máis aberto, coas regras máis abertas e menos restrictivas de todos as modalidades de loita agarrada”

Pero, en qué consiste exactamente o grappling? Tal e como explica o propio adestrador, este é un deporte de loita, híbrido entre moitas modalidades distintas, pero coa particularidade de que non existen os golpes. “É o deporte máis aberto, coas regras máis abertas e menos restrictivas de todos as modalidades de loita agarrada”, sinala David Graíño.

Sofía Estévez, pola súa parte, o resume moi simplemente: “é como xogar ao xadrez. Precisas moita intelixencia para saber como saír, como vas moverte, como vas continuar. Tes que pensar en varias cousas”.

A finalidade principal do grappling é a de someter ao contrario, que este abandoe ben por estrangulación ou por luxación. “Unha forma de loita moito máis real”, declara Graíño. Nos seus inicios carecía dun regulamento, pero agora ten límites de tempo e categorías de pesos para preservar a integridade física das loitadoras.

As primeiras mostras deste deporte datan da década dos 60, cando en Brasil atletas de distintas variantes de loita competían para ver cal era mellor e acabaron creando esta nova modalidade collendo o mellor de cada unha delas.

Todas as loitas levan ao grappling

En poucas palabras, “é un deporte moi completo, para o que hai que estar moi concentradas, ter moita coordinación e tamén no que tes que exisirte moito a ti mesma”, engade Karin Rúas. Esta loitadora xa practicaba desde hai varios anos boxeo e probou durante uns meses o kickboxing, ata que “se comezou a facer máis famoso o grappling e o MMA. Cando me mudei para a Coruña busquei un ximnasio e casualmente xa seguía ao club Graíño en Instagram”, confesa.

Karin Rúas: “É un deporte moi completo, para o que hai que estar moi concentradas, ter moita coordinación e tamén no que tes que exisirte moito a ti mesma”

Chegar a este deporte desde outras loitas é un patrón moi común. Aroa Varela, a pioneira entre as mozas deste centro, xa practicaba boxeo antes de chegar ao ximnasio. Deu o paso de iniciarse no grappling hai un par de anos porque o seu pai acudía e “decidiu meterme neste deporte para probar se eu tiña ese “sangue” que el tamén tiña e terminou gustándome”, explica.

Quen tamén chegou influenciada por parte paterna foi Paula Annicchiarico. O seu pai implicoulle desde pequena a importancia de saber defenderse e desde os seis anos leva practicando deportes de contacto. Hai ano e medio pasou a formar parte do club Graíño, onde o seu padre xa adestraba.

Rapazas do Ximnasio Graíño facendo grappling / ÁLEX VÁZQUEZ
Rapazas do Ximnasio Graíño facendo grappling / ÁLEX VÁZQUEZ

“Cada día aprendes cousas novas”

Jenny Rodríguez tamén leva desde que era unha nena metida no mundo dos deportes de contacto. Antes practicaba kick boxing, pero ao ver unha maior oferta no ximnasio Graíño decidiu dar o paso e probar o grappling. No caso de Sofía xa contaba con dez anos de experiencia no mundo das loitas e, na súa estancia en Inglaterra, descubriu o grappling. Á súa volta á Coruña non o dubidou e animouse a probalo por si mesma “e desde aí sigo e encántame”.

Todas coinciden en que o que lles fixo quedarse co grappling foi o completo que é este deporte, “non só porque te ensine un pouco de todo, senón porque exercitas todas as partes do corpo practicamente. En grappling cada día aprendes cousas novas. Nunca acaba, nunca sabes todo”, sinala Aroa.

Jenny Rodríguez: “Nunca tes a dous persoas co mesmo estilo de loita”

“Non dependes só de ti, dependes tamén do estilo de loita do teu contrincante e nunca tes a dous persoas co mesmo estilo de loita”, engade Jenny.

Neste deporte non existe un sistema de graos ou cinturos como no judo ou no jiu-jitsu. David Graíño leva aprendendo desde 1997 e confesa que aínda ten moito por aprender. Ademais, á hora de practicalo non ten moito sentido ter tan clasificado o nivel de cada loitadora. “A orixe está en que é unha loita na que non sei nada do opoñente”, recalca.

