• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Goleada do Friol para afianzar o liderado nunha Primera Nacional que segue igualada

Un novo empate do Interrías alonxa ao equipo da primeira posición | O Victoria FC arrebatoulle puntos a un rival directo

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
16/03/2022
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
Victoria FC vs PM Friol na Primera Nacional/ VFC

PM Friol / VFC

280
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Só faltan catro xornadas para que finalice a primeira fase da Primera Nacional, e o PM Friol perfílase como favorito para o ascenso despois dunha goleada ao colista, o SD Villestro. Con todo, semella que o líder do grupo 1 non quedará definido ata os últimos duelos.

O Viajes Interrías aférrase á segunda posición, malia non vencer desde o 13 de febreiro, e sumar un novo empate no seu último partido, ante o Victoria CF. O outro Victoria, o de Santiago de Compostela, venceu nun encontro ante un rival directo, o Sporting de Gijón B, sumando para soñar con saír do pozo.

No resto de equipos galegos, empate do Umia CF ante o Olímpico vitoria para o UD Mos, ante o Sárdoma CF, que se mantén na terceira praza, e derrota do filial do Dépor ABANCA, que caeu ante o Real Oviedo B.

Goleada do Friol a costa do Villestro

O campo da Reigosa foi un festival de goles na 22ª xornada da Primera Nacional. O conxunto local, o PM Friol, desfrutou en casa, onde recibía ao colista, o SD Villestro (6-0).

O partido comezou de cara para as locais, que xa no minuto 10 se adiantaban cun gol de Alicia Martínez, a pichichi da competición. Pouco houbo que agardar para o segundo tanto do Friol, que chegou tamén da bota da dianteira no minuto 16.

O Villestro, tocado e sendo o equipo máis goleado da categoría, víase xa sen poucas opcións de puntuar. As lucenses seguiron dominando con tranquilidade o encontro, pero sen conseguir transformar con facilidade as súas chegadas á área contraria. Con todo, o terceiro gol chegaría pouco antes do descanos, no minuto 41, obra de Sara Cobollo.

Na segunda metade, o festival de goles do Friol non parou de aumentar. A só dous minutos da reanudación, Yuki fixo o 4-0, decantando aínda máis o marcador para o cadro local.

A Reigosa desfrutou das súas ata os minutos finais do encontro, con dous goles máis grazas ás Anas. Valle anotaría no 76 e Bonilla no 85, para sentenciar por completo un 6-0 e 3 puntos que afianzan ao Friol como líder do grupo 1.

Empate que sabe a pouco para o Interrías ante o Victoria CF

O segundo posto da clasificación está ocupado por un Viajes Interrías que leva sen vencer desde o 13 de febreiro, na recuperación da 16ª xornada ante o UD Mos.

Na última fin de semana de competición, o seu rival foron as cebras do Victoria CF, que está acomodado na zona media da táboa clasificatoria.

O partido, celebrado en terras coruñesas, deu mostra dunha igualdade entre os dous equipos que non reflicte a táboa. O marcador non se estrou ata o minuto 35, cando Natalia de Francisco anotou o 0-1 para o Interrías.

As visitantes aguantarían o resultado ata o descanso, afrontando a segunda parte co luminoso ao seu favor. Na segunda metade, ningún dos equipos se facía co dominio do xogo, e non se xeraban ocasións claras de gol no verde.

Con todo, o Victoria CF apretaba e o seu premio chegou no 68, cun gol de Andrea Merino. Coas táboas no marcador e uns vinte minutos para o remate do partido, a tensión palpábase no céspede. Pouco antes do pitido final, Alba Suárez fixo o 2-1 para as cebras, pero o Interrías non se quedaría atrás. Cun gol no 90 de Botelho, as visitantes puxeron o empate e o duelo quedaría en reparto de puntos.

O 19 de marzo o Interrías terá unha nova oportunidade, recuperando o duelo ante o Sárdoma CF da 17ª xornada.

O Victoria FC suma de 3 ante un rival directo no pozo

Unha das vitorias máis importantes da xornada estivo no duelo entre o Victoria FC e o Sporting B, un duelo directo entre dous equipos que loitan por deixar atrás o descenso. As santiaguesas lograron vencer por un 3-0, dando unha gran imaxe no seu campo.

