A próxima xornada da Primera Iberdrola, a máxima categoría do fútbol español, contará con dúas colexiadas galegas liderando dous corpos arbitrais. Trátase de Eugenia Gil e de Zulema González, que arbitrarán un partido cada unha na 13ª xornada.
Gil estará no partido do SD Eibar contra a UDG Tenerife Egatesa, acompañada polas tamén galegas Lorena Novas e María Isabel Serrano como asistentes. Completa o corpo María Ruiz, do colexio vasco, como cuarta árbitra. O encontro terá lugar o domingo 12 ás 11:30 horas.
Pola súa banda, Zulema González arbitrará o encontro entre o Sevilla FC e o Atlético de Madrid, coa galega Iria Rosendo como primeira asistente. Tamén estarán Cristina Hidalgo, do colexio andaluz, como cuarta árbitra e María Navarro, do colexio murciano, como segunda asistente. O duelo será o domingo 12 ás 12:00 horas.