“O único que lle digo aos alumnos é ven con roupa cómoda e ponte a adestrar. Xa no contacto sinto a forza do opoñente, o seu equilibrio, as súas intencións. Isto non depende dun grao, cada un loita dunha maneira. Non hai unha táboa para medilos a todos”, resume.

Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ

Faltan loitadoras

Esta é unha modalidade en expansión, polo que tamén está a aumentar o número de mulleres que a practican. Graíño sinala que sempre tivo a unha ou dous loitadoras ás que adestrar e que agora ten ata sete no seu ximnasio, aínda que, se tivese un grupo de vinte, “aplaudiría coas orellas”.

Faltan loitadoras nas competicións, polo que algunhas, tal e como confesa Jenny, que compite desde o ano pasado, van aos torneos “a recoller a medalla como quen di”. Nas ligas entre ximnasios hai máis opoñentes, pero ao ser un número reducido repiten frecuentemente e xa se coñecen ben entre si.

No último campionato galego, Karin só tiña unha rival no seu peso e Jenny axustou o seu para non competir coa súa compañeira, “porque loito con ela todos os días”. “A verdade é que nos deportes de contacto noto que non hai moitas mulleres e sempre te toca coa mesma ou con homes. Que a min dame igual, pero para competir non é moi equitativo”, explica.

David súmase tamén a esta vontade de que máis mulleres participen no grappling. “Gustaríame ter só unha clase de mozas, pero non para todos os días. Gústame que se mesturen cos mozos porque creo que lles vai servir para lidiar con xente máis forte e para o día que teñan que defenderse en calquera situación da vida”.

O grappling como ferramenta para frear posibles agresións

Risas, sudor e aprendizaxe

Por todos estes motivos, o equipo de loitadoras ten claro que recomendaría este deporte a todo o mundo. “Paréceme moi divertido no sentido de que hai moitisimas cousas que aprender. Nunca te vas aburrir. Podes levar 10 anos que segues aprendendo, nunca te vas aburrir”, di Sofía.

Aroa incide en que “non te vas arrepentir, nunca. Aprendas o que aprendas tarde ou temprano vaiche servir para algo. Non tes nada que perder, ves e sexa o que sexa que leves, cada día vai ser útil”.

Jenny coincide plenamente e anima “sobre todo ás mulleres, porque parece que está mal visto que unha muller estea nun deporte de contacto, Pois eu diríalles que o proben, porque nunca sabes onde está o teu destino, se te vai gustar ou non. E o que di Aroa, non te vas arrepentir”.

Noutras palabras, concretamente as do adestrador, este deporte “é como unha ‘droga’. Unha vez entras é moi difícil saír. Para min estar loitando é o meu zen”.

O bo ambiente deste grupo respírase a través da pantalla da videochamada de Zoom a través da que facemos a entrevista, algo que David resume moi acertadamente en “todo é risas, sudor, adestramento e aprendizaxe”.

 

1 de 10
- +
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling no Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Loitadoras de grappling do Ximnasio Graíño / ÁLEX VÁZQUEZ
Etiquetas A CoruñaClub GraíñoGrapplingloitaXimnasio Graíño
Comparte3Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

Máis de 2.000 persoas participan no Día da Bicicleta da Coruña organizado por Agaxorde

por Redacción As Nosas
22/06/2025
0

  Más de dúas mil persoas chegadas desde diferentes puntos de Galicia, España e ata de dez países, participaron este...

Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

por Redacción As Nosas
15/06/2025
0

  A contorna da cidade deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán acolleron este domingo a edición...

Andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña mobilizouse contra o cancro cunha andaina cidadá solidaria na que participaron máis de 3.300 persoas

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española...

HC Coruña Feminino vs CH Mataró / MANU BOUTUREIRA

Un empate entre HC Coruña Feminino e CH Mataró (2-2) sentenza ás catalás ao descenso

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  O  HC Coruña Feminino e o  CH Mataró asinaron un empate vibrante (2-2) nun duelo cargado de emoción, presión...

María Pérez vence o GP Cantóns de marcha / CONCELLO DA CORUÑA

María Pérez e Toshikazu Yamanishi gañan o GP Cantóns de Marcha da Coruña

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  A medallista olímpica española María Pérez e Toshikazu Yamanishi, vencedores do GP Cantóns de marcha na Coruña A Coruña...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

13/07/2025
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

12/07/2025
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.