Victoria FC vs Sporting B / VFC
Victoria FC vs Sporting B / VFC

O conxunto vermello xerou ocasións de principio a fin e impúxose ante o filial asturiano, que loitou ata o final polo resultado. A base de insistencia, o primeiro gol das locais entrou na portería rival no minuto 27, despois dunha gran xogada combinativa que remataba nun pase de Lau a Ánxela. O segundo gol subiría ao marcador pouco despois, á borde do descanso, tamén grazas ao xogo coral do cadro galego.

Na segunda metade, as visitantes volveron ao céspede de Santa Isabel con forza, pero o Victoria FC impoñía o seu xoog. O terceiro tanto chegaría no 72, grazas a Alba, froito dunha xogada con Ánxela.

Con este resultado, as compostelás apuran as súas opcións de manter a categoría nesta tempada.

Vitoria do UD Mos ante o Sárdoma

Outra das citas galegas enfrontou á UD Mos ante o Sárdoma nas Relfas, nun encontro con pouco xogo nas áreas, que se decidiu cun gol tempraneiro das visitantes.

O UD Mos anotou no 16 das man de Paula González, un solitario gol que subiría ao marcador e xa non mudaría o resultado. O Sárdoma, terceiro clasificado, loitou para puntuar na casa, pero as visitantes aguantaron a presión para levarse os tres puntos.

Empate do Umia CF

Nesta xornada, o Umia CF recibía en casa ao Olímpico de León, nun duelo que se resolveu por un empate 2-2.

As visitantes golpearon primeiro, cun tanto no minuto 10 de Emma Pérez. Co resultado en contra, as galegas prepararon a remontada, dando o primeiro paso no miuto 40, cun gol de Nuria Torres que igualaba o marcador.

Na segunda parte, a igualdade seguía sendo máxima no campo galego, e por cada ocasión das visitantes, as locais respostaban. Tamén foi así nos goles. Noa Alonso fixo o 2-1 no 63, pero Aroa Caño respondía cinco minutos despois co 2-2.

O partido non rompeu o equilibrio, e finalmente habería reparto de puntos para os dous conxuntos.

Derrota do filial branquiazul

O equipo B do Dépor ABANCA tamén sufriu unha derrota nesta xornada, na súa visita a un rival directo, o Oviedo Moderno B (4-1).

As de Kevin Cabado sumarían un solitario gol grazas a María Calvo, que anotou no minuto 47. Con todo, os goles de Rocío Muñiz, quen fixo un hat trick, e o de Rebeca Oliveira para rematar o partido, decantarían o duelo para as asturianas.

 

Etiquetas Dépor ABANCA BPM FriolSárdoma CFSD VillestroUD MosUmia CFViajes InterríasVictoria CFVictoria FC
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

As futbolistas das Celtas / RC CELTA DE VIGO

FÚTBOL | Pleno de derrotas para os equipos galegos na Segunda Federación

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

A xornada deixou un balance completamente negativo para o fútbol galego na Segunda Federación. O Atlético Villalonga caeu por 0-1...

Celebración do ascenso a Segunda Federación das Celtas / RC CELTA DE VIGO

Dépor Abanca B e As Celtas ascenden a Segunda e o Sárdoma CF xogará o ‘play-off’

por Redacción As Nosas
05/05/2025
0

  Ascenso para dous equipos galegos da Terceira á Segunda Federación. O filial do Depor ABANCA e As Celtas xogarán...

As futbolistas galegas Sara Couso, Lúa Arufe Lucía Rivas e Elena Vázquez, convocadas coa Selección Española Sub-16 e Sub17 respectivamente / FUTGAL

Póker de galegas na Selección Española Sub-16 e Sub-17

por Redacción As Nosas
26/09/2023
0

  Catro futbolistas galegas veñen de ser convocadas pola Selección Española en categorías inferiores. Tratase de Sara Couso e Lúa...

O Dépor ABANCA B militará na Tercera Federación Femenina da RFEF / RCD

Os nove equipos galegos da Tercera Federación Femenina xa coñecen o seu calendario

por Redacción As Nosas
01/09/2023
0

  Os nove equipos galegos que militan esta tempada na nova Tercera Federación Femenina (antes Primera Nacional) coñecen xa o...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.