• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Gañar ao pechacancelas para asentarse no cuarto posto, o obxectivo do BM Porriño

O Conservas Orbe Rubensa visita ao Grafometal La Rioja na súa cancha buscando repetir a vitoria da primeira volta

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/04/2023
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

35
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Hoxe, sábado, 1 de abril, ás 19:00 horas no Palacio dos Deportes de La Rioja enfrontaranse o Grafometal La Rioja e o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño. O encontro corresponde coa vigesimoprimera xornada da liga Guerreras Iberdrola. O encontro será dirixido polos colexiados da Federación Navarra de balonmán, Raúl Oyarzún e Aritz Zaragueta. O partido transmítese pola canle de YouTube do Grafometal Sporting La Rioja.

En canto ao rival, o Grafometal La Rioja que prepara Juanjo González, perdía na última xornada co Atticgo Bm Elche (23-31) o pasado mércores 29. O equipo rioxano está situado na última posición da clasificación cun total de sete puntos. É o pechacancelas. Ten acadados un empate, tres vitorias e perdeu o resto dos seus compromisos ligueiros. Suma 439 goles a favor e 557 en contra. As súas máximas goleadoras en liga son Gema Trujillo e Blanca Benítez con 59 e 57 goles respectivamente.

Pola súa banda, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño non puido co Super Amara Bera Bera na xornada 20, na que o equipo donostiarra foi moi superior (31-18). As porriñesas atópanse cuartas na liga Guerreras Iberdrola con 23 puntos na súa conta persoal.

Tras a derrota en terras vascas, o equipo dirixido por Ismael Martínez busca sumar dous puntos moi importantes fose de casa: “imos tentar sacalo, aínda que é un partido moi complexo e volvemos viaxar fóra”. Con ese triunfo, as galegas do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño asentaríanse un chisco máis na cuarta posición da táboa na Liga Guerreras Iberdrola.

O Grafometal La Rioja que prepara Juanjo González, como ben explica Ismael Martínez, “seguramente sexa o equipo que máis mellorou. A verdade que está a facer unha segunda volta espectacular que gañou a equipos como Rocasa e reforzouse moitísimo”.

O adestrador do equipo galego recalca a importancia de acadar unha vitoria no Palacio dos Deportes ante o o Grafometal La Rioja: “Para nós son puntos craves e se somos capaces de sumalos creo que estariamos xa nesa loita pola cuarta praza”.

“Temos que estar serias e facer un bo partido. Creo que temos que estar ao noso mellor nivel para poder gañar nunha pista que, agora mesmo, é de é das máis complicadas”, concluía Ismael Martínez na previa do partido.

A este choque o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño chega cuarto con 23 puntos. Leva sumadas 11 vitorias, un empate e oito derrotas. Atesora 522 goles a favor e 507 na súa contra. As súas máximas artilleiras son na Liga Guerreras Iberdrola, a internacional arxentina Micaela Casasola, que é tamén a máxima goleadora de competición con 129 goles, e Malena Valles con 87 dianas, que é quinta no ránking goleador da DHF.

Na primeira volta o BM Porriño gañou ao Grafometal

A última vez que se viron as caras ambas as dúas escuadras foi na xornada 10 da Liga Guerreras Iberdrola onde o conxunto dirixido por Ismael Martínez venceu ás rioxanas 26-21 nun encontro marcado pola grave lesión da pivote do conxunto rioxano, Dada Bosnjak, ao pouco de comezar o encontro. Daquela, e pese á baixa de Bosnjak, as rioxanas mantivéronse fortes e o partido decidiuse nos dez últimos minutos, no minuto cincuenta o marcador reflectía un axustado 22-21.

Na primeira volta foi a experiencia e as táboas do conxunto galego o que fixo que os dous puntos quedasen no Porriño. As máximas goleadoras daquel encontro foran Malena Vales, Sarai Samartin e Paulina Buforn con media ducia de goles cada unha.

Etiquetas balonmánConservas Orbe Rubensa Bm PorriñoGrafometal La RiojaIsmael MartínezSporting La Rioja
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Abegondo, campión benxamín da Copa 5x5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Abegondo e Abegondo superstar, campións da 1ª edición da Copa 5×5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa

por Redacción As Nosas
20/05/2023
0

  Rematou en Camariñas a primeira edición da Copa 5x5 Deputación da Coruña Balonmán na Rúa co Abegondo como gran...

Cecilia Cacheda ficha polo Guardés / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Cecilia Cacheda ficha polo Mecalia Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
20/05/2023
0

A xogadora galega procede do Motive.co Gijón, onde militou catro tempadas, pero Cecilia Cacheda é canteirá do Porriño. A súa...

Cristina Cabeza, nova adestradora do Atlético Guardés / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Cristina Cabeza substitúe a Ana Seabra á fronte do banco do Mecalia Atlético Guardés para o curso 2023-24

por Redacción As Nosas
18/05/2023
0

  A actual seleccionadora xuvenil, Cristina Cabeza, encabezará o novo proxecto do club miñoto. A preparadora madrileña, de 46 anos,...

Presentación do Open 5X5 Santa Comba de balonmán na rúa / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Santa Comba acolle o Open 5×5 de balonmán na rúa

por Redacción As Nosas
11/05/2023
0

  Mañá e pasado (12 e 13 de maio) celebrarse o Open 5x5 Concello de Santa Comba de Balonmán na...

Rocasa Gran Canaria vs Mecalia Atletico Guardes, play-off polo título Liga Guerreras Iberdrola 2022-23 / ATLÉTICO GUARDÉS

O Guardés sucumbe en Gran Canaria ante o Rocasa e queda eliminado do ‘play-off’ cun resultado de 25-21 no último partido

por Redacción As Nosas
11/05/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés acusou o esgotamento físico e mental da final da Copa Europea. O gran nivel de...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.