Todo listo no Porriño para que o bloque que adestra un curso máis o técnico Ismael Martínez afronte unha nova tempada. Hoxe, sábado, 3 de setembro, ás 18:00 horas e no Pavillón Municipal do Porriño arrinca a competición para as galegas na Liga Guerreras Ibedrola. Nesta primeira xornada competitiva veranse as caras de novo o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño e o Motive.Co Gijón.
Hoxe no noso Pavillón comeza a #LigaGuerrerasIberdrola ‼️💪🏾
📅 Sábado, 3 de setembro
🆚 @CBLaCalzada
⏰18:00
📍Pavillón Municipal do Porriño
💻En directo por: https://t.co/OuxZsZVQWN#XuntosFacemosCamiño@depo_es pic.twitter.com/jr5aTqS3kR— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) September 3, 2022
En canto ao rival, o Motive.Co Gijón na pasada campaña conseguiu quedar nos postos de arriba, posicionándose nun traballado cuarto posto. En vinte e seis xornadas obtiveron un total de 35 puntos con dezasete partidos gañados, un empate e oito derrotas. Nesta nova tempada, o conxunto dirixido por Cristina Cabeza incluíu novas caras ao seu bloque de xogadoras.
Por parte do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño na tempada 2021/2022 o club galego colocouse nos postos de salvación, concretamente, na décima posición. Conseguiron un total de dez vitorias, dous empates e catorce partidos perdidos. Con todo, o conxunto de Ismael Martínez sumou tres bos reforzos ao seu equipo e veñen de gañar a pasada fin de semana a Supercopa de Galicia fronte ao Mecalia Atlético Guardés.
Ambos os equipos xa se enfrontaron nos partidos de preparación na pretemporada, onde o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño obtivo unha das dúas vitorias.
A incerteza é a palabra que describe este inicio de Liga segundo Ismael Martínez, técnico do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño. Por mor das numerosas baixas que carrexa o equipo porriñés desde o inicio da pretemporada, o técnico non sabía entre semana con que xogadoras vai poder contar. “Non sabemos quen chega e quen non”.
Martínez conta coas xogadoras do filial para reforzar ao primeiro equipo do BM Porriño
A pesar diso, o Ismael Martínez resalta o gran traballo que están a facer o xogadoras do filial e as xuvenís que estiveron participando na pretemporada do primeiro equipo. “Volveremos tirar do equipo de prata que o están facendo moi ben e tentar completar con algunha xuvenil” explicaba.
Con respecto ao partido do sábado que as enfrontará ao equipo asturiano, o adestrador do equipo do Val dá Louriña resaltaba as fichaxes do seu rival. “Gijón creo que é un moi bo equipo que está chamado a cousas grandes na liga. Reforzouse moi ben, sobre todo no extremo dereito”.
Ismael Martínez avisa sobre o rival: “Gijón creo que é un moi bo equipo que está chamado a cousas grandes na liga. Reforzouse moi ben, sobre todo no extremo dereito”
As claves do partido, segundo Ismael Martínez, pasan por “reducir o número de goles recibidos en contraataque. Ademais, o control dos seus pivotes e a súa conexión co centro”.
O técnico do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño pensa que as claves deste cruce entre galegas e asturianas pasan por: “Reducir o número de goles recibidos en contraataque. Ademais, o control dos seus pivotes e a súa conexión co centro”
Ismael Martínez confía nas posibilidades do bloque de xogadoras que prepara e asegura: “Creo que chegamos ben, grazas ao club que somos e ao que representamos, porque ao final calquera outro club con estas baixas seríalle imposible adestrar ou competir”. Tal e como apunta o adestrador, no caso do conxunto do Porriño hai canteira da que botar man. “Aquí por sorte, tirando de filial e xuvenís, fixemos unha pretemporada máis que digna E competimos a bo nivel que espero demostrar o sábado diante Gijón”, concluía o técnico do primeiro equipo do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño.
Os horarios para este primer fin de semana de setembro‼️
👉 Recordade que comeza a #LigaGuerrerasIberdrola pic.twitter.com/o6hYS0n60e
— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) September 2, 2022