As inscricións de cara o XL Gran Fondo Caixabank XXX Campionato de Galicia de Media Maratón 2022 entran na súa recta final. O fin de prazo está fixado para ás 23:59h do 9 de outubro. Esta proba deportiva que se celebrará o 16 de outubro na cidade de Pontevedra xa ultima todos os detalles, segundo informa a Sociedad Gimnástica Pontevedra que xunto co Concello de Pontevedra organiza a proba.
Polo de agora, róldase a cifra dos 500 inscritos no medio maratón e rózase os 300 anotados nos 10km. A carreira dos máis cativos está preto dos 100 participantes.
🥰 Xa temos cartel para a edición 2022
📆 16 de outubro
⌚ 10:40h ➡️ #10km
⌚ 11:00h ➡️ #MMPO2022
📍 #Pontevedra💻 Inscricións e máis información na nosa páxina web@DeportesPO #visitpontevedra #caixabank @caixabank pic.twitter.com/dSxVIHwrbU
— Gran Fondo CaixaBank (@mmpontevedra) September 12, 2022
O prazo para apuntarse nesta cita deportiva de atletismo remata o 9 de outubro ás 23:59h. Xa está no segundo prazo das inscricións polo que o prezo por anotarse é de 25€ para a proba de máis distancia e de 15€ para a curta. No caso dos nenos e nenas tan so custará 1€ inscribirse e, co recadado, sortearanse vales en material deportivo entre todos os participantes.
A competición deste Gran Fondo Caixabank celébrase o próximo 16 de outubro. Unha saída que será ás 10:40h para os 10km e ás 11:00h para o medio maratón. A proba dos máis cativos realizarase antes. Ás 10:20 sairán os “Cativos” e ás 10:45h o “Mini Gran Fondo”.
👕 CAMISETA do Gran Fondo #CaixaBank
✨ Técnica y transpirable👉🏽 Se queredes unha inscribídevos no #mediomaraton ou nos #10km
⚠️ QUEDAN DOUS DÍAS DE INSCRICIÓNS
🧐 Que vos parece a camiseta deste ano?#MMPO2022 #pontevedra #visitpontevedra #run #mmpontevedra #fordgalmotor pic.twitter.com/Rslus3L8Q0
— Gran Fondo CaixaBank (@mmpontevedra) October 7, 2022
Segundo explican desde a SG Pontevedra, este ano aproveitarase o Gran Fondo Caixabank para realizar tamén o Campionato Galego de Medio Maratón. Aquelas persoas que so se inscriban na proba autonómica non poderán optar aos premios da proba popular nin a bolsa do corredor. Iso si, inscribirse no campionato galego non significa non poder apuntarse na proba popular, a inscrición é simultánea nas dúas carreiras.
Entre os atletas destacados que xa confirmaron a súa participación está Reyes Estévez, atleta que conta no seu palmarés con varias medallas internacionais.
Premios en metálico e trofeos
A cerimonia de entrega de premios do efectuarase a partir das 13:30 h. na praza da Cruz Vermella. Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as individuais da categoría absoluta masculina e feminina do medio maratón e do 10K.
Ademais, no medio maratón haberá medallas para os tres primeiros homes tres primeiras mulleres das seguintes categorías: Maiores de 35, Maiores de 45, Maiores de 55 e Maiores de 65.
Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta do medio maratón tanto feminina como masculina:
- 1º) 300 €
- 2º) 200 €
- 3º) 100 €
No caso da primeira e o primeiro atleta local recibirán un premio de 100 € cada un
🏆 Trofeo os 3 primeiros clasificados das dúas probas
🥇🥈🥉 Medallas no #mediomaraton para as catro categorías másteres
💵 Premios en metálico para os tres primeiros do MMP
1º 300€
2º 200€
3º 100€
O primer atleta local ➡️ 100€♀️♂️ Os premios son para as dúas categorías pic.twitter.com/xwwFUqGtOo
— Gran Fondo CaixaBank (@mmpontevedra) September 19, 2022
O percorrido da Media Maratón de Pontevedra e da 10k
A proba terá unha lonxitude de 21.097 metros para o medio maratón e de 10.000 metros para o 10K. Nun circuíto HOMOLOGADO, urbano, pechado ao tráfico e sobre asfalto ao que se lle dará dúas voltas. Cada quilómetro sinalizarase visualmente.
