A Sociedad Gimnástica Pontevedra na categoría feminina cun total de 757,5 puntos e a Escola Atlética Lucense na masculina con 805 p. , encabezan a relación de equipos con máis puntuación obtida durante a disputa dos distintos Campionatos de Galicia desenvoltos no ano 2021, segundo informa a Federación Galega de Atletismo.
Estos son os datos que arroxa o estudo elaborado pola Federación Galega de Atletismo na que se analizaron os oito primeiros postos de cada un dos campionatos galegos disputados na nosa comunidade ao longo do ano 2021.
🔴A Sociedad Gimnástica de Pontevedra na categoría feminina cun total de 757,5 puntos e a Escola Atlética Lucense na masculina con 805 p. , encabezan a relación de equipos con máis puntuación obtida durante a disputa dos distintos Campionatos de Galicia desenvoltos no ano 2021. pic.twitter.com/iU3BzCcnCH
— Atletismo Galego (@atletismogalego) August 23, 2022
Na categoría feminina, xunto ás pontevedresas da Sociedad Gimnástica Pontevedra e dun total de máis de 125 clubs, sitúase a Escola Atlética Lucense con 599 p., seguido do Club Atletismo Sada con 583 p. e do Atletismo Femenino Celta con 560 p.
No tocante a categoría masculina son o Real Club Celta con 722 p. por diante do Club Atletismo Sada con 656 p. e da Sociedad Gimnástica con 597 p. quen siguen na relación ao conxunto lucense.
En canto á clasificación conxunta de ambas categorías, ao fronte da lista atopamos á Escola Atlética Lucense, seguido pola entidade pontevedresa da Sociedad Gimnástica Pontevedra, o Celta (sumando puntos do RCC e do AFC) Club Atletismo Sada, ADAS Proinor (agara ADAS CUPRA), Ourense Atletismo, Atletismo Narón e Atlética A Silva.