- Vitoria pola mínima do conxunto galego do Conservas Orbe Zendal BM Porriño ante o Atticgo BM Elche nun partido marcado pola igualdade entre ambos os dous equipos.
No Pavillón Municipal de Porriño enfrontábanse hoxe dous equipos que se coñecen moito, as últimas tempadas coincidiron en moitas ocasións e o coñecemento de ambos os técnicos do rival é moi amplo, esta circunstancia provocou no día de hoxe un partido onde as dúas defensas rozaron a perfección.
O comezo do encontro auguraba como ía ser todo o partido, as defensas facían que os ataques chegasen case sempre a rozar o pasivo, vivíase cada minuto con máxima igualdade e vantaxes de dous goles para o Atticgo Bm. Elche no minuto 15 (6-8), que conseguiu reverter o conxunto do Val da Louriña nos seguintes 15 minutos para chegar ao descanso cun 12-13 para o conxunto local que deixaba claro que todo se ía a decidir no segundo tempo do partido no Porriño.
O Conservas Orbe Zendal BM Porriño non conseguía irse no marcador
A segunda metade o guion foi o mesmo, vantaxes de 1 gol para o Conservas Orbe Zendal Bm Porriño, empate, vantaxes dun gol para o Atticgo Bm. Elche. Cun 15-15 no minuto 45 todos no municipal tiñan claro que o encontro se ía a decidir nos últimos minutos e por pequenos detalles, nun partido de alta intensidade cunha precisión extrema en cada defensa, desquiciando a ambos os ataques e levando o partido unha igualdade non apta para espectadores con problemas cardíacos.
Chegouse aos últimos minutos do encontro con vantaxes de un gol a favor das xogadoras locais e na última xogada Joaquín Rocamora solicitou tempo morto con 15 segundos por xogar, baleirou portería e xogouse o ataque decisivo nun 7 contra 6 no que Zaira Benítez consegue facerse un oco entre 1 e 2 topándose cunha gran parada de Ayelen Rosalez que certificou que os dous puntos quedaban no casilleiro do Porriño que vencía pola mínima nun partido moi parello.
O adestrador do conxunto visitante, Joaquín Rocamora, manifestaba logo do partido que estaba contento co traballo realizado polo seu equipo.
MENSAJE 📺 | Análisis de partido
🟥🟦 @BMPorrino 2️⃣0️⃣🆚1️⃣9️⃣ #AtticgoBMElche ⬜🟩
🎙️ JOAQUÍN ROCAMORA | Entrenador #AtticgoBMElche
🗨️ “Fuimos mejores que ellas en la segunda parte, pero su portería ha estado más afinada”.
💻 | Repasa aquí https://t.co/9Z7dzxf7ne la crónica. pic.twitter.com/bmgT8DBV0d
— Atticgo Balonmano Elche (@cbm_elche) November 3, 2024
Gran día no deportivo nunha xornada marcada pola recollida de alimentos organizada polo Concello do Porriño, na que colaborou o Conservas Orbe Zendal Bm Porriño, agradecendo a colaboración de todo o pobo Porriñes, así como o gran labor levado a cabo polos voluntarios do Concello e do Club.
Deixamos a imaxe da Campaña Non da Secretaría Xeral de @igualdadegal da @Xunta !!
Xuntas Imparables… que ninguén che diga o contrario💪‼️‼️#25N💜#NONaviolenciadexénero pic.twitter.com/YlYoDKnDG7
— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) November 2, 2024
FICHA TÉCNICA
20) CONSERVAS ORBE ZENDAL BM PORRIÑO: Ekaterina Zhukova (1), Caro Bono (3) , Mica Casasola (2), Alicia Campo, Malena Valles, Aitana Santomé, Aroa Fernández, Maider Barros (3), Sarai Samartín (2), Paulina Buforn (7), Maddi Bengoetxea (1), Daniela Moreno, Lucía Laguna (1), Ayelén Rosalez, Ana Palomino e Inmaculada Garcia-Navas.
19) ATTICGO BM ELCHE: Paula Agulló, Lisa Oppedal (2), Maria Carrillo (1), Clara Gascó (1), Maria Flores (1), Zaira Benítez (2), Esther Martín-Buró (1), Carmen Prelchi (4), Paola Bernabé (2), Vanessa Rubio, Kelly de Abreo, Carmen Figueiredo (5), Noelia Solla, Marisol Carratú e Nicole Morales.
MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 3-2, 5-3, 6-8, 9-8, 11-10 e 12-11 – descanso – 13-12, 13-14, 15-15, 15-15, 18-18 e 20-19.
EQUIPO ARBITRAL: A parella arbitral estaba formada por Miquel Florenza Virgili e Jordi Ausas Busquets da Federación Territorial de Cataluña. Por parte do conxunto local, o Conservas Orbe Zendal Bm Porriño, os colexiados excluíron as xogadoras: Micaela Casasola e Aitana Santomé. No equipo visitante, o Atticgo Bm Elche, excluíron as deportistas: Paula Agulló, Clara Gascó e Esther Martin-Buró.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 7.ª xornada da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán. Antes do inicio do encontro gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas da DINA que afectou ao este de España días atrás.
MENSAJE 📺 | Análisis de partido
🟥🟦 @BMPorrino 2️⃣0️⃣🆚1️⃣9️⃣ #AtticgoBMElche ⬜🟩
🎙️ JOAQUÍN ROCAMORA | Entrenador #AtticgoBMElche
🗨️ “Fuimos mejores que ellas en la segunda parte, pero su portería ha estado más afinada”.
💻 | Repasa aquí https://t.co/9Z7dzxf7ne la crónica. pic.twitter.com/bmgT8DBV0d
— Atticgo Balonmano Elche (@cbm_elche) November 3, 2024