A saída será dende a Ponte dos Tirantes cara Bos Aires, ponte de Santiago, Rafael Areses, Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro, Campus Universitario, Celso Emilio Ferreiro, Alexandre Bóveda, Rafael Areses, ponte de Santiago, Bos Aires, Uruguai (xiro de 180º), Uruguai, Galera, Arcebispo Malvar, praza de España, Michelena, praza da Peregrina, Odriozola, Soportais, praza Curros Enríquez, Real, praza Celso García de La Riega, Valentín García Escudero, Bos Aires, Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, pista atletismo CGTD, José Malvar, Bos Aires (xiro de 180º), Bos Aires, rotonda Sur da ponte dos Tirantes (comeza a 2ª volta).
Despois do segundo xiro ao circuíto, ao chegar a rotonda da ponte dos Tirantes, deixala a dereita para entrar en Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, acceso a pista de atletismo do CGTD, os atletas correrán pola rúa 1 da mesma, para dar case unha volta completa e meta.
O percorrido para o 10 K será o mesmo pero dando unha única volta, e axutarase o xiro de 180 que se realiza antes que o do medio maratón.
Servizos no Gran Fondo Caixabank Media Maratón de Pontevedra
Ademais de desfrutar dunha marabillosa carreira polas rúas da cidade de Pontevedra, as persoas participantes nesta proba atlética poderán desfrutar destos servizos de xeito gratuito:
- Circuitos homologados: Tanto o percorrido do medio maratón como dos 10km están homologados. Ambos saen da Ponte das Correntes e chegan ao CGTD de Pontevedra. Na distancia curta darase unha volta a este percorrido, mentres que na longa serán dúas.
- Lebres na carreira: haberá lebres no medio maratón que intentarán rematar a proba nos seguintes tempos: 01:35.00 / 01:40.00 / 01:45.00 / 01:50.00 / 02:00.00. Calquera persoa se pode unir ás distintas lebres. Levarán bandeirolas visibles.
- Medalla finisher: ao rematar a proba do medio maratón entregarase unha medalla para todos os atletas que crucen a liña de meta.
- Fisioterapeutas: estudantes do Grao de Fisioterapia da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra, darán sesións de xeito gratuito aos atletas que o requiran ao terminar a proba
- Garderías para nenos/as: disporase dun espazo de gardería para os nenos e nenas que teñan entre 3 e 12 anos. Estarán coidados por monitores titulares. O horario será de 09:00h a 14:00h. Os titores que queiran deixar os seus rapaces teñen que cubrir o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdWFAjbyA60KO43fzDyJbj8rY_07pKvsEBsISBDdgEzzi4tWA/viewform
- Vestiarios, duchas e gardarroupa: retómase o servizo de vestiarios e duchas no Pavillón Universitario. Tamén haberá espazo de gardarroupa para deixar as prendas antes de saír a correr evento.
- WC: cuartos de baños accesibles para os corredores cerca da liña de saída, situaranse nas inmediacións doa ponte dos tirantes.
- Bolsa do corredor: a bolsa do corredor recóllese ao terminar a carreira.
- Camiseta conmemorativa: todos os inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa que se entregará cando se recollan os dorsais. Cada atleta elixirá a súa talla previamente na inscrición.
- Servizos sanitarios: todos os atletas participantes estarán cubertos cunha póliza de Seguro de Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes Deportivos. Haberá dúas ambulancias e dous médicos/as para a atención; ademais dos fisioterapias xa comentados. Tamén contaremos cun desfribilador (DESA) na carreira, que será portado por dous ciclistas.
- Avituallamento: haberá diversos puntos de avituallamento durante a carreira e ao cruzar a liña de menta, onde tamén haberá produtos alimenticios, como froita.
- Multimedia: os atletas poderán descargar fotografías gratis dende a páxina de Facebook do evento. Tamén haberá un vídeo resumen de toda a proba.
- Música: Colocarase diferentes puntos de música durante todo o percorrido para animar aos atletas. Haberá un grupo de música, dous DJ’s, tres charangas e dous altofalantes con música.
REGULAMENTO DO XL GRAN FONDO CAIXABANK – XXVII MEDIO MARATÓN – III 10 K